Maio 2015

31-5-2015

redondela titiriteira

 

 

a bruxa de redondela

no cartaz titiriteiro

abre os ollos saca o dente

estira o peludo queixo

 

a titiriteira bruxa

ten esta vila encantada

os viaductos coa coca

e os chocos na empanada

 

o titiriteiro espacio

prazas salas e paseos

o folleto é coma un tren

van contentos os bonecos

 

grandes títeres da gorra

de chapeu e de sombreiro

puchas cachuchas e boinas

a cabesa é o primeiro

 

tremendo ese rodafonio

tres musicos varias rodas

uns ke suben outros baixan

bos rockeiros boa troula

 

cantos dedos dis que ten

a man do titiriteiro?

ben manipula emocións

viva o festival choqueiro!

 

pipas

 

30-5-2015

da rotonda ao sahara

 

 

ao pe do simbolo da nosa loita

solidarizámonos cos irmáns

do atlantico sur e o deserto

á beira deste barco que quixeramos

que nos levase até as costas saharauis

solidariedade sobre unha erva coidada

e regada coa auga que eles precisan

so para que saia nunha postal

pero hoxe a postal é a da resistencia

 

takbar está en folga de fame

polo asasinato do seu fillo

polos imperialistas marroquís

e a resistencia saharaui

non parará até que sexan livres

 

http://porunsaharalibre.org/

 

 

 

29-5-2015

roteiro dos lavadoiros

 


fixemos o pequeno roteiro

e contáronnos da vella coia

a escura época medieval

a estela funeraria o turreiro

a pochanca o castro castriño

as primeiras casas baratas ...

e no aberto lavadeiro da barxiela

bebimos na fonte e cantamos

como reflexo dun tempo pasado

os corpos reflexados na auga

 

o lavadeiro de esturáns medio derruido

pero na fonte segue a manar a auga

e de coia de abaixo a coia da arriba

os edificios a rotonda e de novo o rural

seguimos polo camiño de figueirido

e o vello e esquecido lavadeiro

entre conversas cantigas e poemas

encheuse outra vez de humana vida


e acabamos no distrito 09

con mais músicas e lembranzas

pola vella e a nova coia

 

na imaxe o lavadeiro de figueirido

co grupo lumieira do rueiro


manolo pipas

 

28-5-2015

fonte e lavadeiro de coia 2



os vellos lavadeiros de coia

eran uns espacios máxicos

pero neste de figueirido

no fondo dun carreiro sen saida

alguns veciños deste lugar

hai anos que xa non entran nel

e outros entramos mui pouco

 

este é un espacio onde veñen

os heroinómanos a pincharse

e deixan algúns restos nos muros

e mesmo nos rouban os limóns

 

algúns destes lavadeiros de coia

como este do camiño de figueirido

a poucos metros da querida rotonda

están case esquecidos polo concello

que nen unha placa oficial teñen

que poña se a auga é potable ou non

 

mañán a crónika

do roteiro dos lavadoiros

 

 

 

28-5-2015

fontes e lavadeiros de coia

 

 

a fonte o cano o lavadeiro

e das entrañas da terra

esta auga nunca para

de manar

 

vas pechando os ollos

e o son da auga ao cair

ten algo máxico

que non vai parar

 

pechas máis os ollos

e escoitas o pasado

as mulleres a lavar

a falar e a cantar

 

hoxe faremos o roteiro

co ies alexandre bóveda

polos últimos lavadoiros de coia

saida as 6 do ies alexandre bóveda

igrexa s martiño castro castriño

lavadoiros barxiela i esturáns

e lavadeiro de figueirido

sobre as 8 e logo festa

no veciño distrito 09

alicerces.prazapublica.com

 

 

27-5-2015

da fabrica alfageme

 

 

primeiro foi ese senlleiro barco

marxinado nunha rotonda de coia

logo ollaron a fábrica os bankos

e xa lle botaron as súas gadoupas

 

fermosa construcción de pedra

pola vila mariñeira de bouzas

ela a tantas persoas deu traballo

a vella alfageme ten moita historia

 

a fábrica olla pra coia e pra ría

os recheos que a afastaron das ondas

ai grande conserveira da cidade

que eles conserven a túa memoria!

 

pouco queda xa das vellas industrias

que fará o capital coa senlleira conserveira?

primeiro que os bankos paguen os cartos

que debe aos traballadores a empresa!

 

fábrica bernardo alfageme miau

a finca as construcción e os xardíns

todo abandonado mais aquí habitan

un feixe de gatos e todos sen pidigrí

 

abandonada miau non hai peixe

pra lle dar a estes gatos alfagemes

 

manolo pipas

 

 

25-5-2015

votamos pero non os botamos

 


eses gobernantes

máis próximos a veciñanza

foron elexidos outra vez

para catro anos de que !?

