Maio 2015

21-5-2015

70 festa rotondiana na bouza

 


na carballeira da bouza festa

solidaria coa loita da rotonda

de coia este sábado 23

 

na bouza vella as 6 da tarde

manolo pipas e luis o caruncho

botarán poemas e cantigas

presentando o caderno do cronista

o barco a rotonda e nós

 

e máis poesía de timoteo

e as actuacións de ostia padre

perros norteños búnker

e kloacassaard


mui boa vibra e comida

e bebida a prezos populares

 

da rotondiña de rosalía

retiraron a arbusto-saurio

e nós como non imos poder

retirar o querido alfageme

no cartaz puxémolo do revés

 

a asemblea

 

20-5-2015

arbusto-saurio e rotondiña

 


instalaron un chamado arbusto-saurio

nunha pequena rotonda da nosa cidade

e por ser un erro ou pola polémica

da cantidade de brincadeiras ke probocóu

que até o alfageme botóu unhas risas

o elemento rápidamente foi retirado

 

foi na rúa rosalía de castro!

queríanlle chamar dinosaurio

á nosa grandísima poeta nacional?

dinosaurio chamábanlle ao fraga

político admirado polo alcaldísimo!

 

arbusto-saurio é como un hibrido

dun arbusto e dun reptil extinguido!

será o abel un hibrido fraga-pacovázquez?

un extinguido e o outro destarrado do país

como o arbusto-suario da súa rotondiña!

 

o cronista

 

 

 

20-5-2015

correlingua creacion comun

 

 

neste ano o correlingua

creación común o galego

cruza a cidade ferida

polas obras do concello

nenas e nenos camiñan

até o parque de castrelos

asustadiño  un  parrulo

pregunta ke pasa ao merlo

 

a lingua creación común

un comunitario feito

entre consignas e cantos

centos de nenas e nenos

preocupados polo noso

sacan a lingua e o peito

 

o cronista

 

19-5-2015

el desarrollo por galeano

 


El puente sin río
Altas fachadas de edificios

sin nada detrás
El jardinero riega el césped de plástico.
La escalera mecánica

conduce a ninguna parte.
La autopista nos permite conocer

los lugares que la autopista aniquiló
La pantalla de la televisión nos muestra

un televisor que contiene otro televisor,

dentro del cual hay un televisor.

Libro Patas Arriba

La escuela del mundo al revés

 

Eduardo Galeano

 

 

 

18-5-2015

enton as letras pra que !?

 


coas diversas procesións

onte no día das letras

nas diversas cidades da terriña

desafogamos cobrimos o espediente

e logo fomos tomarlle algo

e criticar coma sempre aos de arriba

e un pouco a algúns de abaixo

 

e nestes días houbo homenaxes

poemas contacontos cantigas

teatro concursos gaiteiradas …

e onte perdimos a grande ocasión

de facer unha manifestación nacional

na pontevedra do fascista homenaxeado

e rematala na porta do seu querido museo

e uns poucos entrar na súa homenaxe

e decirlle catro cousas aos seus defensores

a real academia galega galaxia xerais...

alonso montero freixanes bragado ...

 

se cadra como as árbores

non nos deixan ver o bosco

tampouco os libros as cantigas...

nos deixan recoñecer ben a realidade

e facer por cambiala

 

o cronista

 

 

 

17-5-2015

rosalia dos castros

 


rosalía de castro

de tegra e viladonga

rosa de castreliños

e do castro de troña

 

rosalía dos castros

de beca e pedramoura

roseira de castrelos

rosalía baroña

 

versos recitados onte

con outros poemas máis

nunha colectiva no faisca

na imaxe pedramoura

sobre a foz do miñor

 

pipas


 

16-5-2015

dereitos eleccións e consultas

 

 

a precaria democracia deberes e dereitos

e o dereito a votar unhas pouquiñas veces

a quen probablemente vai pisotear

moitos dos nosos dereitos

 

neste pais onde votan algun mortos

e moitas persoas sen conciencia do feito

e outras moitas son obrigadas a votar

unha papeleta nun sobre pechado

que lles entrega o cacique que os oprime

ou o sospeitoso director do asilo

eu que nas anteriores eleccions non votei

conscientemente quixera recuperar

aquilo e votar agora dúas veces

contra o cacique que nos oprime

 

o meu colexio electoral segue a ser

o colexio público da rotonda alfagema

e chegoume unha vez máis a carta

da oficina do censo electoral co antigo

e antidemocrático nome franquista

dun obispo que estaba cos asasinos

que antes tiña o actual illas cíes

 

os que estudamos nel e os veciños

sempre lle chamaremos polo vello nome

eijo garay polo costume e pola memoria

e a nós como no caso do barco alfageme

non nos consultaron que nome

lle queríamos poñer ao colexio

porque nesta pseudo-democracia

temos mui poucos dereitos

 

imaxe desde o patio do colexio

o cronistadecoia

 

 

16-5-2015

afroamericano b b king



melancólicos acordes

menores do grande blues

as notas que se re-sinten

tristura que busca luz


todo o misisipí chora

afroamerica b b king

canta toda a tribo blues

chora a guitarra lucille

chora o flamenco e o son

toda a música un sentir

 

pipas

 

 

15-5-2015

maios e flores

 


este ano perdinme os maios

a festa da primavera

vexetais formas e cores

xogos de nenos e nenas

 

as ervas e arbustos verdes

as flores brancas marelas

os bugallos e as laranxas

e máis froitos desta terra

 

e as coplas que debullaron

o noso tempo de perdas

e propostas pra cambiar

relacións e sementeiras

 

manolo pipas

 

 

 

14-5-2015

o homiño do sombreiro

 


as cousas do alcaldísimo 3


que planta ten este homiño

o rejuvenecido abuelo!

de quen se ri o cacique?

de que insultos de que feitos?

será segura a baranda?

que sorriso de embusteiro?


co porto de vigo ao fondo

se parés un mariñeiro!

que planta ten este homiño
que ben lle queda o sombreiro!

 

o cronistadecoia

 

 

13-5-2015

17 de maio descentralizado

 


o dezasete de maio

o día das nosas letras

chega descentralizado

 

noutros anos polas letras

nunha única manifa

xuntábanos compostela

 

polo oito de febreiro

xa enchemos a quintana

na defensa do galego

 

neste ano polas letras

danlle honores a un franquista

que surrealista esta terra

 

nas vilas e nas cidades

que se escoite o noso berro

pola lingua en liverdade

 

o cronista

 

12-5-2015

riveira pobra 2 poema

 


pequeno tronco devolto

dunha posible ameixeira

na baixa mar unhas poucas

cunchas de croques e ameixas

e deserta estaba a praia

até que chega a atenea

erótica  a  sabiduría

pan-chocolate conversa

 

caramiñas e barbanzas

peiraos pontes e fervenzas

granitos que buscan formas

coa natureza ou marreta

curotas  e  curotiñas

xuncos pazos e xunqueiras

capas capelas e pombas

pombais palmas e palmeiras

 

despedidas e reencontros

maxinario piano e teclas

a memoria e os fantasmas

das antigas conserveiras

caramiñas e barbanzas

arousas cons e sereas

 

manolo pipas