Xuño 2018

15-6-2018

sementes e azares

 


as rebeldes
sementes e os azares
nunha fequena fenda
o canto

o arbusto
que chaman galán
ou dama de noite
medrando

 

 

13-6-2018

o aguacate e as aves

 


cunha longa cana tirei
un dos últimos froitos
do noso aguacatal

desde embaixo víase fermosa
a súa cara contraria á da foto
deste grandote aguacate

as posibles veciñas pegas
fixeron un bo traballo

en figueirido

12-6-2018

su queda a vivir aqui



su queda a vivir aquí
co seu verso cos seus trinos
nós quedamos encantados
e ímoslle dando mimos

quedo a vivir aquí conta
canta ela no seu disco
entre susurros e berros
co seu trovo tan mestizo
folklore miserias loitas
a cidade e os camiños...
quedo a vivir aquí canta
quedamos con su garrido

quedo a vivir aquí
verso de iolanda zúñiga

cantado no disco-caderno 
de su garrido pombo
serigrafía de alba pardo
portas árbores espirais...

 

11-6-2018

pola terra no obradoiro



pola defensa da terra outra vez

mui poucas veces unha manifestación
pode entrar na praza do obradoiro

a causa ten que ser mui mui grande
e hai que xuntar muitas miles de persoas
moitas organizacións teñen que moverse

unha vez máis pola defensa da terra
e por nós contra a mina de touro
e outros saqueos do capital
e para entrar no obradoiro
houbo que mover moitas
moitas miles de conciencias

sentin non poder ir asistir
escuso a miña ausencia


10-6-2018

de man do corazon

 


Decia Saramago
que amar é unha cuestión de pel
e nós non ousamos contradecir ao mestre

As mans non son quen de mentir
As mans recollen
As mans apertan
As mans golpean
As mans protexen
As mans crean
As mans seran as únicas que nos salven da caída

Este proxecto nace das mans
de Emma Ovín, fotógrafa
e Iria Collazo, escritora.
As mans premen o botón  do obturador
e constrúen o camiño da tinta
e nestas fotografías vai parte do seu corazón.
Abride ben os ollos . Eles tampouco menten

texto e foto da exposición
na tenda vaidhé na rúa
carral cidade de vigo
con doido corazón

 

 


co corazón nas mans

dous corazóns catro mans
os dedos que apretan o botón
os dedos que premen as teclas
as mans que captan sentimentos  
das mans e brazos que nos amosan


corazóns e corazonadas
e traballo en man común
desde as terras do morrazo
e a voz e as mans de su garrido
alomiñaron outros botóns e cordas
na presentación da exposición
de man do corazón

fotografias de emma ovín
textos de iria collazo
na tenda vaidhé

versos manolo pipas
fotos da presentacion

roi silencioso



 

09-6-2018

micro galo do vento



o micro aberto do galo do vento
paseniño xa cumpriu un ano
e foron onte máis de tres horas
de poemas retatos e músicas
co agasallo do intermedio
e convivio coa tarta
por este ano de descargas
e desde a parede coma sempre
a foto do mimo nacho otero
ollándonos e coidándonos
no plural e mestizo encontro...

respira respira decía bea
e logo eu respirei forte
co debuxo do pascu sensato
e agardo que con este encontro

vos respirarades un pouco mellor 

noraboa e graciñas maría
villar e armando alma galo

e un abraso a nuria e begonya


manolo pipas


 

06-6-2018

do noso medio



o encino das cálidas
montañas olmecas e mayas
e irmán dos nosos queridos
templados carballos e sobreiras

o ocelote e curmán
do lince e o gato montés
e o quetzal de guatemala
é parente da nosa bubela

os volcáns mesoamericanos
están ben conectados
coas nosas minas de cobre
que non queremos reabrir


onte foi o chamado dia

do medio ambiente
como o dia da nosa querida
e golpeada terra


 


 

 

05-6-2018

guatemala volcan e cantora

 


   ...a los pies de los volcanes
   a la orilla del valle,vivimos
   corazón, a la intemperie
   vivimos y comemos …

               julio fausto aguilera


rebeca a filla da milpa
da obsidiana e a insurxencia
nacéu no medio da guerra
nunha golpeada familia,
do silencio a poesía
a cancion o feminismo
os prexuizos e os camiños
sobrevivintes mulleres,
o hip hop sempre rebelde
socioloxía nos discos

guatemala tierra maya
de las selvas i el maíz
llorando está tu país
por un volcán que echa lava,
la muerte de tus hermanas
te golpea compañeira
en esta lejana tierra
las rimas pobres consuelos,
un abrazo pa tu pueblo
va de nosotr@s
rebeca


rebeca lane actúa mañan

na coruña e en vigo o xoves
na fabrica de chocolate

www.feminismo.info/webgalego/


manolo pipas


05-6-2018

feminista guatemala



ni una menos


quisiera tener cosas dulces que escribir
pero tengo que decidir y me decido por la rabia
5 mujeres hoy han sido asesinadas
y a la hora por lo menos 20 mujeres violadas
eso que solo es un día en Guatemala
multiplícalo y sabrás porqué estamos enojadas.
no voy a andar con pinzas para quien no entienda
que esto es una emergencia y estamos preparadas.
no soy pacifista no me exijan cosas que no ofrezco
no pedí un pedestal ni lo merezco
soy como las otras hartas de andar con miedo
agresiva porque es la forma en que me defiendo.
no tengo privilegio que proteja este cuerpo
en la calle creen que soy un blanco perfecto
pero soy negra como mi bandera y valiente
en nombre mío y en el de todas mis bisabuelas


rebeca lane
sociologa poeta cantora


04-6-2018

familia rio apoio mutuo

 

 


na aldea de cerdeiros
concello de río terra de tribes
estrella e luis quedaron sen fogar

ai o río navea e as súas pontes
ai as cerdeiras e os seus froitos
as pontes do apoio mútuo
os froitos da solidariedade

no val do río navea
antiga deusa da fecundidade
fecundo o apoio mútuo

manolo pipas

03-6-2018

solidario recital



escribir sobre a dor
as perdas a memoria...

a dor dunha familia
pola incendio da sua casa
a perda de case todas suas cousas
e parte da memoria das suas vidas…

por estrella e luis
as suas amistades organizan
un evento un recital
e unha vez mais nos xunta
a solidariedade e apoio mutuo
como outras veces poñer unha man
e o lombo onde as institucions fallan …

manolo pipas


02-6-2018

tangaraño toña e rochi



amiguiñas e veciños
pediume toña un poema
para sua irma de papel
esta mestra das bonecas
alma mater tangaraña
rochi nóvoa a farrapeira

esta liante escribiume
un correo algo estresante
que estaba facendo un libro
pra poeta dos instances
- quero que ese día chore
chore de felicidade

rochi sobradela filla
grazas polos tangaraños
vida pro noso rural
cos teus máxicos farrapos
douche unha cálida aperta
coas miñas rimas de trapo



pipas