Outubro 2016

18-10-2016

policia 294 509

 

 

294 509

o número de placa

dun policía local de vigo

está escrito sobre o colexio

público da rotonda do alfageme

acompañado pola palabra mentiroso

 

na escola non se ensina a mentir

e tampouco debe mentir un policía

e o barco puxérono

a carón do colexio público

mais de 200 policías de caballero

con violencia e mentiras

para que os cativos vexan

a inmensa estupidez humana

e non a esquezan nunca

 

non máis montaxes policiais

concentración de repulsa nas portas

da xefatura da policía local de vigo

venres 21 as 11 no mesmo concello

 

o cronistadecoia

 

16-10-2016

pombas

 

 

nos amieiros da charca

á beira da pouca auga

e tamén na baranda

as pombas na solaina

 

entre moitas aves grises

unha soa pomba branca

 

na bouza

 

 

 

15-10-2016

amorios de silvio

 


Que distracción


                        A Julio Cortázar y Félix Grande 

 

Hoy mis ojos se van en el polvo del fondo
de un río que va a todo correr,
como si el amor, como todo en mí,
no fuera a pasar. Qué distracción.

 

Mi guitarra, que está tras la vieja ventana
de palidecer, ve un pedazo de luz
y aleteando está desde su prisión.
Casi se me va. Qué distracción.

 

Qué distancia, mi amor, de mí a la vida;
qué cansada canción me llama, vencida.
Soy un viejo que duerme entre sus losas;
soy un niño que sueña tantas cosas.

 

Qué distancia, mi amor; qué distraído estoy
por creer, por soñar. Así soy.

 

En la espuma que está desnudando la playa,
fundiéndose al mar, se desliza una flor
que era para mí. Me la arrebató
el viento y la sal. Qué distracción.

 

Qué lamentable distracción,
qué imperdonable distracción,
qué irreparable distracción.

 

Qué distraído estoy.

 

 

letra do disco amoríos

último traballo de silvio rodríguez

 

13-10-2016

lua e nubes

 

 

nubes escuras

na noite

anunciaban chuvia

onte

xogando coa lúa

 

pipas



 

12-10-2016

la tierra tiene memoria

 

 

Décimas a doña Margot Loyola

 

Tantas lunas han pasado

sin encontrarme en sus ojos

mis ganas no las aflojo

sigo urdiendo mi trenzado,

en su ausencia he confirmado

el verdadero sentido

que agita nuestros latidos

al ver los ríos corriendo,

mientras haya aguas naciendo

más cantos seran floridos

 

Mas usted viene y me cuenta

que sus lágrimas más tiernas

han bajado hasta sus piernas

y su pena me presenta,

hoy el agua está a la venta

y cortando van los ríos

hasta el suyo más querido

va pequeño y sollozando,

el maule que va entregando

tanto canto a los gentíos

 

Pregunto y si ya no corre

en nuestros ríos la fuerza

por la voluntad inversa

del hombre y sus torres,

que los bosques no socorren

amado bosque nativo

qué permanezcas cautivo

ante el imperio forestal,

y por los siglos la edad

lleve tu follaje vivo

 

Que haremos? Si no detienen

de edificar las represas

las ambiciosas empresas

que con vida se sostienen,

que la muerte las condene

pa que paren el delito

de mutilar el circuito

de la creación divina,

transformando hacia la ruina

todo lo infinito en finito

 

Con fuerza de mil claveles

con la verdad y con la fe

le regalo hoy a usted

un gran ramo de laureles,

que su pena se consuele

la tierra tiene memoria

y aún que ella no es transitoria

tiene tiempo si es dañada,

ante el agua y su mirada

qué florezca la victoria

 

letra do disco

puñado de tierra

da trovadora chilena

natalia contesse

 

 

12-10-2016

fillos da nai terra

 

 

decimos que o sol se move

cada día de este a oeste

e somos nós na terra

que darredor do astro

de oeste a este avanzamos

 

decimos que o sol sae

que o sol se pon

e saimos nós a saudalo

ímos nós cara a noite

imos nós coa lúa

 

os fillos da nai terra

aínda tocan os seus tambores

para a montaña o río o mar ...

hoxe 12 de outubro

coa terra co sol coa lúa

dignidade e memoria

 

