Agosto 2016

31-8-2016

drama traxedia federico

 


escoito os versos de federico

na voz do cubano vicente feliú

na voz do republicano paco ibáñez

nas voces dos chilenos quilapayún

na voz do seu veciño carlos cano...

e leo algúns dos seus poemas

dos que descoñezo se teñen música

a poesía o teatro a canción de lorca

 

e os seus versos que máis me din?

esas voces que máis expresan suxiren?

contanme dun home atormentado

pero esperanzado e moi activo

cóntanme duns pobos golpeados

pero que soñaban e avanzaban...

 

oitenta anos sen garcía lorca

tardei uns días en escribirche

poeta dramaturgo que drama

que traxedia aínda agora

non saber da túa tumba

que en silencio segue

a reclamar xustiza

 

federico ao piano

e debuxo do creador

 

29-8-2016

XXX festival da poesia no condado

 

 

da poesía trinta festivais

trintecinco anos de poesía

que o festival fallóu algúns anos

e logo voltou con máis enerxía

 

o festival da poesía no condado

é un encontro poetico-musical

que organiza a sociedade cultural

deportiva do condado con bos rimados

 

do mil novecentos oitenteun

até este ano foron moitos poemas

o primeiro ano en mondariz

logo salvaterra salceda ponteareas

porriño e voltóu ao miño e asentóuse

como xa sabedes en salvaterra

 

o centenario das irmandades da fala

este ano vaise lembrar e teremos

poesía exposicións pasa-rúas audiovisual

feira xogos pequeno comboio concertos...

en salvaterra do miño dentro da muralla

venres e sábado dous e tres de setembro

 

son moitas as voces e as mans

pero como o festival é da poesía

e no cartaz non se len nada ben

teño que destacar o nome d@s poetas

rochi nóvoa antía otero emma pedreira

mário j. herrero rui spranger ana romaní

aurora boreal oriana méndez jesús castro

manolo pipas lara dopazo e antón blanco

 

mais info en scdcondado.org

 

 

 

28-8-2016

castelo carballeira populares

 


o nobre e magno castelo de soutomaior

aos populares non llo prestóu a deputación!

e non hai máis castelos na nosa terra

que tiveron que marchar a xusta carballeira?

a mítica carballeira de san xusto

encheuse de mentirosos ladróns e corruptos?

 

señor presidente en funcións mariano

os seus cargos canto teñen roubado?

o mellor xeito de evitar terceiras eleccións

é que presente a xusta dimisión

 

o cronista


 

 

 

 

28-8-2016

solpor entre arbores

 

 

o solpor do recheo de guixar

coidado todos os días polas árbores

graciñas amigas boa lúa e até mañán

 

solpol de antesdonte

 

 

 

27-8-2016

o solpor e a cea

 


este solpor de onte

estaba como para comelo

pero se cadra o guindastre

podía ser algo indixesto

 

por sorte uns metros máis

adiante e hora e media despois

no patio de guixar houbo cea colectiva

deses vegan@s clandestin@s co sabor

da ensalada de garbanzos e hortalizas

empanada de soia con cebola e algas

e de postre batido de amendoas con piña

todo rico boa conversa e até a vindeira panchada

 

manolo pipas

 

26-8-2016

desfollando as margaritas

 


o señor presidente en funcións

logo do seu breve paseo matutino

dúchase e séntase no seu despacho

toma un colacao con galletas maría

le o marca o as o abc e a razón

ve o seu grandote mapa deeeeespaña

pon un disco de manolo escobar

e colle dúas novas margaritas

igual que todos os populares días

dos últimos insultantes meses

 

onte foron flores andaluzas

hoxe traidas do país valensià

e o señor presidente disfuncional

ponse a desfollar as margaritas

me apoya no me apoya me apoya no ...

se abstiene no se abstiene se abstiene …


o cronista



 

 

24-8-2016

en funcions

 


como hai oitenta anos

o estado español en guerra

daquela coas armas

agora coas palabras

e as leis postfranquistas

que nos teñen atados

 

hai oitenta anos

con dous gobernos

cun desgoberno en funcións

nos últimos oito meses

 

o cronista

 

23-8-2016

a edra e os fantasmas

 


lembro cando a edra

estaba viva e vida daba

quen sabe se o coberto

pozo aínda ten auga

so os máis vellos do lugar

lembran a casa habitada

 

cando ela perdeu o tellado

se cadra marcharon os fantasmas

 

por matamá


 

21-8-2016

brillantes medallas

 

 

unha medalla de ouro

e unha medalla de plata

de que minas en que condicións

foron extraídos os brillantes minerais?

logo dunha carreira ou partido brillante

despois de miles de horas de entrenamento

para os chamados deportistas van as medallas

e seica os deportistas son un exemplo

de que ? de espectáculo

de insultante negocio

moitas veces de dopaxe...

 

e ese atleta di ser o mais grande

e comparase con muhammad ali

e quen é el quen é ese homiño ?

simplemente unha persoa

que corre máis que os outros

porque unha noxenta empresa

lle paga os entrenamentos

 

quen se lembra dos operarios mortos

en accidente por traballar en malas condicións

na construcción das instalacións da olimpiada?

foron 11 até finais de abril

pero logo non atopo mais datos!

e quen paga as medallas e os diplomas ?

as obreiras explotados polas marcas deportivas

e as outras noxentas empresas

brillantes medallas brillantes records e marcas

marcadas na pel de miles de persoas

lembro de visitar presos politicos en méxico

que no penal gañaban uns pesos cosendo

noxentas pelotas de futbol


no estado policial do brasil

poucas foron as protestas

e no río de janeiro os cativos

a darlle patadas a unha pelota

nas golpeadas favelas


o cronista


 

20-8-2016

outras envolventes palabras

 


a palabra envolvente

aparece póñoa escríboa

nalguns dos meus poemas

acompañando a outras palabras

e van todas elas darredor

da envolvente memoria

 

tamén a dor e a morte

son palabras envolventes

e tamén a tortura é unha

cruel forma envolvente

 

a memoria e as palabras

envolvente imaxe

 

 

 

18-8-2016

palabra envolvente

 


a palabra envolvente

aparece póñoa escríboa

nalguns dos meus poemas

 

envolventes palabras

augas envolventes

envolvente este bosque

tamén o muiño da foto

no pasado envolvía o gran

 

envolventes sombras

 

río sabriña

 

16-8-2016

curiosa fonte

 

 

o tronco do amieiro

vello tronco seco e morto

pero co pe sempre húmido

que non para de dar auga

e vida

 

no roupeiro paraños

á beira do xabriña