Xuño 2012

05-6-2012

o tempo e as ilusions



   
                                 a merce


tardo dez minutos leo no movil
foron tempos onde o tempo era outro
nos camiñando coa metade de anos
debiamos ter o dobre de ilusions

xa chega a amiga que estivera fora
un pouco tempo pero uns longos anos
camiñando as suas clases e a parella
os seus fillos esas novas ilusions

tanto mudou tanto a nosa cidade
pero chove esa poalla sempre a mesma
camiñamos por un tempo de crise
sobre todo afectiva e de ilusions

foron tempos onde o tempo era outro
camiñamos a tan mudada praza
o camoes agora mais afastado
a poesia tamen é unha ilusion

lariño


04-6-2012

esa republica de oriente medio




ésta é unha republica de oriente medio

independente desde hai sesenteseis anos
pero cunha milenaria historia de culturas
encontros e desencontros dos que aprender

boa parte do seu territorio é desertico
limita ao oeste co mar mediterraneo
e comparte fronteira con varios estados
estados en guerra ou con conflictos armados
con dictaduras ou reximenes represivos
estados ocupados ou que ocupan outros paises
ou que teñen miles de refuxiados destes conflictos

denunciando estes conflictos diversos
temos saido ás prazas e ás ruas moitas veces
temos asinado manifestos temos escrito textos...
pero este estado tamen sofre unha guerra
conflicto para  que nós non queremos ollar
mortas e mortos polos que nada facemos
masacres nas que nós non queremos pensar

siria   siria   SIRIA

o cronista


03-6-2012

la desmemoria por galeano




Libro de los abrazos

La desmemoria / 1

Estoy leyendo una novela de Louise Erdrich.
A cierta altura, un bisabuelo encuentra a su bisnieto.
El bisabuelo está completamente chocho
(sus pensamientos tienen el color del agua)
y sonríe con la misma beatífica sonrisa
de su bisnieto recien nacido.
El bisabuelo es feliz porque ha perdido l
a memoria que tenía. El bisnieto es feliz
porque no tiene, todavía, ninguna memoria.
He aquí, pienso, la felicidad perfecta.
Yo no la quiero.


La desmemoria / 2

El miedo seca la boca, moja las manos y mutila.
Elmiedo de saber nos condena a la ignorancia;
el miedo dehacer, nos reduce a la impotencia.
La dictadura militar,miedo de escuchar,
miedo de decir, nos convirtió en sor-domudos.
Ahora la democracia, que tiene miedo de re-cordar,
nos enferma de amnesia: pero no se necesita ser
Sigmund Freud para saber que no hay alfombra
que no pueda ocultar la basura de la memoria.

eduardo galeano

el libro de los abrazos
outra das memorias
do mestre uruguayo
eduardogaleano.org


03-6-2012

galeano na floresta




eduardo galeano publicou hai pouco

o seu novo libro los hijos de los dias
e lembro un dia xa hai anos que vin
ao mestre no medio desta floresta

un gran cartelón no medio dun parque
anunciaba un encontro de eduardo galeano
cos seus lectores na universidade de mexico
duas horas antes de que eu agarrase
o avion de volta para casa

e eu que son dos seus lectores
non fun a escoitalo
e tardei todos estes dias
en escusarme

galeano na floresta
nese bosque da memoria

manolo pipas

o autor de las palabras andantes
presentará a mediados de xuño
o seu libro los hijos de los dias
en ourense e compostela
eduardogaleano.org


02-6-2012

vicentinho e as árvores da paz




Graças à música,o bardo Abelardo

conseguiu traduzir à linguagem dos humanos
os sentimentos dos seres que moram
no interior das florestas, dos rios e dos mares.
Assim conheceremos a história de um pássaro
que descobre que nos ramos das árvores
aninha a palavra paz, a de um carvalho
que nasceu na bota de um soldado,
a de um trasgo que vai deitando
lixo pela mata fora,
da xacia Luvinhas ou de Salgadinha,
a estrela de Fisterra que parava as guerras.
Como tem a cabeça cheia de pássaros,
voa de aldeia em aldeia e de cidade em cidade
contando e cantando relatos e histórias às meninas
e meninos para que tomem conta da palavra PAZ.

Tou-po-rou-pou

As cantigas do bardo Abelardo con
'Vicentinho e as Árvores da Paz',
música e contos, máscaras e teatro
de sombras sobre textos de Anxo Moure
Tou-po-rou-tou Servando Zalo e Maica
e hoxe actua o bardo Abelardo

no centro cívico de teis rua maceiras
as cinco con mais actividades
touporroutou.webs.com

servandobarreiro.blogaliza.org


01-6-2012

unha data unha idade un lugar




esta imaxe entregaronma onte

os numeros e as palabras nunha folla
entregaronmos nas escaleiras do marco
na entrada dos antigos xulgados da cidade
nas escaleiras da porta da antiga prision

a concentracion de todos os ultimos
xoves de cada mes as oito da tarde
e onte non enchemos as escaleiras
miña amiga que non pudeche vir

este ano no estado español
vinteduas mulleres foron asasinadas
dende hai anos convertemos
as portas do marco nun espazo
adicado á memoria das mulleres asasinadas
e co obxeto de impedir que a realidade
da violencia de xenero caia no esquecemento...

unha data e unha idade e un lugar
e outras datas e outras vidas e outros lugares
estiveron presentes este ultimo xoves do mes
nas escaleiras do marco as oito da tarde

un lugar a idade dunha muller unha data
visualizan a todas as mulleres asasinadas

o cronista