juchitán o lugar das flores
coñezo un pouco esta cidade
do istmo a rexión dos ventos
de oaxaca golpeada polo terremoto
coñecin a cidade de juchitan co recorrido
da caravana da otra campaña polo 2006
jalapa union hidalgo la venta...
e voltei coa caravana jaguar
e aos encontros en defensa da terra
e coñecin a barriada popular da sétima
polas visitas a radio comunitaria totopo
camiñei jalapa vello cando baixaron
as augas da inmensa represa
platiquei na radio arco iris...
e na ultima visita ao istmo estiven
na veciña xadani e a sua radio comunitaria
todas dignas xentes fillas do millo
todos lugares golpeados polo mal-goberno
os muiños de vento e as transnacionais
agora golpeados polo terremoto
como outros lugares do pobre méxico
que agardemos que se levanten
juchitán e o istmo
probocaron varios textos
publicados neste espacio
que podedes ver co buscador
manolo pipas