Xullo 2016

31-7-2016

nostalxia

 


díxome unha amiga

todo poema é unha nostalxia

o regresar e tamén a fuxida

e un pouco de maxia

 

lariño



 

 

 

 

 

29-7-2016

de martes a venres

 


esta semana de martes a venres

nas mañáns a rapaza dos tacóns

chega á parada do bus

case sempre entre as últimas

co seu bolso nunha man

e un cacharriño na outra

e ás veces non lle deu tempo

acomodar os seus cabelos

cunha fita ou cunha pinza

e faino mentres olla na pantalla

que falta un ou dous minutos

para o noso bus

 

chega o transporte

mal chamado público

cando é colectivo privado

e ela vai subir das primeiras

e busca o seu asento

e segue co seu cacharriño

a comunicarse co mundo


agardarálle día

de traballo mui duro

 

o cronista

 

27-7-2016

de regueifas en bouzas

 

 

vigo en galego no verán un conto

e agora regueifas pro repetable

a normalización do concello

do pouco que é alí salvable

 

a cultura e as obras pagámolas nós

eles escollen pagan e pasan o cazo

normalizado teñen os gobernantes

empregar sobre todo o castellano

defender o de fora e aos de arriba

porriba dos veciños pasar cun barco

 

hoxe vai tocar en bouzas

os contos coas regueifas

non foi doado atopar

lugar limpo na alameda

normalizado parece

non limpar se hai unha festa

 

anunciados regueifeiros

o caruncho e o benito

sumaronse tres rapazas

a botar os seus versiños

lara  silvia  e  iolanda

van facendo os seus pinitos

 

vigo no verán un conto

e chegados a estes punto

parabens ao regueifeiros

o benito e o caruncho

bos activistas do verso

retanqueiros ben profundos


e seguiu o pasarrúas

por esta vila de bouzas

e paramos no peirao

a tomar e botar coplas


versos botados cos compas

mais outros novos

manolo pipas

 

25-7-2016

da alameda a angrois

 


compostela 25 de xullo

día da matria o noso día

as consignas os encontros

as apertas os convivios

e máis consignas e peticións

e que mais que máis!?

 

eu pensei nas ausencias

nas que non poden estar

e aos que non lles deixan vir

 

e pensei nas mortas e feridos de angrois

sen verdade sen xustiza tres anos

despois daquel accidente-delito

verdade e xustiza pras persoas daquel tren

daquelas vías daquela curva de angrois

ex-misistra presidenta do parlamento

español ana pastor dimisión xa

e que caian outros complices e culpables

 

e pensei no santiago matamouros

nas relixións nas guerras nos imperios

e na falsa paz dos explotadores

 

e pensei na división do galeguismo

do nacionalismo do independentismo

e na división dos de abaixo á esquerda

 

os encontros as apertas

as consignas os convivios...

 

o cronista


24-7-2016

a estrela o camiño a matria

 

 

a estrela e o pre-romano camiño

que para á beira do sar do sarela

e logo o paso debe seguir pro mar

subindo ao pindo e pra fisterra

 

e mañán vintecinco de xullo

día da matria compañeira

vémonos nas rúas nas prazas

da vella e ferida compostela

na defensa da tribo da cultura

da outra estrela e da terra

so por iso temos varios compas

independentistas nas cadeas

 

manolo pipas


 

 

 

24-7-2016

un oriental en coia

 

 

no camiño onde eu nacín

walter cesar o oriental

na terraza do cancillas

vai o charrúa cantar

entre figueirido e tui

ten un público plural

diante poñense as cativas

outras vanse columpiar

nesta terraza de coia

os maiores van detrás

 

cantos de todos os tempos

chámase este recital

sabina e a negra sosa

alfonsina cruza o mar

silvio e pablo antonio vega

fados tangos carnavais

e tamén os temas seus

desde coia ao uruguay

na terraza do cancillas

este gallego oriental

 

pipas


 

 

 

23-7-2016

letras academia escritores...



letras galegas dous mil dezasete

para o escritor editor carlos casares

e o polígrafo ricardo carbalho calero

unha vez máis foi rexeitado

e que pensaría casares de ser el

quen desprazase a carbalho desta honra

e que pensarían manuel maría lois pereiro...

e tanto alonso montero como méndez ferrín

serán lembrados como os presidentes

dunha academia sectaria e excluinte

 

morréu agustin fernández paz

o escritor máis querido das nosas letras

decían nos medios falando da súa obra

rica extensa con miles de exemplares lidos

pero agustín non foi nomeado membro

desa academia sectaria e excluinte

de iluminados con moi pouca luz

 

o cronista

 

22-7-2016

paxaros e estreleiras

 


baixando pola doblada

camiñando pola esquerda

xusto na esquina da ciga

comenza a rúa da pega

as outras rúas que seguen

son de aves da floresta

bubela canario e merlo

todas levan a estreleira

 

o carrizo e o reiseñor

son dúas rúas que se atopan

tamén no medio do bosque

poden compartir a pola

rúa águia e faisán

e na rúa da gaivota

estas limpadoras aves

aproveitan unhas sobras

 

como vedes nesta imaxe

hai un parque entre as rúas

e alguén puxo a bandeira

nesta fermosa escultura

nos paxaros que quixeran

vir con nós pra compostela 

xa non lembro a que manifa

na defensa desta terra

 

o cronista


 

20-7-2016

formas da vida

 

 

hai unhas semanas

pasei por este banco

de concheiros en compostela

e non tiven o tacto de sentarme nel

entre as rosetas e as estrelas

e as liñas e rodas da vida

e tamén detrás del na baranda

coma unha serpe enrédase

o ganchillo coas súas flores

 

pipas



 

18-7-2016

oitenta anos da guerra do 36

 

 

oitenta anos do golpe de estado

do principio da guerra oitenta anos

 

meu pai nacéu no medio da guerra

a miña nai no principio da dictadura

os meus avós non colleron as armas

na mal chamada guerra civil

e de cativo non lembro ter oido

na casa falar da guerra e da posguerra

 

cuando era pequeñito

me cagaba en el barranco

i ahora que soy mayorcito

me cago en francisco franco

badabadun badun ...

cantábamos de cativos

sobre o general das moedas

 

oitenta anos do sanguinario

golpe á democrática republica

oitenta anos da guerra do 36

e a república non foi quen

de loitar unida contra o fascismo

e perdeuse o frente popular

 

agora na postdictadura

e ilexítimo réxime monárquico

os herdeiros dos fascistas

seguen en moitos poderes

 

e nestes anos que pouco

temos aprendido

 

o cronista

 

18-7-2016

tupac amaru exemplo

 


túpac amarú de jujuy

organización barrial

comunitaria e cooperativista

que da vivenda traballo

educación saude cultura …

aos poboadores excluidos

desta rexión indíxena e mestiza

do norte de argentina

 

molesta que vivamos dignamente

somos un ejemplo y una advertencia

escoito no documental

túpac amaru algo está cambiando

e asi se espallóu a idea

con novas organizacións

noutras rexións de argentina

e asi desde xaneiro hai 12 presos

da organización por delitos inventados

 

onte no café de catro a catro

organizada por mundo

sin guerras y sin violencia

 

 

17-7-2016

marenostrum palmeiras e chansons

 

 

as palmeiras dos luxosos

paseos da costa azul

poden ser fillas ou netas

dos golpeados dátiles

de tabarka e bizerte

e as augas de nice vanse

tristes para as costas de túnez

 

escoito as mediterraneas

chançons de georges moustaki

esas que non queren escoitar

moitos franceses e tunecinos

 

o cronista