Xullo 2016

16-7-2016

marenostrum lobos e jaurias

 


falan de lobos solitarios

e os lobos son animais sociais

e os solitarios son os que foron

por algunha escura razón

expulsados da manada

 

falan de lobos solitarios

para non falar de enfermos

de sicopatas asasinos...

e logo están as jaurías do dáesh

e hollandcameronmerkelrajoy…

tamén serán unha jauría...

 

entre nice e túnez as palmeiras

e ese pouco de auga nostrum

o mediterraneo o maremortum...

 

o cronista


 

 

14-7-2016

nocturna por alejandra

 


alejandra pizarnik

obra poética completa

 

obra

poética

completa

 

que tres palabras

máis grandes

 

catrocentas cincoenta páxinas

para trinte seis anos de vida

e puideron ser algúns menos

que ela non aguantaba máis

 

versos profundos que doen

poemas dunha vida profunda

que non puido escarbar máis

 

 

un ano despois volto ler

a alejandra pizarnik

máis de día que de noite

e coa luz e a calor destes días

a súa terra allea as súas sombras

a última inocencia as aventuras perdidas

a árbore de diana os traballos e as noites

o inferno musical e máis sombras

 

a dificil respiración

a palabra e o silencio

o nocturno de chopin...

 

se buenos aires xa era

demasiado agresivo e grande

como sería parís para ti ?

 

o poema vai durar

tanto como esa noite

aínda que ti so escribas

catro versos vinte palabras

 

manolo pipas

 

12-7-2016

unha vulgar festa

 


unha vulgar festa

coma calquera outra

coa escusa dun santo

un encontro moito

máis civil que relixioso

 

a tribo e os visitantes

nun orxía musical gastronónica

alcoolica e hiper-consumista

pero neste caso con torturas

e masacres de animais

e parece ser que estes días

durantes as festas

foron violadas varias mulleres

na honra do santo fermín

 

no veciño aragón un toureiro

morréu en accidente de traballo

outros dirán que defendendo a patria

un touro matóuno en defensa propia

 

o cronista


 

 

 

10-7-2016

encontro de poetas

 

 

encontro de poetas en idioma

galego polas terras de outes

 

roteiro polos lugares

do escritor francisco añón

e unha ofrenda de flores

na súa merecida estatua

 

unha foliada na carballeira

un convivio un xantar entre libros

e un macro-recital de poetas

en tandas unidas pola música

 

unha morea de poetas que se encontra

convidados por manuel lópez e ramón blanco

e eu encontraríame raro entre tantas voces

pero tería ido se non perdese o barco

 

manolo pipas


 

 

 

10-7-2016

pinceladas do imaxinasons

 


protagonistas e pinceladas

do imaxinasons para

imaxinar as imaxes

 

 

entre o jazz e os tangos

paseniño e pianiño

na carambola fiando

dos títeres ás baladas

alberto cuarteto piano

 

 

aki takase das illas

onde florecen as cerdeiras

co seu ritmo a centroeuropa

e nas teclas brincan notas

do piano brincan pelotas

que fermosa brincadeira

 

 

pouco antes do concerto

da orquestra de matosinhos

o saxo de guimarâes

coa panificadora de fondo

vai quentando o seu metal

 

 

solista orquestra

banda cuarteto trío...

o imaxinasons despídese

que siga este desafío

 

 

 

09-7-2016

treme imaxinasons

 


á sombra do liquidámbar

no republicano paseo

manan cantos paxaros e augas

 

os beizos ábrense

baleirando maios e lúas

vibran as cordas

e vermella ponse a voz

e as baladas de treme

na recuperada rúa

o imaxinasons

 

treme son su garrido

e margarida mariño

 

manolo pipas


 

09-7-2016

o fotografo do jazz

 

 

o fotógrafo do jazz

cos seus ollos protexidos

entre uns estraños fíos

a cámara vai disparar

de teis para nova orleáns

cada retrato cumprido

 

esta toma sorprendente

retratador retratado

cos seus sons imaxinados

foi no concerto de treme

 

a carlosdeteis a pesares

de abandonar o seu blogue

por ese pinche faceboo-kkk

 

o cronista

 

 

08-7-2016

retratos de jazz

 

 

impresións retratos de jazz

bo trato do ollo do carlos

en tres anos de concertos

polas rías baixas

 

retratos de jazz impresións

o vello swing en branco e negro

fotografías expostas sobre granito

entre cordeis das mesmas cores

e da a impresión de que os músicos

van sair tocando pola porta

do pequeno patio de guixar

pra coller un comboio

 

fotos carlosdeteis

versos pipasdecoia

 

07-7-2016

os tarros e os balcons

 

 

no balcón do piso de arriba

os tarros perderon as plantas

se cadra está abandonado

 

abaixo nos tarros o vivo verde

plantas e unhas poucas flores

que ollan incrédulas os tristes

tarros baleiros de arriba

 

pipas

 

 

05-7-2016

cartas contactos e fíos

 

 

martín camiña entre cartas

entre contactos e fíos

mui bo tacto ten a maxia

maxia é facer o viño

maxia é repetir goberno

movendo os outros fíos

 

bos fíos contacto e cartas

pero che faltóu amigo

cooperando coa causa

polo ben dos nosos fillos

esconder o conselleiro

nas barricas do bo viño

 

na imaxe martín camiña

nas bodegas viña costeira

nos premios cooperativistas

 

03-7-2016

as uvas medran ben xuntas

 


pola terra da uva branca

ribadavia sobre o val

do cooperativismo

día internacional

 

as uvas van en camballos

nun proxecto van unidas

o madurar todas xuntas

ser semente e ser com(beb)idas

 

viña costeira e urdime

regaláronnos o tempo

con cariño e con retranca

e con maxia foi o evento

pero eu fun polo servicio

cando fala o conselleiro

 

os premios cooperativos

entréganse neste día

bos traballos sete agá

ítaca ... e cidadanía

 

puxo o broche da xornada

caramuxo o colectivo

mentres foron devorados

ribeiros brancos e tintos

todos nós en asemblea

cos pinchos cooperativos

 

manolo pipas

 

 

02-7-2016

as liñas da floresta

 

 

eses fentos e carballas

castiñeiros e arcolitos

os bambús e as silveiras

horizontais verticais

e diagonais os sentidos

e esas liñas da floresta

 

nas chozas