8000 tambores

tocan en moitas partes

todos unidos en espiral

latido-aperta á nai terra

 

en rede e na rede

8000 tambores red planetaria

 

 

11-10-2016

americanas republicas

 

 

as repúblicas americanas

da mal chamada hispanoamérica

repártense no noso rueiro

agrupadas case todas

agás unha afastada delas

 

tomo un café colombiano

na rúa ecuador esquina panamá

con vistas á rúa venezuela

cara arriba seguen as rúas bolivia

nicaragua honduras e puerto rico

e como vedes non casan ben co mapa

baixa méxico cruzando varias

destas rúas atopándose con cuba

guatemala paraguay e brasil

e ao este vai colombia e el salvador

e máis pabaixo pero ao norte no mapa

perú uruguay e república argentina

andan entre tangos e milongas

 

tamén hai rúas de conquistadores

e prazas da realeza da conquista

pero so unha rúa dun libertador

simón bolivar e lonxe

a rúa salvador allende

e van todas en irmandade

colón hernán cortés e pizarro

isabel e fernando católicos

e a noxenta rúa da hispanidade

 

fáltannos a rúa costa rica

e afastada de todas elas

a costaneira rúa chile

como os andes pois

 

logo está a praza de américa

coa súa porta do atlántico

ou o seu arco de triunfo

 

o cronista

 

 

 

10-10-2016

avoa de avoas cornelia

 

 

avoa da avoa das nosas avoas

a túa longa memoria atoparon

din que de uns dous mil anos

pola lanzada perdo da praia

e puxeronche cornelia de nome

polo día no que apareceche

nome de orixe romana

esas cousas dos arqueologos

que posible nome latino

ou mesmo castreño terías?

mariña brenda támara elba...

 

cornelia de cornos pois

que pouco tacto verdade

pero se cadra tiñades animáis

e pudeche ser unha boa pastora

 

avoa da avoa das nosas avoa

descansabas ti con dous cativos

nas estrañas terras da lanzada

e foron molestar os vosos longos sonos

@s arqueólog@s facendovos preguntas

que mui poucas ides contestar

 

manolo pipas

 

09-10-2016

a paz non está nos premios

 


un novo barco no peirao

buque da armada colombiana

visita a cidade co seu militarismo

 

o presidente do país andino

santos ex-ministro dos militares

coas mans manchadas de sangue

foi nomeado nobel da paz

logo de que perdera o referemdum

en parte polo ego do seu ex-amigo

e ex-presidente de colombia uribe

e por que a negociación foi en cuba

 

hai corentenove anos

tamén nos andes bolivia

era detido e asasinado

o che guevara guerrilleiro

que buscaba a paz

e a falta de explotación

 

o lider da guerrilla colombiana

tamén manchado de sangue

codo a codo co presidente

tamén buscaba a chamada paz

e se cadra a falta de explotación

por eso non vai levar o nobel

 

o cronista


 

 

 

08-10-2016

o solpor a enerxía



o sol a lúa as nubes

o mar e a terra

regálannos un solpor

e pesares da cidade

cada día

 

tamén as pegas

estaban disfrutando

de todas estas cores

de toda esta estraña

enerxía

 

pipas

 

07-10-2016

as nubes e o sol

 

 

                 a theres

 

y que pasó con el sol?

dixeche dous días

e o sol debía andar

a xogar coas nubes

 

de zurich a compostela e muxía

de luzern a coia e cangas

está ben pasar por tlahuitoltepec

dos alpes ás nosas rías

hai que pasar polo país das nubes

 

os cantóns suizos

as comunidades de oaxaca...

e ayotzinapa mui presente

 

o café lucerna das travesas

a emigración e o regreso...

e que pasóu co sol

foi un solpor cumprido

 

manolo pipas


06-10-2016

mulleres rumbo a gaza

 

 

mulleres rumbo a gaza

un barco de mulleres

por esa mare calma

 

golpeadas costas e mar

que se desangran cada día

tráxico o seu cantar

 

coas xentes palestinas

ese barco rumbo a gaza

enésima tentativa...

 

 

un pequeno barco

un barco cada ano máis pequeno

un barco por unha grande loita

unha nave rumbo a gaza

golpeada onte por israel

trece mulleres secuestradas

polos sionistas coa complicidade

dos gobernos de occidente

 

concentración de repulsa onte

nunha cidade de occidente

 

o cronista