Abril 2011

18-4-2011

poema de angela figuera


Mujer de barro soy, mujer de barro:

pero el amor me floreció el regazo.

Mujer
¡Cuán vanamente, cuán ligeramente
me llamaron poetas, flor; perfume!

Flor; no: florezco. Exhalo sin mudarme.
Me entregan la simiente: doy el fruto.
El agua corre en mí: no soy el agua.
Árboles de la orilla, dulcemente
los acojo y reflejo: no soy árbol.
Ave que vuela, no: seguro nido.

Cauce propicio, cálido camino
para el fluir eterno de la especie.

ángela figuera

poeta da primeira xeracion
da postguerra autora dos libros
belleza cruel e toco la tierra


17-4-2011

as nosas ervas


unha melisa cada un

a nosa infusion

outro dia cambiamos
a tua menta e o meu te
duas paixons

e na mesa
as duas tazas
de distintas culturas
como as nosas palabras


16-4-2011

na mesma mesa


na mesma mesa onde como

escribo estas palabras e versos
e nela gosto escoitar musica
nos xantares e a calquera hora

gosto da distancia do seu son
como un corpo que me fala
sentado na mesma mesa comigo
sempre dandome boa conversa

escoito a musica e leo no caderno
o titulo e as letras das cancions
os instrumentos e o nome dos musicos
como os meus compañeiros de travesia

pola xanela podo disfrutar e sofrir
as formas desta movil fronteira
entre a cidade a aldea o campo
os altos pisos o verde o monte

gosto as veces ler os versos
un segundo antes que vaia a voz

acaba o disco e o meu vello amigo
que se vai para voltar outro dia

un dia de calor

na imaxe a caratula do disco
fura fura de josé afonso


15-4-2011

de morriñas e nubes


teño morriña e nostalxia

e saudade de alá
e as veces unha ou duas
outras as tres xuntas

as nubes sempre están aí
movendose e cambiantes
pero as veces agochadas
e as nubes terán memoria ?

as caras e os acentos
os olores e as cores
estes cerros estes cactus
os espacios
os versos e a memoria
e as nubes
todo entrelazado
como os petates
os textiles e as trenzas

a morriña e as nubes


15-4-2011

entre despedidas


nas terras do outro mexico

en varios lugares os ultimos dias
de xaneiro e os primeiros de febreiro

a despedida algunhas veces
non é un ate logo como quixeramos
é como un final que presentimos
que non queremos

a despedida que non pedimos
que as veces tamen evitamos
a despedida que te agarra
mui mal prevenido

a despedida case sempre
amargo trago que mal trago
para o noso estomago baleiro
baleiro e revolto

finais de febreiro

na imaxe unha das miñas
prazas da cidade de oaxaca

14-4-2011

da republica l


do arriba españa

ao derriba españa
so cambian duas letras
pero o cambio é radikal

tal dia coma hoxe
nacia unha republica
a chamada segunda
republica española
un xeito novo de organizacion
para un vello estado mal formado

e logo cantos cambios
en tan pouco tempo
gobernos desgobernos
reformas revoltas e o golpe
a guerra e as revolucions
a derrota e a dictadura
e o que chamaron transicion
que foi transaccion continuismo

seguiremos facendo memoria


13-4-2011

no centro do mundo

alguns pobos e algunhas cidades
sentironse estar no centro do mundo
cun presente cun mitico e rico pasado
cun posible esperanzador e longo futuro

algunhas culturas e linguas camiñaron
recreando o seu mundo con obras
ricas fermosas grandes desafiantes
unhas con razon de ser e outras tolas



a amarga e traxica historia que se repete
dominar o medio dominar outros pobos
coas armas cos cartos coas ideas
dominar e dominados por uns tolos

estas illas esta pequena cultura
no centro do seu querido mundo
que aí segue a estragar e destruir
este pequeno pobo con dificil futuro

cantos centros do mundo
e cantos pobos
e unha soa terra un so mar
e un so globo

12-4-2011

cantiga do desemprego


Fumo un cigarro deitado

no mês de janeiro
fecho a cortinad avida
espreguiço em Fevereiro
e procuro trabalho
nesta esperança de março

Já me farta tanto Abril
e aquilo que nâo faço
espreito por un funil
a promessa de Maio
porque esperar prometido
nessa eu já nâo caio

Queimo os dias de Junho
no sol quente de Julho
estrego as mâos de contente
num sorriso de entulho
para teu grande desgosto

Janto contigo en silêncio
e lentamente esquecido
digo-te adeus em Agosto
meu Setembro perdido
numa esquina que eu roço
e penso em Outubro
o menos que posso...

Mas quando sinto a verdade
daquilo que cansa
nunca houve vontade
do tempo de andança
sinto força em Novembro
juro luta em Decembro

fausto

trovador portugués
da cançâo de intervençâo
con este tema dos setenta
hoxe tan tan vixente
coa esta imaxe do seu disco
madrugada dos trapeiros


11-4-2011

solpor do mundo


o solpor

deste sabado
como o mundo
cunhas nubes
moi escuras
que o deslucen

e din que estamos
xa no solpor
do noso consumista
decrepito mundo

deslucido
pero fermoso
solpor da imaxe

na ria


10-4-2011

onde non levan as escaleiras


varios lugares

cara onde non levan
estas precarias
e fermosas escaleiras


ao congreso dos diputados
ao pazo de meirás
a un gran estadio de futbol
a un cuartel militar

a sede de windows
a unha central nuclear
a unha sinagoga
mezquita ou catedral

estas escaleiras
non nos queren levar
á sede do fondo

monetario internacional

o cronista


09-4-2011

o pazo da memoria


unhas oito posibles utilidades

para darlle ao franquista pazo de meirás
que antes foi da escritora realista
doña emilia pardo bazán
e que como un insulto do rexime de feijóo
abre ao publico seis horas todos venres
os espacios pactados cos descendentes
do caudillo de españa por la gracia de dios

un
devolverllo ás persoas ou descendentes
dos que foron obrigados a pagalo
dous
entregarllo aos colectivos
verdadeiramente republicanos
tres
ofrecerlle cada habitacion
a unha persoa sen teito
catro
vender o pazo a un jeke arabe
ou a un banqueiro xudeo-yanqui
cinco
rodar nel unha serie para a tvg
e que o jalloso faga de franco
seis
derrubalo logo de derrubar todas
as formas publicas do franquismo
sete
convertir a casona na residencia
oficial do presidente a xunta
oito
facer do pazo un museo da memoria
das inxustizas e das mentiras
do que non conta a historia pois

o pazo da polemica
ou a polemica do pazo
o pazo da memoria

o cronista



08-4-2011

as flores e o mar


para o pobo

das cerdeiras



a illa suspira
no medio do mar

a cerdeira suspira
no medio da illa
perto do mar

as flores da cerdeira
que floreceu de ultima
suspiran e suspiran
no medio da illa
perto do mar

e o mar que hai un mes
se ergueu coa sua ira
agora tamen so suspira
con ondas de dous metros