Novembro 2015

09-11-2015

por cada barco unha tenda

 

 

os mariñeiros do cerco

cercados pola xunta e madrí

e a des-unión europea

 

tres semanas xa unha tenda

por cada barco amarrado

parado bloqueado insultado...

 

cento cincoenta tendas cercan

o palacio das consellerías

porque acá non chegan os barcos

como antes foron os tractores!


e eu penso que hai que reducir

as capturas pero doutro xeito!

 

a qué sector lle tocará logo?

 

imaxe praza pública


 

 

08-11-2015

reivindicativo barco



os poucos cartaces

que puxemos nós na rotonda

na defensa do barrio e da cidade

e doutras causas xustas

foron arrincados polos mesmos

que puxeron esta fermosa faixa

 

que xusto e que solidario

o represor goberno municipal !!

 

a uns centos de metros do barco

alfageme tamén en coia

o vello ambulatorio abandonado

ameaza unha ruina

 

porqué o goberno municipal

non fai nada por recuperalo?

porqué non fai unha faixa parecida

pola recuperación dese espacio?

 

o cronista

 

07-11-2015

vello barco de vapor de pasaxe

 

 

vello barco de vapor de viaxeiros

migrantes e fuxidas

 

           ás áureas neira vilas

           e anisia miranda

 

 

vello barco de vapor

sempre un xoguete dos mares

pra ti so temos cantares

entre vabor i estribor,

a proa é un soño maior

das migrantes e os fuxidos

atrás deixan o perdido

diante o mudado futuro,

novas portas novos muros

os azares e os destinos

 

vello barco de vapor

que dúas costas ben coñeces

que liña que ruta segues?

de soños fillos da dor!

a travesía é canción

debaixo do firmamento

e van poñendo os acentos

as bravas ondas salgadas,

pepiño xoga con clara

de vapor o sentimento

 

de vapor as despedidas

vello barco de pasaxe

cantas foron as viaxes?

cantas voltas prometidas?

dos migrantes das fuxidas

a proa é un soño maior

entre babor i estribor

pra ti so temos cantares,

sempre un xoguete dos mares

vello barco de vapor

 

poema recitado onte á noite

con servando e a tripulación

na cova dos ratos e as migrantes

 

manolo pipas

 

 

06-11-2015

vello barco de vapor

 

 

vello barco de vapor

debaixo das sete estrelas

soña o fuxido e a migrante

pasodoble e tarantela

van cruzar o grande mar

formase algunha parella

entre os fados e os valses

cara o sur van as mareas

agardan sambas e tangos

se hai regreso as habaneras

 

vello barco de vapor

debaixo das sete estrelas

entre babor i estribor

cántame unha barcarela

 

na noite o recital

pipas

 

 

 

04-11-2015

as palmeiras e o bichiño

 

 

unha árbore tras outra

atacadas as palmeiras

por un bichiño picadas

que ten uns dentes de serra

 

nunha palmeira tras outra

polos picudos furadas

poñen ovos nacen crías

a árbore debilitada

 

polos picudos bermellos

van secando as súas follas

van morrendo as palmeiras

e marchan a buscar outra

 

por estes escarabellos

as palmeiras ai coitadas

centos de árbores mortas

non se pode facer nada!?

 

contra o bicho hai tratamento

non tan caro como din

polo levante as palmeiras

salvaronse máis de mil !


lariño


 

 

 

03-11-2015

solpor que limpa

 

 

entre os recheos e os peiraos

reloce unha mancha de auga

nesta cidade e porto tan sucios

que o solpor limpa cada día

 

lariño

 

02-11-2015

siluetas de mulleres

 


ningunha agresión sen resposta

sen denuncia sen xustiza...

 

as siluetas dunhas mulleres

asasinadas están debuxadas

co seu nome e data no chan

e varias compas feministas

deitanse no chan desta cidade

tan manchada de sangue

e outras compas debuxan

as siluetas dos seus corpos

para que no chan logo quede

a súa tráxica memoria

 

conchi non está aquí

porque foi asasinada

este e outros nomes escribiu

a plataforma feminista galega

nos papeis que acompañan os corpos

unha parte delas e de todas nós

morréu con esas mulleres

 

a cativa que se cadra

está aprendendo a ler

na faixa non atopa un conto

que da coa dura realidade

 

esta visualización

do terrorismo machista

é a nosa pequena resposta

 

manolo pipas

 

01-11-2015

samain e froitos

 


outono avanza coa caída das follas

tempo de samaín castañas e cabazas

pero como nos versos as teño gastadas

hoxe vos regalo chayotes e mazorcas

 

lariño