na tardiña do día da matria
en compostela entre libros
do manuel maría coincidín
coa amiga poeta concha rousia
e os dous reparamos nas navallas
coa triada de versos grabados
do seu poema o aradiño cantiga
do primeiro fuxan os ventos
e dixo concha que nós xa temos
moitos libros de poesía para ler
e os dous mercamos a navalla
logo atopo a tamén amiga
e poeta iolanda aldrei
e contándolle esta historia
dime si xa teño o libro da concha
e nada sabía nen ela me contóu
e o poemario acompañóume
nas costas e logo no comboio
xa cunhas follas abertas
se os carvalhos falassem
estóu a ler estes días
e algo me falan as árbores
desde as follas até as raices
e algúns dos seus poemas
cortan coma unha navalla
outros labran coma o arado
sementan cantan florecen
berran susurran...
manolo pipas