precariedade pobreza e dereitos sociais
era o nome da plática da compañeira
e tamén oimos moito outras palabras
explotación riqueza exclusión
neoliberalismo apoio mútuo
comunalidade...
deses apuntes que koldobi tiña no chan
e da súa memoria de longos camiños
escoitamos sabias frases coma estas
vos tenés la bala ….yo la palabra
la bala muere al detonarse....
la palabra vive al replicarse
dijo berta cáceres
hay que tener las dos patas en activo
la protesta y la propuesta...
a koldobi coñecina como activa pacifista
naqueles esquecidos anos da insubmisión
e ela chegóu desas afortunadas illas
que están a 100 km de áfrica
nos dividen en zombis y fundamentalistas
los gobiernos tienen el piloto automático...
e digo eu que moitos en pouco tempo
chocarán contra esa montaña de lixo
que nós axudamos a crear
cuando uno señala la puerta
tres dedos te señalan a ti...
e cada vez que entraba alguen na sala
a compañeira sacáballe puntilla
e logo seguiu a tertula
entre as redes e os enredados
con moitos golpes e algunhas esperanzas
a política de abaixo e a de darriba
cada vez unha máis lonxe da outra
o salimos todas juntas
o no hay salida
dixo a compañeira
en coia baixo a sombra
do maldito-máxico barco