Septembro 2013

30-9-2013

unhas terapias




mentres recibo a terapia

falamos do barrio do tempo
dos corpos das razas da vida...
e a masaxista preguntame
polas miñas pestañas
e dime que llas podia doar

quedoume de ensinar as suas
pero logo non se sacou as gafas
e foi co seguinte cliente

imaxe doutra
pasada terapia



29-9-2013

choveu e ventou

            
 

              estes dias

         choveu e ventou
      cairon moitos froitos
  tumbaron algunha arbore
     e unha folla entroume
      por debaixo da porta
        chegou o outono
                 amiga




27-9-2013

as cinzas e a chuvia




voltaron as chuvias
e fan moita falta
ai que chova pianiño
ai que chova pianiño
que as nubes e as chuvias
non fagan moito máis dano
ai no querido monte pindo
ai en todos os montes amigos
ai en todos os montes amigos

imaxe de hoxe sobre a ría




25-9-2013

o paisano e o biologo




un home sinala as cinzas

o paisano amosa a desfeita
a un home que ben de fora
o vello cóntalle ao novo
da traxedia do monte pindo

un home sinala a morte
o labrego cóntalle a biólogo
cóntalle da vida que se estragou
e do abandono dos de arriba
cómplices dos ataques ao pindo

imaxe www.montepindo.org/



24-9-2013

roteiro monte pindo




do negro ao verde

roteiro reivindicativo
polo monte pindo
do negro ao verde

este sábado 28
saídas as once horas
desde a aldea do pindo
e caldebarcos en carnota

no pindo do negro ao verde
en todos os montes
do negro ao verde

www.montepindo.org/


22-9-2013

equinoccio de outono




o equinoccio o paso

do verán ao outono
cando o sol e a lua
se reparten por igual
esta porción de tempo
tantas horas de noite
tantas horas de día

a lua chea
deu paso
ao equinoccio

lariño



21-9-2013

a caracola e as redes




os sinais de fume

os sinais das antorchas
os reflexos solares con espellos
os sinais das bandeiras

o son das caracolas
e o dos tambores
os cornos as campás
e o silbo da illa da gomera

esa comunicación instantanea a distancia
un emisor e un ou varios receptores
e logo chegou o telégrafo e o teléfono
e parece que abondaba
pero nos ultimos anos …
ai tantas ondas tanta cacharrada
tanta rapidez tantas redes
tan mal enredados …

e que dixo onte a lua chea ?
que vai decir mañań o equinoccio !?
os ventos as mareas !!

lariño


19-9-2013

portas muros e fronteiras




portas muros e fronteiras

soños rotos pesadelos
non nos levan a ningures
os camiños deste tempo

raia seca que te queima
raia humida destroza
miles de aramios de espiños
o teu corazon deboran

ser distinto é un delito
se non te ven non molestas
crudo formigon dos muros
en vez de auga sangue levan

entre gaza e miami
entre tijuana i melilla
pasan miserias e mortes
por enriba da utopia

entre pasado e futuro
o presente mal avanza
mil atrancos que lle poñen
ao camiño da palabra


manolo pipas

texto do libro
viaxe ao pais das nubes
musicado e grabada
polo grupo os carunchos
imaxe destes dias inmigrantes
querendo entrar en ceuta


17-9-2013

noite-dia poemas




COMETA


Arelamos voar nunha aperta de areas brancas
coa brisa e o bruído incesante do mar,
ti ollas unha cometa lanzada na espreita
eu fico en ti, repouso o pracer no teu ventre
imaxino un peixe prendido no anzol do teu sexo
que mergulla inerte nas augas mornas da poza
penisca degoiros de peccata minuta
e brinca e acouga e vibra e acouga
vibra no fío de cada sacudida que palpita.
Para voar ceibes entre cirros de roibén
vou trazar rabiscos de escume nas túas beiras.
Voaremos prendidos ao fío dun papaventos!

alfonso láuzara


poema do libro noite-día de alfonso láuzara
con ilustracions de elisabete pires bebeth
e limiar de rosa enríquez
editado po q de vián cadernos
que se presenta na cova dos ratos
rua romil 3 vigo o sabado
21 de setembro as 20:30


16-9-2013

victor jara presente




aquel 16 setembro de 1973
quixeron parar a voz de víctor
pero as jaras seguiron florecendo
do disco la población 1972 a historia 
de luchín un neno enfermo dunha familia
que con outras ocuparon unhas terras

e foi acollido un tempo na casa de victor


luchín

frágil como un volantín
en los techos de barrancas
jugaba el niño luchín
con sus manitas moradas
con la pelota de trapo
con el gato y con el perro
el caballo lo miraba

en el agua de sus ojos
se bañaba el verde claro
gateaba su corta edad
con el potito embarrado
con la pelota de trapo
con el gato y con el perro
el caballo lo miraba

el caballo era otro juego
en aquel pequeño espacio
y al animal parecía
le gustaba ese trabajo
con la pelota de trapo
con el gato y con el perro
y con luchito mojado

si hay niños como luchín
que comen tierra y gusanos
abramos todas las jaulas
pa que vuelen como pájaros
con la pelota de trapo
con el gato y con el perro
y tambien con el caballo

víctor jara

15-9-2013

cancion de jazz




ao final

da barra do bar
o cuarteto de jazz
a triste canción do río
nesta noite un desafío
que non chega ao mar
que segue outro camiño

bar hipólito onte
baraka jazz project
con daviña

lariño


13-9-2013

montaña sagrada o pindo




o pindo a montaña sagrada

na mesma liña e paralelo
que fisterra e compostela...

subín ao monte pindo
so duas veces
pero esta sagrada montaña
coidou de min e dalgúns de vós
no longo tempo do chapapote
ducias e ducias de días
en lariño lira boca de río quilmas...

e o monte pindo era
a nosa visión desde a xanela
naquela casa de lira
a montaña sagrada tantas veces
coberta polas nubes

o sagrado monte pindo
queimárono outra vez
eses e os seus complices
son os terroristas e asasinos

lariño