Outubro 2016

30-10-2016

tres pombas

 

 

esta comisión de pombas

no amieiro da charca

medita na súa pola

a proposta da bandada

 

na bouza



 

29-10-2016

investidura case dictadura

 

 

 

o novo presidente elixese

case fora de prazo e coa ausencia

do xefe da monarquía-exército

algo que nunca pasara nas españas

entón se non declaran a república

é un golpe de estado encuberto

do pp e dos oficialistas do psoe

 

o congreso o parlamento

non ten lexitimidade

tanto é o descrédito

que alguns deputados

saen del a manifestarse

cos cidadans-consumidores

que andan darredor do congreso


nestas datas do jaloguín

o maridísimo da elvira

e o juapo sánchez el breve

non fai falla que se disfracen

que xa teñen cara de zombis


tamén había

que rodear o parlamentiño

case todas as autonomías

e moitas autonomías e concellos 


o cronista

 

28-10-2016

palabras que nos sosteñen

 


palabras que nos sosteñen

escribindo e debuxando

na esquina dunha cidade

catro mans dúas mulleres


as palabras dannos forma

maría e virginia en contos

van capturando as estrelas

pra compartilas ca xente

 

pouco somos sen palabras

sen debuxos sen cantigas

sen a terra nada somos

ela si que consecuente

 

 

presentado onte en árbore

maría gonzález e virginia pedrero

tamén publicaron os libros

historias que capturan estrellas

en la ciudad una esquina

 

 

manolo pipas

 

27-10-2016

do tempo de exilio

 

 

joseba isaac e ruper

un triskel de resistencia

en euskera e galego

voces guitarra e terra

 

e un guiño pra galeusca

isaac abre o recital

cuns versos en catalán

neste triskel de culturas

 

grande poeta exiliado

e o poeta traductor

co trovador musicando

resistencia e corazón

 

o río a lingua a matria

as augas que dan sentido

a música coa palabra

versos de tempo de exilio

 

na presentación

de tempo de exilio

de joseba sarrionandia

traducido por isaac xubín

co cantor ruper ordorika

que tamén musicóu a sarri


manolo pipas 

 

 

26-10-2016

estudantes e gobernantes

 

 

o estudantado da secundaria

manifestouse hoxe contra

a lei de educación dos corruptos

 

eles son fillos dos nacidos

nos últimos anos da dictadura

ou dos primeiros da transacción

e nas suas faixas puxeron

alusións ao franquismo

 

mentres no parlamento

a vella repetida consigna

psoe pp a mesma merda é

so falta que a berren

no sector critico dos primeiros

 

estudantes mestras obreiros...

o día da investiduuuuura

din ke van rodear o congreso

e alguns queren proibilo

porque están coa dictadura

 

o cronista

 

 

25-10-2016

ollada sobre calais

 

 

da utopía e do soño

ía a nosa anterior cronika

esta fala das miserias e pesadelos

da chamada comunidade humana

 

ollando para a grande illa

que non quere ser europa

no continente hai unha cidade...

 

o campo de calais non é unha xungla

que a xungla é un espacio de vida

cunhas claras relacións dos seres vivos

para que se manteña este ecosistema

 

os pasos e alguns espacios

da migración están dominados

por pequenas e medianas mafias

as grandes mafias son as que dirixen

as chamadas democracias


afganos eritreas sudanes...

entre dous imperios mentres

moitos sirios sen papeis

en turquia son escravizados

cosendo trapos para zara


din que desmantelar calais

é unha operación humanitaria

pero militares e policias

os represores non teñen humanidade

 

o cronista na distancia

 

 

23-10-2016

curtopia en resistencia

 

 

contar a realidade

é ben facil ben difícil

o relato o discurso...

contar da comunidade

dunha mesma do grupo...

pode ter varias visións

enfoques estilos técnicas …

pero debe ter un mesmo corazón

 

do barrio de gamonal

á rotonda da barriada de coia

tes que pasar por moitos desaloxos

e por algunhas corralas da utopía

 

a cea estivo moi ben

e mellores as conversas

e co viño manchego

marchamos pensando

nos sanchos e nos quixotes...

co curtopía con curtos pasos

camiñamos detrás da utopía

 

a primeira parte do texto

aínda sen traballar escribina

escoitando as mulleres en resistencia

logo de ollar os documentais

das outras citadas xustas loitas

e boteino hai unhas horas no curtopía
e como non levei cámara apañei

o fermoso logo do festivaliño


o cronista


 

22-10-2016

queremonos vivas

 


a cativa agarra o cartaz

coa enerxía do futuro

que moitos homes

estragan cada mañán

cada tarde cada noite

 

vivas querémonos vivas

desde a ría ao río da plata

e os cartaces que se repeten

por moitas mans agarrados

e logo acabaron no chan

entre pedras da nosa raiba

 

todas todos somos lucía

pero lucía xa non está

 

 

 

 

 

22-10-2016

nas portas da policia

 


o barrio a rotonda

o barco alfageme

o concello o xulgado...

e tardamos moito en poñernos

en manifestarnos en defendernos

nas portas da policía local

no espacio dos represores

dos violentos dos mentirosos...

e non temos ningunhas ganas

de voltar a este noxento lugar

 

o cronistadecoia

 

 

 

21-10-2016

lembranças de antom laia

 


Nos recordos cabem mil lirios, mil estrelas

mil sorrissos, um olhar, umha gamela.

Nos xardins das viagens, das essências,

no transito das uvas tintas dos dedos

cara os lábios molhados de lembranças,

e sabemos que as noites som enormes,

como os ocos nos que ficam os ruidos

e permanecem os silêncios acordoados

como aves que se perden nas chairas:

sem retorno.

 

Sabemos que as noites son enormes

como os ocos nos que ficam os ruidos

e permanecem atordoados os silêncios

como aves sen as asas sobre as chairas

molhando de uvas tantas lembranças

como cantos de paporoibo no despertar

desta singradura polas areias gravidadas:

sem retorno.

 

Nos recordos cabem mil lirios, mil estrelas,

mil sorrisos, um olhar, umha gamela, e este

pranto de uvas apanhadas nos caminhos

como ocos nos que fican os silêncios:

sem retorno.

 

antom laia

 

poema do libro as margens do tempo

con ilustracións e capa entrando

en el recuerdo de tomás roures

presentado onte en andel en familia

con xurso souto telmo comesaña

os da casa e achegados

coma un laio da memoria

 

 

 

20-10-2016

parrula parella

 

 

saindo da charca do barrio

parrulas e parrulos ás veces

cruzan a rúa camiñando

como semella nesta foto

pero esta parella anátida

de súpeto levantóu o seu voo

 

na bouza




 

19-10-2016

anónimo día

 


a fachada principal e de abaixo

e a secundaria fachada de arriba

nunha hora coma calquera outra

dou a volta a nosa vella casona

pola esquerda neste anónimo día

onde logo non quedamos na porta

 

pipas