Marzo 2011

09-3-2011

novos cadernos


historias de mulleres

é o novo caderno que creamos
nas cronikas de tempos de crise
pero que mais ben alguns poemas
o foron pedindo nos ultimos dias
entre sete e oito de marzo
antigos soños de mulleres
que buscaban o seu espacio
cos ollos de laila
a voz de costa e campina
ai tango mestiza danza....

novos cadernos foron
aparecendo dentro doutros
agrupando poemas dispersos
ainda que hai textos que poderian
aparecer en dous ou tres cadernos
pola sua tematica ou sentir

cronicas nesta terra
cantigas para este tempo
arbores e as suas sombras
entre areas e augas
poemas en verso libre
cantigas en livres versos....

a redaccion


09-3-2011

cantos do oito de marzo


supermulleres non somos non

estamos fartas de cargar con este rol


deixa pasar deixa pasar
son feminista
e o mundo vai mudar


mulleres somos
mulleres seremos
pero na casa
non nos quedaremos


arriba mandiles rotos
abaixo manta mollada
onde estemos as mulleres
os homes non valen nada


imos quiemar imos queimar
a conferencia episcopal
imos queimar a conferencia
por machista e patriarcal


se queres roupa limpa, lávaa ti, lávaa ti
se queres ir pranchado, prancha ti, prancha ti
se queres comer callos, fainos ti, fainos ti
se estás pola igualdade, terás que compartir
se queres aos teus fillos, cóidaos ti, cóidaos ti
se queres aos teus vellos, cóidaos ti, cóidados ti
se queres á familia , cóidaa ti, cóidaa ti
se estás pola igualdade, terás que compartir

marcha mundial das mulleres

versos cantados e repartidos
onte martes de entroido
na manifestacion de vigo
polas compañeiras disfrazadas
de supermulleres

08-3-2011

entre 7 e 9 de marzo




xa chegas oito de marzo

debes saltar as xanelas
que non hai portas abertas
neste revolto espacio

seguen os soños pechados
tanto silencio e mentira
que falso aire se respira
entre un e dous de marzo

mal dixerido o pasado
e resisten as fronteiras
mais chegan xa mensaxeiras
con tres e catros de marzo

de kosova e timor cantos
de kurdistan e chiapas
angola euskadi e irlanda
entre cinco e seis de marzo

os corpos tan namorados
pasan contigo á casona
que curtas vintecatro horas
entre sete e nove de marzo

pouco temos liverado
e vaste con tanta presa
que se nos cae a bandeira
dun mundo en oito de marzo

manolo pipas

do libro marzo abril
e outros naufraxios 99


08-3-2011

coplas de entroido


ai entroido meu amigo / camiñas malencarado

tan cambiado o teu andar  / todo tan organizado

con desfiles e con premios / pouco queda da esencia
unha norma e outra norma / faslle pupa a presidencia

nos colexios cada dia / hai un tema obrigatorio
todos ben uniformados / mais que festa é un velorio

despidamos o inverno
mascaritas e disfraces
hai que sair ben na foto
pouca troula meus rapaces

ai entre laza e verín / cigarrons e peliqueiros
carnaval non é antroido / ai meu tio de janeiro

o traxe dos cigarrons / vintecinco kilos pesa
come mozo colle forza / coas filloas e as orellas

pola ribeira de vigo / nós tiñamos os merdeiros
restregando peixe podre / a labregas e labregos

ai meu momo meu castrón
miña querida sardiña
vanche queimar co entroido
que molesta a tua vida

o cronista

07-3-2011

monica de nut trio


domingo de entroido

as oito e pico da noite
teatro arte livre
monica de nut trio



un trio de cordas
o baixo e a guitarra
e unhas cordas vocais
todas tensadas e (a)finadas
reveladas entregadas
desgarradas declaradas

cordas un trio de cordas
cheas de electronicos efectos
e solos varios solos
e solistas que se desdobran
e unhas teluricas percusions

cantando preguntase monica
porque non hei de cantare
porque non hei de estar alegre
nun dos temas do folklore
e as letras de cuña novás
teñen moita amargura

trio monica de nut trio
pero tres solistas suman
un pouco mais que un trio

manolo pipas

para monica de nut
paco dicenta
e virxilio da silva
no terceiro dia de concerto
agardando o disco do trio


