Xullo 2018

31-7-2018

teluricas augas de freixo

 


augas do alén e do ouro

arriba o lavadeiro

do regueiro do alén
e abaixo a fonte do ouro

co seu lavadeiro 

telúricas estas dúas
augas de freixo



30-7-2018

muller e nai represaliada

 


muller e nai
juana rivas muller e nai
maltratada polo seu ex


muller e nai

pola chamada xustiza

apartada das súas crianças
por defendelas coa súa ética
e condeada a prisión


juana rivas

muller e nai maltratada
e agora represalida
pero apoiada por miles de mulleres
homes fillas fillos avoas veciñas…
e as crianças sofren maltradadas
polo inhumano aparato xudicial

e e estes días en moitas

prazas e xulgados
o berro destas e doutras
verdades-consignas

se é machista non é xustiza
se tocan a unha tocan a todas

xustiza espanyola
machista e represora

esa xustiza é represión
juana rivas absolución


na inxusta cidade de vigo



29-7-2018

freixeiro palco natural

 


monte arieiro de freixo
na canteira do dorindo
grandes pedras e penedos
palco natural que agarda
contos músicas e versos

pipas



29-7-2018

vellos camiños de freixo

 


vellos camiños de freixo
daqueles carros de bois
uns en uso outros cobertos
por moita vexetación
aquel gran lume de outubro
que tanta vida arrasóu
descobriu tamén camiños
que fixeran os avós

da furna pro arieiro
o camiño abandonado
lévamos até a canteira
do dorindo entre ramallos
o colectivo chan grande
activistas voluntarios
coa debida ferramenta
foron limpando o espacio

camiños vellos de freixo
atrás os carros de bois
e quedan poucos chimpíns
nestas terras do radón
sobra acacia e arcolito
faltan freixos e falcóns

camiños e natureza
precisan outra enerxía
a memoria das máis vellas
van peneirando as cativas
moito por recuperar
roteiros de ecoloxía


o neto de manuel

piñeiro o freixeiro 
manolo pipas

 

27-7-2018

marti moncada solidariedade

 


neste parque
entre as árbores
no día do moncada
corre un pouco de aire
pero entre usa e cuba
corre aire viciado
polos yanquis 

neste parque
música e palabra
un libro a solidariedade

as árbores coidan da escultura
do político martí e de nós
e o poeta josé martí coida
de nós e das árbores 

na presentación do libro
contra o bloqueo nós con cuba
da asociación de amizade galego
cubana francisco villamil

manolo pipas

26-7-2018

pedro trigo e o moncada

 


a pedro trigo de cuba
polas rías coñecín
entre barbudos e cravos
nun rebelde mes de abril
falando do seu moncada
que axudóu a combatir

cairon julio e abel
asaltando o hospital
preso e xulgado fidel
la historia me absolverá
loita clandestina e gramma
mais trigo se ten que exiliar

pedro non pudera estar
cos seus compas pola serra
e cando trunfa a revolta
volta e súmase a tarefa
alfabetizando ao pobo
que tiña negado as letras

e cumpriu noventa anos
pedro trigo de viveiro
de barcelona a la habana
anda agora o abuelo
os pes lentos gran memoria
deste home tan modesto

pedro trigo do moncada
amigo de conversar
e un viveiro é un criadeiro
para logo ir a plantar
e ben sementóu o trigo
co moncada moito pan


no aniversario ao asalto
do cuartel moncada
foto do ateneo de moaña
pedro trigo co 25 de abril

manolo pipas


25-7-2018

desta terra

 


desta terra pola fala
polo pobo e a súa teima
esa historia que nos une
que mal coñece esta terra

desta terra pola lingua
polos castros polas meigas
esas raices que temos
de mestizaxes a esencia

desta terra pola chuvia
vella esquina das fisterras
de chapapotes e lumes
e que limpen as galernas

desta terra que se busca
na calor dunha lareira
nas prazas cantas preguntas
con bandeira ou sen bandeira

de mendiñx a rosalía
desta terra en grandes letras
castelao manuel maría...
que non perda a cor a estrela


versos abordados no 2016
que van medrando nos recitais
pero hoxe case tiro algúns deles
titulo da décima de neira vilas

imaxe atopada na rede 

manolo pipas

 

24-7-2018

das arbores de castelao 8

 


árbores de castelao
velliños chopos amigos
ben sabedes que por vigo
anda un tolo gobernante
motoserra o seu talante
porque nós o consentimos

chopiños de castelao
vellas árbores amigas
que tremenda inxustiza
din que estábades enfermos
no voso tronco ben vemos
a súa grande mentira


seica é por construir

un carril pra bicicletas

xs que moito pedalean

prefiren mover o corpo

entre carballos e chopos

debaixo de boa floresta

un veciño de coia


23-7-2018

querida nicaragua

 


o de perfil máis baixo  
dos comandantes sandinistas
decían de daniel ortega
naqueles anos oitenta
se cadra un home de consenso
entre os outros guerrilleiros 

e os poetas ministros

 


trintenove anos despois da revolución
ese falso-sandinista aí segue
agora coa súa esposa vice-presidenta
indo contra os yankis pero vendendo
parte de nicaragua ao imperio chino
agora coma un novo somoza
matando os rebeldes estudantes
netos e netas da revolución

pipas

 

 

 

22-7-2018

mosaico do solpor



o solpor desde o paseo
sobre a cidade e a ría
un grande mosaico
do que algunhas pezas
non saen na foto

empezaban a tocar
pasaban barcos
uns tomabamos fotos
outras camiñaban
alguen espera …

pipas




22-7-2018

franco fraga casado...



aquel que dixo la-calle-es-mía
manuel fraga ministro do dictador
fascista caudillo de españa
por la gracia de dios según eles
foi tamén herdeiro político
do golpista asasino e pablo casado
é un dos herdeiros de fraga e franco
e aái están as súa palabras
na defensa da súa memoria

e josé antonio primo de rivera !?
que relación poderá ter

con alberto carlos ribera medio

primo do casado que logo
mudóu para albert rivera !?
fará outra mudanza?

 

o cronista


21-7-2018

pola ultima muller

 


golpes de percusión

e música de raiba
pola memoria e loita
das mulleres asasinadas

a feminista pintura
de tantos golpes no tambor
contra machismo e capital
vaise derramando...

pola memoria e loita
das mulleres asasinadas
golpes de percusión

música de raiba


na concentracion de onte
polo ultimo feminicidio

perto de nós aínda

que todas están perto