pra fogueira de freixo o ciprián
do colectivo chan grande pediume
que fixera un pregón que eu fiei
como pregón-ofrenda do solsticio
cos versos dos poemas destes días
das ervas e dos montes queimados
e versos doutros anos e palabras
que no turreiro quedaron
e antes cando subin a freixo
achegándonos ao solpor
a miña cativa cámara
captóu a primeira imaxe
boa noite boa lúa
bo solsticio e bo lume da vida
un novo ano e solsticio
unha nova noite das fogueiras
os días máis longos do ano
e as noites máis curtas tráenvos
freixeiros e freixeiras e amigas
darredor do ritual do lume
e compártovos as palabras
do neto de manuel o freixeiro
a chispa e a chama
o lume o fogo o facho
a cacharela a fogueira
a faisca a muxica …
lentamente ou a presa
que arda o necesario
prendéu unha planta
e prendéu o lume
o prender nacéu
como verbo de vida
a fogueira agarda
ser prendida
solsticio de vran
e noite das fogueiras
amiga ti que vas queimar
o machismo e que mais ?
solsticio lua chea
con lume ou sen lume
que vas queimar que che pesa?
este lume ritual
calor que nos aparta
luz que axuda a respirar
e logo tabáns de freixo
fixeron un pasarrúas
até a fogueira para prendela
e seguiu a música a festa …
e voaron paxuriños de papel
ás antías breixos almas …