07-3-2011

mujeres de barro




la tierra con sus colores

los colores de la tierra
ay los colores del barro
rojo verde y barro negro

mujeres de barro
de barro los dedos
de barro las manos
remojado barro
el barro que baten
el barro colado

barro con arena
extendido al sol
espera la fiesta
las manos que amasan
formas de la tierra
formas pa la casa

comales y platos
ollas y cajetes
cántaros y jarros
de dia o de noche
las manos moldean
lo que el barro esconde

mujeres de barro
de barro de vida
que se está formando
mujeres de barro
de barro sus sueños
de barro sus manos

mujeres de barro
memoria de un pueblo
de barro mi canto

diego oaxaca 2011


07-3-2011

mais ceramicos versos




ceramicas noutra imaxe

da minhambre exposicion
do viño demos boa conta
con corchos que son tapons

van acabar coas sobreiras
estaban ricas as tapas
pero a vergoña da galega
non se perde miña marta

a ceramica co viño
sempre fixo bo camiño

viño tinto louza branca
e uns pratos de pizarra

e que che digo do queixo
pois graciñas e un beijo

o cronista


06-3-2011

ceramica das aves




a ceramica das aves

uns debuxos sobre a louza
nunha mesa están expostos
niños pratos e unha moucha
imaxes do rio lobos
da groba coruxo e arousa
o traballo dunha mente
dunhas mans que xa repousan

unha mostra inaugurada
con palabras ben fermosas
banda sonora con aves
do courel a ramallosa

palillos vasos e niños
pratos papuxas e mouchas

o cronista

para marta minhambres
pola apertura da sua ceramica
exposicion no lokal alfar


06-3-2011

moda do entrudo


lá em baixo está o emtrudo

de godo nâo pode andar
de godo nâo pode andar
que comeu um burro morto
entre o lamoço e o jantar
de gordo nâo pode andar

ó entrudo ó entrudo
ó entrudo chocalheiro
que nâo deixas assentar
as mocinhas ao solheiro
ó entrudo chocalheiro

estas casas sâo caiadas
estas casas sâo caiadas
quem seria a caiadeira
foi o noivo mais a noiva
com um ramo de laranjeira
quem seria a caiadeira 

cá em baixo vai o entrudo
em farrapos pelo châo
que comeu um burro morto
entre o inverno e o verâo
em farrapos pelo châo

o entrudo foi à vila
já nâo quer  de lá sair
caiu dentro de uma pipa
dá-lhe a mâo que quer subir
já nâo quer de lá sair

anonimo portugués

cançao do disco
galinhas do mato
de josé afonso

05-3-2011

rosalianas


de castro son os poemas

na quintela de moaña
alberte e alba escribiron
unha obra rosaliana

presentacion recital
que suman voces amigas
biblioteca da quintela
entre libros rosalia

cantares novos
follas galegas
poetas novos
e voces vellas

a parella e as amigos
poetas da porta verde
mulleres de verdes portas
e outras voces envolventes

venres de entroido á noite
perto do oito de marzo
de castro foron os versos
que son colectivos cantos

cantares novos
follas galegas
unha soa voz
na nosa terra

o cronista

onte á noite na presentacion
do libro de poemas de castro
de alberte momán e alba méndez
na colección Q de Vián
do colectivo a porta verde


04-3-2011

barrikada da palabra


as palabras son

como as teclas dun piano
as melodias como poemas

a batalla da palabra
despois dalguns camiños 
agora está a okupar
moito do noso tempo

na mesa dos compañeiros
as follas dos seus poemas
un libro as armonicas
as copas do likor café
e un pouco de armonia

o noso estrado está
trintetantos centimetros
porriba do voso chan
as nosas palabras están
a uns poucos metros de vos
o sentimento queremos
pegado ao vos ser

a barrikada da palabra
na que agora estamos
na que sempre estivemos

manolo pipas

onte a noite
na cova dos ratos
cos poetas sito e lupi

e unha lembranza
para marcos huesos



 
04-3-2011

poema de josé m. paramos


A mi las horas se me desvanecen.

Licuadas en el aire
se evaden, apenas dejándose
ser entrevistas.
Tengo especial predilección por ellas
más que por cualquier otra cosa de este mundo.
Ni siquiera el amor.
Nada da mejor pago que dan ellas
en dejarse entrever cuando se van
tan sólo por un instante soñado.
Ellas se llevan no solo lo que fué,
sino también lo que podría ocurrir
y ya no va a suceder nunca.
Todos los pedazos del pensamiento recogen
y roban descuidadamente como algo
que a ellas les fuera propio,
como algo que les ha pertenecido desde el principio
a ellas, hilanderas
que no tienen morada en el espacio.

josé m. paramos

poeta e bo conversador