Marzo 2015

07-3-2015

santiago e compostela

 


santiago

posible nome dunha vila

santiago do patriarcado

e o cristianismo oficial

e a guerra-santa do creado

santón matamoros

e o final dun camiño

 

 

compostela

o nome primeiro do lugar

compostela do matriarcado

o cosmosentir orixinario

o compartir co outro

unha etapa dun camiño

que non ten fin

 

manolo pipas

 

 

07-3-2015

remeiras

 


reman as rapazas

no recheo de bouzas

cheas de esperanza

 

rías arriba

pola ribeira

tentarán chegar

a compostela

 

imaxe daquel día

que moveran o barco

 

lariño



 

05-3-2015

todo ben humanizado

 

 

humanizan a cidade

todo vaise urbanizado

para alguns ben pode ser

outros moitos discrepamos

 

humanizan e urbanizan

o cemento da traballo

levantamos beira-rúas

máis metros de enlosetado

 

humanizar as barriadas

os xardíns ben rematados

con cesped artificial

da menos choio limpalos

 

humanizan tamén coia

cos camiños marxinados

pero na nosa rotonda

humanizaron un barco

 

humanizan tamen parques

castrelos urbanizado

vellos camiños de terra

son cobertos polo asfalto


urbanizado castrelos

as carriolas e os paxaros

que se busquen outro medio

que se exilien co seu canto


o cronista

 

 

04-3-2015

60 tres meses rotondianos

 

 

pasaron xa tres meses

desde que publiquei o primeiro texto

rotondiano o día que empezaron as movilizacións

sairon 60 textos entre poemas e cronikas

uns 20 foron impresos e centos de copias repartidas

e pegadas darredor da rotonda e noutros espacios

de coia nas travesas no xulgado no concello...

parece ser que os poemas foron lidos algo

a maioría foron arrincados uns o mesmo día

e outros duraron algunhas ou moitas semanas

 

alguns poemas movense noutras ondas

e outros foron recitados e andan por aí

en videos anónimos ou dos medios livres

 

cumprense hoxe tres meses

das movilizacións na rotonda

e saiu a sentencia ao compa xurxo

condeado a un mes de prisión

e milcentotrintecinco euros de multa

por tocar o casco dun policía

 

a primeira imaxe é do 4 de decembro

a segunda algún día de febreiro

e deben sair máis poemas e imaxes

 

o cronistadecoia

 

 

03-3-2015

150 cantares para rosalía

 


sete de marzo en padrón

era o sinalado día

cento cincoenta cantares

que inspirou a rosalía

 

quince as ilustracións

visualizando á poeta

e os cantares de homenaxe

que sairon das súas letras

 

un ano nós agardamos

por esta presentación

foi adiado ese encontro

que agardamos con paixón

 

imaxe de maribel longueira

neste libro dixital coordinado

por suso díaz e descargado en

rosaliadecastro.org


manolo pipas

 

 

02-3-2015

a chuvia e a charca

 


choveu moito estes días

e as augas do humidal da bouza

desbordan sobre o paseo e a rúa

dos cans e dos seus humanos

que ocuparon parte do lugar

deste rico ecosistema

 

lariño

 

 

01-3-2015

oceanico e compas en bueu

 

 

oceánico xosé


oceánica transfusión

polo porto de bueu

verbo salgado de seu

neste museo massó,

o barco tira a babor

entre cee e o rockall

as túas redes van pescar

os ventureiros fonemas,

un caderno de poemas

compañeiro medre o mar

 

 

oceánico e compañeir@s

 

o norteño xosé ten querencia

polo pequeno porto de bueu

veu con el maría xosé das árbores

e repetiron ana miranda coa patela

o caldeirón editor paco souto

alfonso de teis con máis versos

e nesta vila sumou novas máns

e voces a súa tripulación

guitarra e acordeón en dó salgado

de dous sama-rúas de camariñas

e a poeta de bueu míriam ferradáns

 

eu recitei dous textos rotondianos

e falóu félix juncal alcalde de bueu

que ama o mar e si me colleu o poema

e dinos o recitador fernando miranda

como non abordamos o alfageme

e subimos nel até o porto de bueu

 

o xosé libera outra vez a buguina

medre o mar medre o mar

 

o cronista