ateneo valle inclán bar plaza
preséntase muller de papel
en riveira do barbanza arousa
entre libros e librazos esta caixiña
de poemas imaxes e cancións
que o día antes abriu en noia
nun extremo e noutro da península
recita rochi ...parece que a liña recta
se convirte nunha rotonda infinita...
e logo da presentacíón das caixiñas
e das varias que fican no barbanza
dando a volta á verde rotonda
do pequeno barco arousán que se cae
a muller e grupo regresan a ourense
seguimos na pobra do caramiñal
nunha mesa redonda do tertulia
góstanos moito conversar sabedes
poesía pintura música camiños
pérdidas contrastes reencontros
e un pianista sen teclas e cun mencía
na man cántanos o sacúdeme este blus
sacúdennos as ondas bravas da cultura
e falamos e falamos dun persoaxe
bohemio da pobra que hai vintecinco
anos deixou de sair da súa casa
o jarsía ke onte parece que o viron na rúa
a noite pode ser tan longa
como unha xornada de baixura
e na mañán baixamos á praia
a pescar imaxes e poemas
nunha estampa un corazón
sacudido atopado o domingo
á mañán na praia de vilar de riveira
outra posible atenea de papel
parece que se vai internar nas augas
a rochi toño marta alfonso
teira carmela alexandre...
manolo pipas