 

noraboa viguesas e vigueses

veciños da miña golpeada cidade

repetides democrático emperador

pero agora con maioría absoluta

 

arrasóu a dereita real

algo faría mal a esquerda

 

noraboa viguesas e vigueses

ningún paso atrás

podedes seguir camiñando

cara o abismo

enchede todas as rotondas de barcos

 

o cronista



 

 

 

24-5-2015

ai se pudera botalos

 


nesta mañán voltei a bouza

e recollín o pouco lixo que onte

logo da fermosa festa non víamos

e no cruce da bouza coa florida

a policía vixiaba unha oliveira

mal plantada do señor alcalde

 

de vagar camiño cara o colexio

e cando xa diviso a rotonda

adiantame pola esquerda

un policía nacional

 

ao meu colexio electoral

cheguei uns dez minutos tarde

digoo porque acababa

de marchar o ilustrísimo alcalde

o señor anda de colexio en colexio

facendose ver e dando a man e bicos

e contanme que unha señora

se negóu e houbo un diálogo


-vienes aki a sacarnos el barco de la rotonda

-esto es un colegio y hay que tener respeto

-pues si que hay ke tener respeto

pero en todos los sitios

 

e o desencaixado señor alcalde

foise acercar a un policía

para ver se este podía facer algo

 

eu cheguei con camisola e sombreiro

rotondiano con barquiño incluido

e tamén fun saudando aos interventores

dos distintos partidos e especialmente

aos do soe como o cencellal de represión

que me miróu ben desafeinate

e tamen saudei como non compas

a un dos serios goas

 

o rotondianocronista

 

 

24-5-2015

desde a nosa rotonda

 

 

eles levan meses

vixíando o alfageme

e o barco vixíaos a eles

e nós que non podemos

vixiar sempre ao seu patrón

tamén vixiamos aos pasmarotes

 

eles seguen a vixiar o barco

pero nós non queremos

manchar o golpeado alfageme

so queremos subirnos nel

e tamén arrincar cada unha destas

insultantes e noxentas letras

pero esto último non o imos facer

 

o barco a rotonda a nosa loita

e parafraseando a manuel

antonio o poeta do mar

 

fomos ficando sós

o barrio a rotonda

o barco e máis nós

 

 

poema recitado onte na bouza

imaxe de hai unhas semanas

estes días estaban e están

pero non era doado facela

 

o cronistadecoia

 

 

 

23-5-2015

re fle xio nan do pois

 

 

reflexiono á beira

do alfageme na rotonda

 

reflexiono debaixo do monumento

fascista que segue en pe no castro

 

reflexiono ollando o sen sentido

da macro-mega-estación do ave


reflexiono pensando

no coitado arbusto-saurio

 

reflexiono cada día que camiño

esta cidade golpeada polos de arriba

 

reflexiono cada vez que vexo

os cartaces electorais

e a nosa querida policía

 

o cronista


 

22-5-2015

apestan a chapapote

 

 

esta cidade e moitas outras

apestan estes días a chapapote

 

os que des-organizaron estas obras

teñen mans e conciencias manchadas

eses por onde van tamén apestan

 

ultimo día de campaña seica

e o campo de maniobras e batalla

segue a ser unha desfeita

e un caos coa axuda da policía!

cantas chapuzas quedarán

sen rematar o día do gran circo?

 

algunhas obras xa brillan na sucia cidade

e os artistas do réxime encheron o peto

coas súas carísimas estravagancias

como ésta da foto perdo da rotondiña

do desaparecido arbusto-saurio

 

a poucos metros da segunda imaxe

tomada as 12 e pico en camelias

na praza da non-independencia

está o pequeno circo dos restos do soe

con ese sánchez el breve de españa

e don caballero o lonxevo dinosaurio

vamos a contar mentiras trailalá

 

o cronista

 

21-5-2015

coitadas oliveiras viguesas

 

 

esa oliveira no escudo

da cidade olívica de vigo

din que lembra o medievo

cando nos arredores e nas rías

e noutras rexións da galiza

había miles de árbores da oliva

que mandóu cartar a raiña castelán

 

as oliveiras árbores lonxevas

góstalles medrar lentamente

con espacio para as súas raices

sen que ninguén as violente

e góstalles o aire limpo do campo

 

ás oliveiras non lles gostan

as podas agresivas e os transplates

violentos e fora de tempo

nen o aire contaminado das cidades

por mui olívicas que sexan


cantas carísimas oliveiras pagamos

e miles de veciños pasandoo mal


a primeira imaxe por febreiro

na porta do sol e a segunda

na florida a 21 de maio

 

o cronista