décimo romanceado
proposta dun exercicio
para compoñer uns versos
nesta lúa ventureira
nós un número escollemos
e un dos días da semana
algún dos catro elementos
unha árbore unha cor ...
baleas viaxes ventos
reflexións ritmos raices
vai saindo sentimento
eu podo ser
eu podo ser un xoves igual
de longo que calquera outro día
desa secuencia de sete xornadas
o xoves no medio da semana
da nosa cultura post-castrexa
para min este día
ten moitas enerxías
moitas boas algunhas malas
e ten mais vento que auga
entre o salgueiro e o freixo
o xoves é coma unha lúa chea
pequeniña con moita enerxia
venres tarde
na profunda noite
sentin na profunda noite
a presencia dunha figura estraña
como un animal moi dificil de ver
pero que estaba ali impasible quedo
un animal que debía berrar
pero que estaba calado mudo
un ser cunha pelaxe
que non era da súa cor
no soño esta era moi agresiva
décima jarocha-galaica
nove darredor da mesa
coas palabras nós xogamos
conducenos yendi ramos
polas augas e debesas,
con relajo ás veces presas
poetica serpentina
somos vellos e meninas
camiñando nos olores,
as dores estacións e cores
os sabores da terriña
sabado 2 na mañá entre granito
fotos sofia da bibliteca castelao