Abril 2011

07-4-2011

do recital de onte


un recital de poemas e dous contos

os versos foron saindo do papel
foron medrando as suas historias

a miña mesa foi un bocoi
redondo soporte de libros
e follas soltas con poemas

o circulo tamen é un camiño
a vida e a morte a ida e a volta
elexias apertas xogos e desexos

do recital non temos fotos
e a imaxe sen o querido bocoi
fixena o dia despois na casa

graciñas as que viñestes
a sito por presentacion e versos
e aos que escusastes a ausencia

manolo pipas

do recital de onte
na cantina candela
graciñas begoña



06-4-2011

entre sombras


entre as arbores

entre sombras
o camiño
aquelas horas
con sentido
pero
novas sombras
sen sentido

paseo lagares


05-4-2011

solpor sobre a ria


o solpor

as polas da arbore
ao lonxe a illa
e abaixo a cidade

o solpor a musica
os nenos o parque
e o meu corazon
que triste late 

03-4-2011

un recital de poemas


este mercores dia seis

como a eso das dez da noite
na amiga cantina candela
rua martin codax numero trece
na miña cidade
debo dar
un recital de poemas

e duas tentativas de contos

a cantina reclamará con razon
uns poucos textos mexicas
cronikas da insubmision e do chapapote
xogos con nenos apertas elexias
e na lembranza do trovador medieval
debo recitar algunha das suas cantigas

haberá poemas vellos e textos novos
e peticions se vos queredes
e unha silla e unha mesa para vos
nesta cantina envolvente

unhas poucas palabras
como poden entrelazadas

manolo pipas


03-4-2011

na outra banda do mar


Na outra banda do mar construen o navio:

o martelar dos calafates resoa na mañá, e non saben
que están a construir a torre de cristal da miña infáncia.
Non saben que cada peza, cada caderna maxistral
é unha peza do meu ser. Non saben
que no interior da quilla está a médula mesma
da miña espiña dorsal; que no galipote a quencer
está o perfume máxico da vida.

Que cando no remate ergan a vela, e a enxárcia
tremole vagarosamente no ar
será o meu corazón quen sinta o vento,
será o meu corazón.

antón aviolés de taramancos

poeta e taberneiro de ida e volta
entre noia colombia e noia
texto de As torres no ar


02-4-2011

noia poetas e xeografia


noia no fondo da ria de muros

noia no principio da ria de noia
na ria da illa das crevas
na ria do castro de baroña...

noia lugar de parada no camiño
de compostela a corrubedo
entre o barbanza e a costa da morte
e para min que foi enigmatico
lugar de paso tantas e tantas veces
entre vigo e o maldito chapapote
lariño lira cee muxia camelle
o pindo e outra ver kaarrrrnota
e o regreso outra vez por noia


noia a vila do poeta e mestre
antón avilés de taramancos
e a mitica taberna que outra vez
non estaba para que eu entrase

noia o espacio de encontro
do colectivo sacou de poetas de outes
onte a noite cos poetas do setimo andar
dos outros andares e da planta baixa
das tabernas e dos centros sociais

de noia a vigo

posdata
cando aparcamos nos cagou
unha posible larus argentatus
unha gaivota pois amigos sacou



01-4-2011

un de abril de 1939


un de abril de mil novecentos trintenove

desarmado el ejercito rojo dia de la victoria
vencido o des-unido exercito lexitimo
case vencido o pobo republicano
acabou a guerra e seguiu o xenocidio
pero tamen seguiu a resistencia
os maquis os fuxidos os topos
as viuvas os orfos os exiliados a verdade
o longo e dificil camiño da memoria

un de abril setentedous anos despois
e a presencia e mentira da guerra e do franquismo
ainda está mais forte que a memoria republicana
cambiaronse alguns dos nomes franquistas
de moitas ruas prazas e edificios publicos
retirarons estatuas e condecoracions
levantaronse algunhas fosas comuns …

retiraronse as metalicas letras dos nomes dos mortos
dos vencedores en moitas das fachadas das igrexas
pero ainda segue labrado en pedra o nome
do lider da falange vilmente utilizado
e esta cruz dos caidos do monte do castro de vigo
aquí está cada dia mais desafiante