historias de mulleres

13-8-2015

amargura

 

 

co verso tento

facer literatura

desa realidade

moitas veces

con amargura

 

lariño

 

 

09-3-2011

novos cadernos


historias de mulleres

é o novo caderno que creamos
nas cronikas de tempos de crise
pero que mais ben alguns poemas
o foron pedindo nos ultimos dias
entre sete e oito de marzo
antigos soños de mulleres
que buscaban o seu espacio
cos ollos de laila
a voz de costa e campina
ai tango mestiza danza....

novos cadernos foron
aparecendo dentro doutros
agrupando poemas dispersos
ainda que hai textos que poderian
aparecer en dous ou tres cadernos
pola sua tematica ou sentir

cronicas nesta terra
cantigas para este tempo
arbores e as suas sombras
entre areas e augas
poemas en verso libre
cantigas en livres versos....

a redaccion


13-1-2011

lembranza de maria elena walsh

Nunha ocasión, chegou á nosa casa
un disco daqueles grandes, negros, brillantes,
e delicadísimos. Cando empezou a sonar,
daquela mancha escura sairon deliciosas melodías
e unha voz de campaíña que, con acento estrano,
encaracolouse nas miñas orellas,
e nas dos meus irmáns, de tal xeito que mil veces
queriamos repetir... e repetir... e repetir...
Unha daquelas historias quedouse para sempre
enredada no meu maxín : LA PLA PLA.

O luns morreu en Arxentina Mª Elena Walsh,
a propietaria daquela voz de campaiña,
quen levaba no seu maxín un baul de sorpresas
trenzadas con palabras e música.



Vaia na súa lembranza un poema seu, e aquel conto...

http://www.silvitablanco.com.ar/mariaelenawalsh/
silvitamariaelenawalshlaplapla.wav

Bicos mil

marga sampaio


25-3-2010

corazon de tantas terras


elexia a mercedes sosa

esas zambas e milongas
esas pampas e montañas
chacareras e tonadas
eses rios e memorias

esa lua ventureira
ai mercedes e o seu poncho
a cantora e o seu bombo
esa voz de tantas terras

mercedes a tucumana
esas prazas esas pontes
eses soños esas dores
voceira da pachamama

esa muller ventureira
ese mar co seu rumor
ese grande corazon
corazon de tantas terras

vigo 10-09

Distribuir contido