Xuño 2015

15-6-2015

abandonada



camiño da espedrigada

 

a casa abandonada

 

as xanelas tapiadas

 

o todo camiño da nada


as edras pola fachada...

 

detrás outra tonada

 

 

lariño

 

 

14-6-2015

milenaria saná

 


a milenaria saná

golpeada outra vez

nunca dará sanado

 

a cidade de saná o yemen

esa península arábiga

na súa enésima guerra

por gobernantes e iluminados

con distintas interpretacións

da mesma relixión monoteista

 

estes días varios edificios

centenarios de cinco alturas

de adobes e troncos de palmeiras

bombardeados cos seus habitantes

polo veciño imperio saudí

e esta guerra xa leva máis

de dous mil civís asasinados

e medio millón de desprazados

 

e a milenaria saná

nunca dará sanado

 

manolo pipas

 

 

13-6-2015

de que se rin eses



e que se están a rir

todos eses veciños?

 

por debaixo desta artistada

que leva meses exposta

por debaixo da policía

pasamos logo de non entrar

na coroacion do alcaldísimo

abel primero de vigo

e quinto de puente-arenas

que din que nos adicóu

unhas agresivas palabras

aos defensores e amigas

da querida rotonda

 

de que hostia se rin

todos eses veciños?

se cadra de todos nós!

 

o cronista

 

12-6-2015

a muralla e as distancias

 


                            a juan e leonor

 

 

camiñar sobre a muralla

ollar pra lonxe e máis lonxe

e pensar nas distancias

e no que quedóu atrás

 

á beira da cidade de lugo

parece que pasa o río atoyac

a forma deste castiñeiro

lémbrame  un mango de oaxaca

 

tamén a eses que camiñan

sobre a antiga muralla

ela failles ben ela protéxeos

e sobre esas pedras seguimos

platicando debaixo das distancias

 

manolo pipas

 

 

10-6-2015

cabalo de troya pola terra

 


un novo cabalo de troya

cabalo amigo da terra

anda recorrendo europa

 

un cabalo de oito metros

enchese de libertario aire

en cada cidade no que se monta

 

e trata de contar dese tratado

que trata de estragar o globo

dese tratado yanki-europeo do ttip

dese tratato de libre explotación

que pararon de debater e non van votar 

por medo no parlamentiño europeu

 

onte foi en vigo hoxe a esta hora

estará o cabalo en ourense

ttipsecret.wordpress.com/

 

o cronista

 

 

09-6-2015

os puños e as bocas

 


os puños que se pechan

de raiba e impotencia

e os dentes apretados

que non berran

 

as pernas non sosteñen

os golpes da miseria

mal respira e suspira

a conciencia

 

desencaixados ollos

ai que chorar quixeran

e todos estes corpos

non renegan

 

os puños que se pechan

de raiba e desespero

e as bocas apretadas

gardan berros

 

 

escrito para os detidos

da revolta de oaxaca en 12-07

e publicado no libro

a milpa e o paliacate

na imaxe os detidos

en oaxaca o domingo

 

 

 

08-6-2015

mexico vota e bota



ese país que chaman mexico

viviu unha xornada electoral

tomado polo exército

 

en cidades e vilas dalgunhas rexións

que non aturan máis as inxustizas

os familiares dos desaparecidos

os mestres e o pobo saquearon

e queimaron urnas e papeletas electorais

 

neste pais ke é saqueado día e noite

cun goberno culpable ou cómplice

de asasinatos cada día

 

guerrero e moitas rexións non esquecen

os 43 desaparecidos de ayotzinapa

e en oaxaca houbo 80 detidos

por boicotear estas eleccions

e por querer botar pacificamente

aos corruptos gobernantes


nalgunha vila houbo balaceados

e noutras o exercito non puido entrar

e leo nunha faixa de guerrero

no hay justicia para los muertos

ni paz para los vivos

 

manolo pipas

 

06-6-2015

10 versos 80 silabas



verso a verso eu pregunto

polas dúas caras da lúa

o trio de jazz na rúa

e as catro patas na mesa

cinco puntas ten a estrela

e seis caras ten o dado

as sete vidas dun gato

oito as sílabas por verso

nove é seis polo reverso

dez os versos deste trato

 

lariño

 

 

04-6-2015

recital de paco barreiro

 


cántiga de fonte


"Aqueles que non ouvistes a fonte

cantar no inverno

bebei de noso as palabras

catádelle o celme á lingua

e cando vos embriaguedes

deixade sair a cántiga!

Ninguén comprende a palabra

á que non lle sabe o son,

debulládelle os fonemas

pra compor traxes de fala

que arroupen o corazón.

Bailádelle un agharrado,

que compitan os latexos,

que peten na pel do ritmo

que vai a compás do acento!

 

 

Recital de Paco Barreiro

(palabras con música)

" O tempo ten po"

e "Gulifadas de fado"

na Cova dos Ratos

sabado 6 as 21.30

 

 

 

03-6-2015

seis palabras

 

 

tonada cantiga

contigo escribo

palabras cativas

 

lariño

 

 

 

02-6-2015

futbol e politica

 


que pesados coa pitada esa

 

partido de futbol da copa do rei

dese estado que chaman españa

e esas aficións vasca e catalana

parece que teñen problemas

con ese outro pais e co seu rei

e manifestano pacificamente

cunha gran pitada do hino

e queren represalialos

 

segundo teño entendio

a monarquía foi imposta polo dictador

e non nos deron ocasión de votar

entre a monaquía e a república

e o hino ese é o mesmiño

que tocaban na dictadura

e daquela era mui perigoso pitalo

 

o futbol de masas primeiro é negocio

e logo podemos poñer máis adxetivos

ordeados como vos vexades

espectáculo política violencia ...

e de último deporte

 

boas músicas

 

o cronista


 

01-6-2015

vellos carballos



monte da aldea de vilán fornelos

baixo as casas porriba do río oitavén

onte á tarde non nos cruzamos

con ningún vello destes lugares

para que nos contaran deste carballo

e so fica outra árbore senlleira coma el

a estrada levóu boa parte da fraga

e os novos carballos tamén medran

incrédulos confusos desesperanzados...

e os vellas  árbores cando marchamos

botarían unha parrafada sobre nós

 

lariño