Xuño 2012

30-6-2012

salgadas e dóces saudades




eu canto a noite

porque o día me castiga
escoitei cantar nun fado
e pensei na miña amiga

esas bocas e guitarras
imaxes en branco e negro
da man presente e pasado
do rio tejo ao mondego

e voces de tantas terras
salgadas e dóces saudades
os destinos os lamentos
a miña e a tua cidade

manolo pipas

quadras para un posible fado
logo de ver e gostar da pelicula
fado de carlos saura


29-6-2012

o vento e a chaira




imaxe da ventosa
na chaira de oaxaca
á beira do pacifico
o istmo de tehuantepec

a solitaria palmeira
cos seus sabrosos cocos
e o tamen sabroso vento
para fenosa e amigas

o vento e a palmeira
chairas do sur de mexico
as comunidades indixenas
e mestizas en resistencia

imaxe 2008
versos 2012


28-6-2012

memoria do 600




escoito na radio que polo ano
mil novecentos cincoentesete
hai cincoentecinco anos nacía
un pequeno coche redondeado
que revolucionou a vida
de moitas familias traballadoras

o coche foi o orgullo da dictadura
pero so era unha copia dun coche italiano
e foi chamado seiscentos
e non facia falta nomear a marca
habia poucas e non facian falta mais

o seiscentos do meu tio
foi o primeiro coche no que subin
e lembro de cativo outros coches
de formas e nomes simpaticos
como o escarabello o dous cabalos
o mini o catro latas...

para mercar un seiscentos
as familias agardaban catro anos
e ninguen collia depresion por isto
e deixou de facerse no setentecatro
que saira moi bo e habia que facer
coches que non durasen tantos anos

aqueles eran tempos
da cancion que viva españa
esa que sona polo futbol estes dias
e aqueles ultimos anos da dictadura
e da transaccion foron anos de outros
recortes rescates e intervencions..

o cronista


26-6-2012

das intervencions




este decrepito estado

din que está a ser intervido

intervir
tomar parte nun asunto
interceder ou mediar nun conflicto
interpoñerse entre
os que pelexan ou discuten
practicar unha operación quirurxica
examinar e censurar contas e negocios
impedir o uso dunha propiedade...

e todo esto e mais
pasa con esta intervencion

e os estados do euro
como nunha rigleira
de pezas de dominó
que se van caindo

o cronista

25-6-2012

jazz na praza




dia despois dos lumes
domingo pola tarde
na praza das americas
rincón dos emigrantes
van os sons do jazz
baixo unhas arbores

uns imos a este concerto
e tamen paran viandantes
na praza polo jazz

que arde

manolo pipas

imaxina sons
vigo ate o dia 30
o festival de jazz


24-6-2012

a fogueira do barrio




no barrio a fogueira
faise con alguns desperdicios
que poderian ter un mellor uso

os maiores botaron vellos mobles
de madeira e de formica chapeada
os novos botaron os seus apuntes
das suas probas xa superadas
e algunhas fotos dos poderosos
que xa debian estar superados

a cacharela ao principio
botaba un noxento fume
dos chapeados e de alguns plasticos
e na primeira hora moitos se achegaban
a botar á fogueira anacos do seu pasado
pero neste lume non quixen queimar nada
que xa haberá outro mais axeitado

lariño

24-6-2012

solsticio e abellas ll




na imaxe xa o vedes
a colmea a nova casa das abellas
a medio metro de onde estaban
para que non se desorienten

e para non molestar
á comunidade de insectos
cambiandoas de lugar outra vez
debe quedar cancelada fogueira...

estes versos escribin o venres
pero o sabado viñeron pola colmea
que estaba moi perto das casas
e deixei os paus sen queimar
por se se perdera algunha abella
por se outras queren afcer un enxamio
que complicados somos os humanos!


23-6-2012

xogo eλλάδα deutschland




deutschland  eλλάδα
alemania   grecia
moito mais que un xogo
que un encontro deportivo
que unhas caras pintadas 

un tremendo desencontro
o marco e o dracma

os de arriba e os de abaixo

cando a jefa merkel
celebra cada un dos seus tantos
hai moito de humillacion
cando perto do final do xogo
con todo xa perdido un grego
da unha patada a un aleman
hai moito da frustacion dun pais
cando ao final do partido
un alemán derruba a un grego
a que ven isto !?
           .  .  .  .  .

e no xogo anterior mais literatura
o davide gañoulle a outro goliat
o pequeno e milenario
pais que din que se derrumba
gañou ao gran estado das mafias
a traxedia clasica grega
gañou ao neorrealismo ruso
pero logo viñeron os merkelboys
...

o cronista


22-6-2012

cactus flores e solsticio




as duas flores do pequeno cactus

murcharon no solsticio de vran
duraron tres dias e tres versos

lembro que o ano pasado
botara outras duas flores
e provocara dous poemas

o cactus
as flores
o solsticio

lariño



21-6-2012

solsticio e abellas




a lua medrando

na noite mais pequena
no medio do ciclo da vida
o solsticio de verán

unha pouca leña da poda
de inverno e primavera

agarda para ser queimada
na fogueira seguindo o ritual

pero entre os paus atopou espacio
un pequeno enxamio de abellas
e chamamos aos compas apicultores
e xa lles ofrecimos unha colmea

continuará


20-6-2012

dos contares do barbeira




o barbeira

un pequeno rio
un val un espacio
definido indefinido

rio de antigo recoñecido nome
que nace na serra do cando
que vai entre muiños e chozas
co seu ritmo vai rosmando

no caderno contares do barbeira
tamen versos doutros vales e regueiros
historias que atoparon neste espacio
o seu definido e indefinido tempo

contares do barbeira
pequenas historias para contar
o que se perde o que se gaña
e algunhas coplas para cantar

manolo pipas

polas chozas
contares do barbeira
é un caderno de poemas
entre a tribo e a natureza

19-6-2012

un niño abandonado




unhas ervas entrelazadas
dan forma a un pequeno niño
que atopei hai un mes baleiro
entre unhas ervas altas
que debin cortar

collin con coidado
o pequeno e abandonado niño
e deixeino entre outras ervas
que a poucos metros
estaban a medrar

esta forma circular
o abandonado e baleiro niño
que non sei se tivo ovos
estas entrelazadas palabras
estaba a incubar

lariño