extraño paco estraño
extraño paco extraño
este cocheno xograr
que hoxe colleu o piano
enredado nas historias cotiás…
e o paco vai cantando
do negra sombra ao galo do vento
sempre por estes lugares tan extraños
canta paco o humor e desamor
olvidarme de ti sin descanso
e ás veces esquece as letras das cancións
robin hood asina paco
nos seus correos eleutrónicos
coidado que vos rouba o corazón
pedro e as chamacas
cando pedro rasgaba a guitarra
lembroume ao meu compa chinto
de morelos o flaco cantando
co seu poncho vellos corrridos...
ao cantor pedro román coñecino
hai anos entre as súas aulas
e as nosas digamos artes
e atrevéuseuse a musicar
o diálogo do mercado de zimatlán
dos meus queridos valles centrales
no altiplano a familia zapoteca
dragonciños a voar debaixo da serra madre...
o diálogo agora conto e canto infantil
entre terras e culturas unha soa comunidade
e seguiu a trova e a poesía
no micro aberto houbo unhas propostas
de homenaxearnos entre nós
e a min tocoume o estraño paco
e reciteille a pablo e iria
e ao pedro román toqueille eu
e pablo vila musicóu e cantóu
o meu poema náufrago
captando a súa esencia
e fixo unhas poucas rimas
para xs que collemos o micro
que fomos máis dxs da cronika
nas fotos pablo e paco e pedro
manolo pipas