Xuño 2015

30-6-2015

desde o sur de europa

 


desde esta esquina oeste do sur da europa

escríbolle a esquina este do continente

do atlántico ao mediterráneo

desde este mar-océano aberto e frío

escríbolle ao mar pechado e quente

demasiado quente ponse grecia

que non arda outra vez

como en decembro do 2008

ou que arda pois con outro desenlace

 

o cronista

 

 

 

29-6-2015

o barco que non chegou a gaza

 

 

a solidariedade

é algo mui perigoso

e levar material sanitario

para un pobo golpeado

non se pode permitir


os fascistas israelitas

de madrugada abordaron

e apresaron o barco marianne

e detiveron a 20 activistas

entre elas ana miranda do bng

que querían entrar en gaza


na galiza houbo varias

concentracións de apoio 

ás activistas e ao pobo

palestiniano



 

 

29-6-2015

as cores de grecia

 


branco e azul claro

 

propón luz e calor

 

a bandeira grega

 

 

escuro azul escuro

 

propón frío e sombras

 

a bandeira europea

 

 

o cronista

 

 

 

28-6-2015

a bandeira un arma

 


a bandeira non é so un símbolo

é tamén un arma perigosa

de liberación ou de represión

 

confederación fermosa palabra

pero neste caso están confederados

a explotación o racismo a violencia …

e aqueles que perderon a guerra

e gañaron a falsa paz

moito teñen que ver

cos crimes internos de sempre

e coas invasións e xenocidios

do imperio yanqui

 

o cronista

 

28-6-2015

da cor do sangue

 


ao vento ela

 

da cor do sangue

 

espida e vermella

 

 

o vento espalla as loitas

 

coas moitas derrotas

 

e as poucas victorias

 

 

imaxe na xornada

anti-represiva no espacio

de mistura teis na riouxa

 

o cronista

 

26-6-2015

casa das americas

 

 

la casa de las américas está en la habana

casa da cultura da resistencia das raices

dos exilios e nova casa dos fantasmas

 

casa das américas asi en plural

e non en singular como a outra américa

casa onde non estiven e que agora imaxino

misturando persoas que nen se coñeceron

 

na casa no seu salon de actos aínda por definir

pablo neruda da un recital de poemas

acompañado á guitarra por atahualpa yupanqui

e víctor jara moi atento absorve e absorve

e logo comporá unha música para un dos ultimos

poemas do vello autor do canto general

mentres silvio rodriguez que aínda é un rapaz

descobre todo un mundo de posibilidades

 

nas paredes pintan os muralistas orozco e siqueiros

e diego ribera que traballa sobre un borrador

da súa compañeira frida kalho

e daniel viglietti aloumiña a súa guitarra

e logo dará co mario benedetti outro recital

a dúas voces misturando poemas e cancións

 

oswaldo guayasamin ernesto sábato e nicolás guillén

abren logo un debate sobre a memoria destas terras

e chega julio cortázar moi contento cun inédito

do vello césar vallejo que atopóu escrito

na mesa dun café alá en parís á beira do sena

 

eduardo galeano sentado nas últimas fileiras

xa está recuperado do peche polo poder

da última publicación das raices e da resistencia

e vai matinando nun novo proxecto máis austero

e máis mimético pero co mesma carga de utopía

 

e violeta parra no fondo da sala

convirte as súas décimas e cancións

nos seus tamén telúricos bordados

mentres unha nena chamada malinche

xoga con rañolas o durito e mafalda

 

na imaxe eduardo galeano na casa

das américas co poeta cubano

roberto fernańdez retamar

texto de hai uns anos

xogando un pouco con algúns

artistas que non se atoparon

 

manolo pipas


 

24-6-2015

até mañán

 

 

no camiño onde nacín e vivo

algunhas das poucas vellas

e os últimos vellos do lugar

teñen o costume de saudar

nas últimas horas do día

decindo hasta mañana

fermoso desexo

aínda que moitos mañáns

non nos imos ver

 

o costume ven de lonxe

de hai trinta corenta … anos

de cando nos coñecíamos todos

de cando nos víamos a diario

cando os cativos íamos a escola

polo camiño sen asfaltar

e xogábamos á beira das casas

e moitas chaves quedaban na porta

de cando había tenda no camiño

e se esquecías os cartos pagabas logo

de cando todos os veráns ardían

os tranvías abandonados na florida

de cando éramos e tiñamos …

 

pipas

 

 

23-6-2015

fogueira virtual

 


esta fotografía é unha montaxe

e hai meses ke anda por internete

 

cando chegue a noite

e a súa máxica hora das fogueiras

que ninguén prenda lume

ao noso querido barco da vergoña

 

sobran outras cousas máis molestas

e agresivas que queimar

 

o cronista

 

 

 

21-6-2015

a bouza e o solsticio

 


día antes do solsticio de verán

a barriada celebra o parque

que os de arriba querían destruir

e con atrancos segue construindo

os fortes lazos da comunalidade

 

cae o solpor no parque da bouza

chega o arrecendo da queimada

a lúa á beira do novo solsticio

sen fogueira erguemos os mesmos

desexos que non dan chegado

 

lariño

 

 

19-6-2015

entre poemas no charenton

 


estas máquinas de escribir

tiveron moita vida e historia

pero agora son coma uns animáis

en grave perigo de extinción

 

destas máquinas ás computadoras

e ás outras pequenas cacharradas

pero algúns aínda escribimos moito

a man en cadernos e papeis soltos

 

estes aparados da cultura

expostos na parede do charentón

co seu poema mecanografiado

fermosa palabra por certo

estas máquinas de escribir

ollánnos mentres tomamos algo

falamos ou lemos nos cómodos sofás

e mentres camiñamos cara a sala

para o micro aberto de poesía

que propón aos animais como tema

e as cadelas tamén nos ollaron raro

cando liverábamos os nosos poemas

e dille unha a outra

que rariños son estes animais

ergueitos de dúas patas e vestidos

 

manolo pipas

 

 

18-6-2015

eco

 


 

Hai un lugariño onde hedras e silvas rifan a eito.
Onde aniña a néboa a par das paredes que perden o xeito.
Onde adobía o chan cun mosaico de tellas o albanel do tempo
De onde fuxiron os contos por falta de alento.
Onde correquevoa o lusco e o fusco semella leeeento

 

Desaparece o silencio
se cantan as fendas os laios do vento
Ninguén habita as ruínas
pra lle dar sentido ao son do lamento
Acubilláronse as pedras, pra tornar o frío,
nun manto de fentos
Marcharon todas as risas atrás da lembranza,
camiño do eco

 

                  A lúa prendeu a luz
                  neste velorio de sol,
                  o lar non ten calor,
                  non ten sabor o sal,
                  nin a palabra, voz.

 

Os soños que se teceron
fixeron coas tellas o mesmo traxecto
Aquí a santa compaña
abúrrese toda por falta de medo
Hai un murmurio de mágoa,
cantiga de fonte,
salouco de inverno,
deita saudade de historias que xa fican lonxe,
conversas de hai tempo...

 

paco barreiro

 

cancion do directo do compañeiro
e grababa por puntada sen fío
no disco a lúa prendeu a luz

 

 

16-6-2015

esquecido canastro

 


o esquelete do canastro

 

do camiño da espedrigada

 

entre o presente e o pasado

 

 

tamén se preguntan os ratos

 

polo millo e as debulladas

 

polos paisanos e os cantos



lariño