Septembro 2015

06-9-2015

canto vale unha persoa?

 

 

canto vale canto custa

canto vale e custa a vida

a vida dunha persoa?

 

canto pensas ti que vale

canto valerá o teu fillo

o teu fillo a túa avoa?

 

canto vale canto custa

canto custa desde asia

e áfrica chegar a europa

 

canto poderá custar

poderá custar o paso

o paso desas persoas?

 

canto vale canto custa

canto custa poder ver

poder ver un novo día?

 

traficantes de persoas

pregúntovos canto custan

canto valen esas vidas!?

 

pipas

 

 

06-9-2015

festival da poesia migrantes

 

 

               a lois e magda

 

 

cando chegamos a salvaterra

dime o compañeiro que a última

vez que estivo no festival da poesía

hai máis de vinte anos non había ponte

o río cruzábase no transbordador

 

un pequeno valado de obra

separa poetas e músicos

do público das amistades

que paradoxo o valado

que non fai falta pero é a norma

o valado a fronteira os migrantes

 

poemas na nosa e noutras linguas

como hai vinte e vintemoitos anos

o festival das culturas sen fronteiras

 

entre os valados e as sillas

onde escoitamos poesía e canción

hai varios metros valeiros

que logo a banda de caxade

de tremendas letras e músicas

consegue que os ocupen

os cativos con xogos e danzas

un brinca tocando a guitarriña

e unha cativa recorre os valados

pasando por eles a súa man

como outro inocente xogo

 

logo dun feixe de encontros

mercar o libro do festival e outro

deixamos este val e salvaterra

a esquerda o vello río pai minho

que nos quere unir ao irmán portugal

o festival das culturas sen fronteiras

 

manolo pipas


 

05-9-2015

regueifa e barco polo marco

 

 

do luís  e do bieito / que vos podo eu contar

sabedes do seu inxenio / rápidos no seu trovar

lobariñas e o caruncho / o mestre e o folklorista

son bos froitos do pais / son dous bandullos de artistas

 

sindicalista e danzante / beben viño como non

máis non lle botan jasiosa / nen casera nen feijoó

non son tímidos os homes / pero teñen pouco ego

toda rima que eles botan / vai defendendo o galego


o bieito e o luís

en palabras non son mancos

teñen os pes ben na terra

antes davión queren barco

hox veñen rotondear

á beiriña deste marco

 

 

estes versos eu quería / botar de presentación

pero isto non foi posible / non quixo a organización

darredor desta regueifa / o ambiente estaba raro

dous polis pasan en moto / pola terraza do marco

 

o alcalde e a presidenta / chegaron coa súa banda

pero no recibimento  /   atoparon malas caras

vanse sentar  nunha mesa / pero eles non peden nada

e non quedan á regueifa / teñen medo da palabra

 

e o bieito e o luís

botaron as súas coplas

no marco saiu o barco

daquela tan xusta loita

 

o cronistadecoia

 

04-9-2015

lourido uvas música conversa

 

 

faltan uns pouquiños días

pra que maduren as uvas

agardan mans e capachos

os pes o lagar e as cubas

 

algunhas maduras como

que non chegan á vendima

unhas tintas outras brancas

as folieiras dóces rimas

 

e brancas e tintas foron

as mazurcas e foliadas

pero sen probar os caldos

foi pasando esta velada

 

entre as uvas de lourido

nós a sanidade a matria

a música e as conversas

que son da mellor terapia

 

a maría antón luis e begoña

uvas e solpor do martes un

versos lourido-coia

 

pipas


 

03-9-2015

por un hospital 100 % público

 


a cidade e a bisbarra de vigo

respostaron cunha das meirandes

manifestacións da súa historia

unhas dúas centas mil persoas

da praza dos cabalos e a porta do sol

como unha longa e ancha cadea humana

pedimos un hospital 100% público

e a dimision da conselleira

pero sinto ter que repetir

que chegamos bastante tarde

e que unha boa parte dos manifestantes

son os que puxeron este desgoberno

 

e se non nos fan caso

como seguimos!?

 

o cronista

 

03-9-2015

verdades do macro-hospital

 

 

onte morréu unha muller

no macro hospital inaugurado

con moitas e graves deficiencias

a paciente puidose contaxiar

nesta macro obra de feijoó-pp

pero nestes casos os gobernantes

case sempre nos menten

 

subo ao “hospital” no defieciente

transporte colectivo subencionado

e algunhas persoas dentro

teñen cara de funeral

 

nunha das portas do edificio

hai prensa entrevistando usuarios

dentro do centro dou unhas voltas

e so atopo dous cartaces da manifa

da tarde polo hospital 100% público

e cóntame unha enfermeira

logo de falar da morta na uci

que aos azuis módulos do edificio

chamanlles gaivotas a b c ...

o antigo animal do simbolo do pp

sustituido por uns alleos pelícanos

que vexo debuxados na cafetería

 

a manifa das oito no xeral

xa estaba anunciada hai semanas

porque tardaron tanto coa data ?

demasiado tarde !!

 

o cronista

 

 

 

02-9-2015

cimeterio pombal castrelos

 


a coidada edición que teño

de cimenterio privado de celso emilio

é da colección pombal de edicións

castrelos do ano setenteoito

que fóra publicado no setentetres

 

da colección tamén hai na casa

follas novas de rosalía de castro

nunha edición especial para

a caixa de aforros de vigo

de cando as caixas facían

máis cultura e roubaban menos

 

e da vella editorial merquei

a fronteira infinda do mesmo celso

e as cruces de pedra na bretaña

de daniel castelao

 

colección pombal edicións

castrelos se cadra foi o pombal

e pazo de castrelos os que inspiraron

os nomes a xosé maría álvarez blázquez

museo do que formou parte do padroado

e mesmo el desde o barrio das travesas

respiraba o aire que limpaban

as árbores do parque

 

manolo pipas

 

 

 

02-9-2015

a luz o cimeterio o lume

 

 

o lume empezóu

nas terras da aldea da luz

que tráxico paradoxo

en lucenza de cualedro

 

o lume queimou matorral

bosques prados e cultivos

e desaloxóu casas

queimou cortes e chegou até

os muros do cimeterio de gudín

se cadra un sinal dos deuses

e lembrei ollando as fotos

os versos de celso emilio

do cimeterio privado

que el se cada agora

non tería escrito

 

Escrito na parede do cimeterio


Si os que xacen dentro non poden saíre

i os que vieben fóra non queren entrar,

istes rexos muros que coutan as campás

son un monumento da iditez humán.

 

 

 

01-9-2015

novás mosteiro gudín...

 


imaxe polas terras da limia

en xinzo novás mosteiro gudín

co lume do domingo e luns

o lume máis grande deste ano

que empezóu en lucenza de cualedro

e que se estendeu ao concello de xinzo

e aos veciños baltar e trasmirás

 

novás mosteiro gudín...

e cantas terras doutras aldeas

golpeadas polo lume do abandono

non sei como estarán elas

nen quero saber canto ardeu

en novás mosteiro gudín...

 

pipas