Xuño 2012

18-6-2012

papaventos e aguias




catro aguias

alá no alto azul

de lonxe o papaventos
confundese coas aves

e as aguias tamen
voan algo confusas
alá no alto azul
darredor do papaventos

lariño


17-6-2012

en clave de canto




este mar da ria ao tejo

ritmos e versos salgados
e a lua pola xanela
en clave de canto

a ria a foz os portos
unha voz vaise soltando
no medio de duas guitarras
en clave de fado

ai amalia e zeca afonso
alfonsina e castelao
atlantico as duas beiras
en clave de canto

manolo pipas

en clave de fado
deunos un concerto onte
no café detras do marco


16-6-2012

imaxes de cortazar




julio asoma a sua cara
nunha rota porta de parís
un buraco para ollar o mundo
e recrear o que está a vivir

ollo unhas imaxes do escritor
el coa sua camara que retrata
as almas dos seus amigos
entre o sena e o rio da plata

corta o aire julio cortazar
de parís a buenos aires
corta o aire

ollo unhas fotos do mestre
entre portas e xanelas de parís
cortazar e o seu enesimo pitillo
o relato na maquina de escribir

escribe a letra dun tango
de paris a buenos aires
aire atlantico

manolo pipas


15-6-2012

poema de julio cortazar




happy new year

Mira, no pido mucho,
solamente tu mano, tenerla
como un sapito que duerme así contento.
Necesito esa puerta que me dabas
para entrar a tu mundo, ese trocito
de azúcar verde, de redondo alegre.
¿No me prestás tu mano en esta noche
de fìn de año de lechuzas roncas?
No puedes, por razones técnicas.
Entonces la tramo en el aire, urdiendo cada dedo,
el durazno sedoso de la palma
y el dorso, ese país de azules árboles.
Asì la tomo y la sostengo,
como si de ello dependiera
muchísimo del mundo,
la sucesión de las cuatro estaciones,
el canto de los gallos, el amor de los hombres.

julio cortazar

grandisimo narrador
e gran poeta pouco coñecido
autor de salvo el crepusculo


14-6-2012

cativos e arbores




o cativo e a meniña

naceron na media montaña
entre prados e arbores
pero logo tiveron
que deixar estas terras

agora están vivindo
nas aforas da cidade
e as veces cando saen e atopan
unha das suas queridas arbores
xa lle dan unha sentida aperta

lariño


13-6-2012

enredados na rede




camiñamos enredados
entre palabras e imaxes
mensaxes correos blogs redes...
pequenas descargas de nos mesmos
ou un enredo do que quixeramos ser

xa os nosos bisavós
desconfiaban do telefono!

enredado mundo
dos espacios virtuais
livres blogs como este de acceso livre
e as vosas virtuais redes privadas
e contra-redes de sospeitosas empresas

camiñamos e corremos enredados
sen medo e con pouco respeto

o cronista


12-6-2012

ese pirata informatico

un pirata un corsario un jaker
hoxe entrou nas envolventes
e no frontal publicou un texto
que xente mais indecente

o seu longo relato
seica era de tatuaxes!?
e xa foi eliminado

envolventes


11-6-2012

seica rescatan o país




seica rescatan os bancos
pra rescatar o pais
o presidente petardo
pediu axuda a berlín

e busco nun gordo diccionario
as acepcions da palabra rescatar
-recobrar algo pola forza
ou mediante pago ou compensacion
o primeiro vale
a ver como segue o chiste
-salvar a alguen dun perigo
-liberar a alguen do traballo ou escravitude
e non será máis ben ao reves ?
e enton traballo e escravitude
son termos parecidos ou proximos?!
mellor que a min non me rescaten

o cronista


10-6-2012

e a zoe dormía




miñas donas meus señores

pedironme este poema
por esta curiosa tarde
que nos xunta nestas mesas

chamaronme edu e miriam
que con zoe  convidaban
a tomar uns poucos pinchos
da tortilla á empanada

estes dias por se acaso
por se pasabamos fame
nando e luisa que nos deron
boas cereixas de beade

o motivo preguntei
se era boda ou bautizo
ou os dous no mesmo lote
e botouse a rir o primo

o motivo e a razon
preguntan mais comensales
estar xuntos buen rollito
vai ser o mais importante

recitanto estas cuartetas
fora que lindo chovía
no seu jané do país
a zoe que ben dormía

manolo


09-6-2012

pido que me rescaten




as once da mañán

hoxe a nove  de xuño
do ano dous mil doce
da chamada era cristiana

urxentemente desde vigo galiza
estado español europa o mundo
pido por favor que me rescaten
deste lugar desta era desta mentira
do sistema capitalista

que me saquen deste pozo
pero non con euros e dolares
so cunha fina corda de etica

urxentemente pidollo a nai terra
ao pai sol e á madriña lua
que me rescaten por favor

o cronista

07-6-2012

pingas de oliveira




o cristal da xanela
unhas pingas de chuvia
difuminan a oliveira
que se busca

so unhas poucas pingas
de chuvia na xanela
neste lugar da escrita
dos poemas

a chuvia no cristal
as pingas de oliveira
ai esas pingas de paz
que non chegan

lariño

06-6-2012

nai e fillo camiñando


    

          a ana e davide


nai e fillo fillo e nai
unha pequena familia
dous grandes corazons
camiñan coa liberdade que poden
cos seus pasos e co seu ritmo 
camiñan sos e outras veces
co grupo que se forma no camiño
compartir aprender formarse


os afectos e os xogos
o xardin a musica

os numeros e as letras
as grandes e as chiquitas

e van camiñando na casa
e nos espacios colectivos
aos que entre todos eles
grandes e pequenos lles dan forma


camiñan e paranse
que estes dias puxeron
unha gran pedra no seu camiño
pero coa nosa axuda poderán retirala

nai e fillo fillo e nai
unha pequena familia
dous grandes corazons

manolo pipas