Marzo 2011

19-3-2011

eses das armas


eses que teñen

as armas e as empregan
para o que foron construidas
matar e matar

eses que construen as armas
para vendelas aos que as empregan
eses que malgobernan e que mandan
nos que empregan as armas
eses das prisions e dos muros
eses imperialistas

eses banqueiros que xogan cos cartos
dos de abaixo e dos de arriba das armas
e eses outros complices dos das armas

todos eses das armas
eses asasinos e complices
porque non buscan un espacio neutral
onde non estemos os outros civis
os que non queremos nada deles
porque non buscan un espacio sen nengunha vida
e non empregan as armas entre eles
as suas armas primeiras no chan e corpo a corpo
e xa se matan dunha vez

o cronista

este xoves estados unidos
atacou pakistán con avions
a asasinou a trinteoito persoas
e na prensa cando saiu
so okupou nunhas liñas

de pakistán a libia
de melilla a xapón
de guantanamo
a israel....

18-3-2011

outra guerra

mediados de marzo
o mes de marte
o mes das guerras



os estados mal-unidos
a des-union europea
e as nacions des-unidas
toman medidas contra libia
mentes os descendentes
do rei ultimo rei destas terras
reclaman os seus dereitos

hai unhas semanas belxica
batiu o record mundial
dun pais sen goberno
que antes tiña irak
e parece que se un estado
está tanto tempo sen goberno
non pasa case nada

o dictador e asasino
e os seus ex-complices
que so queren o petroleo

o cronista

segundo texto
da penultima guerra
mañan debe ser publicado
eses das armas


17-3-2011

entre traxedias e crimes


o florecer das cerdeiras

é a festa mais querida
do pais do sol nacente

ai vello pobo nipon
hai tempo que non buscas
o mesmo que os antigos

dos imperios e as guerras
que pouco ti aprendeche
ai meu pobo das cerdeiras

os teus ultimos andares
entre consumo e consumo
cecais buscaron a miseria

o terremoto foi un desastre
o tsunami é unha traxedia
as nucleares son e serán un crime
contra a natureza e a humanidade


17-3-2011

haikus clasicos


na vella casa

que abandonei
as cerdeiras florecen

agora que son vello
a xente envexame
oh pero fai frio

cando retornes
non esquezas a miña casa
andoriña que emigras

issa


este camiño
xa ninguen o recorre
agás o solpor

visión en sombras.
soa chora a vella
a lua como unha amiga

non sigo o camiño dos antigos
busco o que eles buscaron

basho


haikus de poetas
clasicos xaponeses



16-3-2011

bon bonsai


arte do bonsai

bandexa mais sal
cultivar nunha bandexa

minima arbore
que podes levar
na palma da man

arte bonsai minimo
cultivo das clases altas
que buscan a eternidade

ai xapones porque
podas unha e outra vez
esta pequena arbore

porque non deixas
que medre o vexetal
como ti medras

ai este pobo xaponés
que entre tremores busca
a sua eternidade




15-3-2011

fraxil xapon


a flor da cerdeira

o te de shizuoka
o volcán fujiyama
o pais do sol nacente

a fermosa e fraxil
ceramica xaponesa
e o terremoto e o tsunami
no pais do sol nacente

as illas do xapon tremen
terremoto e tsunami
na costa da illa de honshu
terras que desaparecen
cidades arrasadas polo mar
barcos  nos campos de cultivo
a dez kilometros da costa
miles de mortos e desaparecidas
e varios escapes e explosions
nas centrais nucleares seica
provocados por estes tremores

os mortos do primeiro mundo parece
que doen mais que os do terceiro
e din que o seismo moveu
as illas uns dous metros
pero a etica dos mandatarios
deste pais e do mundo
non se moveu nen un milimetro
que seguen defendendo a enerxia nuclear

ai pais do sol nacente
nagasaki e hiroshima
e agora sodes vos mesmos
que creastes fukushima

as illas do xapon como unhas pezas
da sua fermosa imperial e fraxil ceramica
que poden escachar en miles de anacos

o cronista


14-3-2011

peixes grandes e pequenos



 



nos oceanos nos mares nas rias
nos encoros nos rios nos regueiros

a historia que tristemente se repete

o peixe grande comese aos pequenos



nos regueiros nas rias nos oceanos
roto o equilibrio dos peixes roto o tempo
os pequenos non se comerán ao grande
pero si que poderán poden vencelo


lariño


13-3-2011

empedrado cano


un abandonado cano empedrado

cuberto de mofo e memoria
xa forma parte desta paisaxe

un rego de auga empedrado
rexeitada enerxia do chan monte
abandonadas leiras esquecido muiño

empedrado cano e muiño despreciados
no tempo en que a muiñeira camiña
con modernas caras por lonxanos mundos

ai a moa do muiño que xa non xira
xiran os meus versos coa sua memoria
como xira este vinilo de vellos gaiteiros

empedrado cano memoria dos homes
nesta imaxe lembro o son das tuas augas
mentres escoito aos soutelo e aos morenos

12-3-2011

picaflor


picaflor

paxaro mosca
colibrí
o paxaro mais diminuto
suspendidas azas
freneticamente axitadas 
diante dunha flor
no centro do mundo

diante desta flor
estaba o paxariño
chupando a melaza
pero non quixo
sair na foto
o colibrí

foto oaxaca 1-2011
texto estes dias


11-3-2011

incompleta sombra




regalounos

unha fermosa sombra
o anonimo debuxante
pero desta arbore
esqueceu as follas

cecais el quixo
debuxar o que debia ter pasado
xa que esta arbore de folla caduca
está caducando como aŕbore
e quen sabe porque secou

10-3-2011

10 de marzo




dia dez de marzo

dia da clase obreira galega
que lembra hoxe o asasinato
dos obreiros amador e daniel
nas movilizacions de ferrol
nos ultimos anos da dictadura


no medio desta chamada crise
ainda mais afectiva e colectiva
que economica e politica
preguntome se ainda
hai clase obreira e traballadora
se a clase media e os sindicatos
non acabaron coa sua esencia

o cronista


10-3-2011

cantiga da arribada




en baiona hai uns dias

houbo a festa da arribada
e coincidiu desta volta
co entroido a mascarada

non arribei a baiona
a esta festa medieval
na distancia eu escribo
entrelendo o xornal

falan de festa pagana
hai torneos na ribeira
malabares e teatro
mais que drama é traxedia

con zancudos e bufons
e con cantares de cego
a memoria  está bufando
hai que cegos os seus versos

cincocentos dezaoito
os anos que xa pasaron
cincocentas as mentiras
sobre os pobos conquistados

que descobrimento ese
que de culturas encontro
non celebraredes pois
as masacres deses pobos

o cronista