27-8-2010
poemas de marta dacosta
Nesta pel de ameixa que me cobremedrei desde o xardín da miña infancia.Cando a casa pechou mudei o vento.Aínda teño a carne madura das ameixase son auga e xarope en acedume.. . . . . .Somos de luz, de vento, de miseria,breves camiños na distancia dos días,pedras de sal esquecidas nas rúassilenciadas e lentas.As horas non son. Non abondan os pasose os soños sumados tan só ven unha noite,levamos nas mans as flores do pasadoque non duran o instante que as percorre.Somos de luz, de vento, de miseriabreves camiños de sal nas rúas ermas.. . . . . . .Son deste tempo,do Sur.Dunha terra callada en solpores arroibados.Dunha terra perdida na incertidume da alfándega.Son deste tempo,do sur.De onde as verbas son distintas e suaves.De onde o meu sangue é o río ou alfándegade xentes que se acharon no cruzarse dos camiños.. . . . . . .O sur non é apenas unha palabra oposta,a esencia do contrario, cálida, quente, ignota.O sur e o noso ser traspasado de voces,de tons doces, distintos e ao tempo semellantes.Quizais sexa unha alfándega, triste, que nos arreda,difícil de esquecer aínda que sempre ignorada.O sur somos nós mesmos, os avós, o pasado,a razón inexplicable de non ver cara ao norde.
marta da costa
poemas do libro pel de ameixa
outros poemarios de marta son setembro
e creando o mar en compostela