Septembro 2013

11-9-2013

viva en todas as carpas




para amelia escalante

e natalia contesse
trovadoras

chile corenta anos despois
e violeta xa non estaba daquela
pero a sua longa memoria
tamén quixeron matala aquel
once de setembro do 1973

 


viva en todas as carpas


violeta parra creadora
flor tan triste corazón
esa alegría do viño
e toda toda a canción

os camiños as estancias
forzas e debilidades
a paixón que se desata
volver a tantas idades

a guitarra compañeira
dunha terra tan humana
os cadros e os tapices
ai debaixo das montañas

ese peito que reventa
mestiza violeta parra
flor e froito dos teus pobos
ai viva en todas as carpas

manolo pipas


10-9-2013

sahara livre




            a pablo e miriam


hai uns dias coñecín
a uns nenos saharauis
de vacacions na galiza

non viñeron coa sua familia
ela non lles pagou a viaxe
botaron aquí uns dous meses
son nenos e nenas acolidos
por familias veciñas nosas

ollando esta obra de blanqui
de artelixo nas ruas de redondela
pensei neles e nas suas vidas
presentaronmos nun concerto
e tiveron tempo para disfrutalo
e para erguerse e ir xogar un pouco

pensei na sua vida real golpeados
pensei neste tempo de vacacións
e no pouso que lles deixará

manolo pipas



08-9-2013

nos todos na tua ollada




     a laura quintillán


parnalixo redondela
na rúa entre poetas
co seu violino laura

entre muiñeira e tango
a laura co seu descaro
miña amiga orientala

artelixo arte viva
ai música e poesía
nós todos na tua ollada

pipas


07-9-2013

chapapote e lixo en redondela




o martes asaltamos unha praza

con megafóno e poemas
e para onte anunciamos o recital
o verdadeiro lixo unhas veces asáltanos
e outras anuncia a sua chegada


marzo do dous mil tres baixo a chuvia
redondela no tempo do chapapote
o ex-ministro de franco vai inaugurar
a clausura dun estercoleiro na vila

daquela cada vez que o cínico fraga
participaba nun dos seus actos publicos
era comun que nos manifestaramos
contra este lixo andante e o seu desgoberno
e aquela mañán en redondela
pararon moitas aulas dos institutos
e a rapazada camiñou cara o lugar dos feitos
pero non se puido acercar ao mentiroso
que non se bañou na praia de palomares
pola cantidade de corpos represivos que había

o estudantado seguiu cara a sede do pp
e alguns entraron nun supermercado
e mercaron ovos e estes foron lanzados
contra o partido das gaivotas do lixo

logo cortaron a estrada xeral e disolveronse
e dos poucos adultos que participaron
tres deles foron seguidos no seu carro
e intercetados pola policia e levados a comisaria
e puxeronlles unha boa multa acusados
de manipular e dixixir ao menores
cando non os coñecían e so os acompañaron

en redondela en marzo do dousmiltres
foi naquel tempo do chapapote
desgoberno e lixo nunca máis
e hoxe a memoria e vida ao parnalixo

o cronista



 
05-9-2013

do lixo e do decrecemento




a nove de agosto do dousmil trece

no estúpido e traxico día de nagasaki
desde esta ría arrabaldo do primeiro mundo
escribo sobre o lixo ollando as gaivotas
estas aves hai tempo un símbolo da liverdade
escoito os seus chíos e penso no decrecemento

a explotación das persoas e o lixo son
o primeiro e o último que definen o capitalismo
desde os primeiros noxentos refugallos das minas
até o ultimo basureiro canto e canto lixo
neste porto da ría escoito os chíos das gaivotas
e penso nos choros dos cativos explotados
polas multinacionais no terceiro mundo
e penso noutros cativos nos basureiros buscando
entre toneladas de lixo o que se pode aproveitar
penso nos cativos que mal medran entre o lixo
e penso na utopía do decrecemento

manolo das pipas

texto escrito para o caderno
papiroflexico de parnalixo
foto de tatán tanxarina




05-9-2013

avenida de la memoria




(Estoy aquí para santificar la Basura

(Allen Ginsberg)

Hace frío en esta esquina del cerebro
Donde me he sentado a descansar
Para combatirlo me desperezo
Y echo a andar por la Avenida de la Memoria
  
En cada portal los contenedores verdes
Rebosan versos que ya nadie quiere
Putrefactos por la humedad se amontonan
En bolsas mordidas y orinadas por los perros
  
Meto la mano en esas bolsas
Abro y vacío los contenedores
Y me llevo los versos a la boca
Para saciar mi hambre y mi frío
  
Cuantos más como, más hambre tengo
Cuanto más podridos, más sabrosos me parecen
  
Así continúo hasta el final de la avenida
Y con la barriga llena de hambre
Y el paladar vacío de versos

Desemboco en la Plaza del Presente.

horácio vilhar

poema de parnalixo
na imaxe obra de artelixo
somos quen de sair do purjatorio
da plataforma cidadá de redondela


03-9-2013

artelixo parnalixo




redondela sete e lixo da tarde
un grupo de cinco poetas asalta
unha praciña coas suas mesas
megáfono en man e na boca
e botan os seus lixo-poemas

arte lixo nas rúas e nas prazas
de redondela mercalixo obralixo
concertolixo videolixo parnalixo
até o seis de setembro
e a vila dos viaductos está inzada
de esculturas cartaces poemas ...

na imaxe nolim gonzález
e tamén agarraron o megáfono
francisco castro xavier xil xardón
brais ocampo e envolventes

parnalixo o noso espacio
e os poemas voltan o venres
as oito na rúa meixón frío

envolventes


01-9-2013

salvaterra o rio a poesia ...




á beira do espacio da poesía
á beira das murallas de salvaterra
baixan unhas augas cheas de vida

perto de salvaterra os malos
seguen inzando de muiños
ás nosas sagradas montañas
e seguen plantando lumes ...

e din que co lume nos fixemos
empezamos a ser nós no paleolítico
din que tamen foi coa palabra
que se fixeron as nosas tribos

á beira deste desobediente espacio
da poesía
da música de toda a cultura
segue baixando o noso río
coma nós ultimos miles de anos
e daquela por acá nas primeiras tribos
tamen alguen ergueu a sua desobediencia

daquela coas primeiras palabras
co tempo naceu o canto a poesía
os asubíos e alguns golpes
convertironse en musica

á beira destas murallas feitas para a guerra
agora compartimos vida poesía e música
e desobediencia

manolo pipas

01-9-2013

desencontros rupturas...




triste é o cantar que cantamos

mais que facer se outro mellor non hai

rosalía


alguns encontros e desencontros
algunhas confidencias e distancias
varias rupturas e pérdidas

pequenos e medianos golpes
persoais e colectivos
e algún golpe grande
acompañaronme nestes meses

o reloxio está parado as sete
da mañán nestas terras do miño
as doce da noite nas terras do atoyac

inmovil a frecha da brúxula
atascada a miña áncora
pero segue a travesía

lariño