Outubro 2018

10-10-2018

enferma sanidade

 


menuda banda esta
da sanidade privada/publica
varios medicos en urxencias e logo no ingreso
e un feixe de probas analises... e resultados
para un lucido diagnostico da boca do medico
que eu xa fixera hai anos co sentido comun
unha pacente non pode tomar ao dia
tantas e tan potentes pastillas como 20
pola memoria depresión corazón
osos tensión relaxante...
pero finalmente o diagnostico do informe
so fala dunha anemia ... e recetan outra pastilla

e o dia despois a medica de cabeceira

di que ten pouca anemia ...


a sanidade escrava

das empresas farmaceuticas
e muitos medicos pasanse

como vendedores de pastillas

en povisa e na casa

coa miña nai
manolo pipas



08-10-2018

arrincar arcolitos



arrincar arcolitos
é un exercicio saudable
e non é un deporte nen un xogo
sobre todo darredor das casas
e para alguns non é voluntariado
é activismo comunitario
feito en grupo ou mesmo so
cando a maioria dos veciños
e a administración teñen
o monte abandonado


arrincada combocada
por veciñ@s de freixo
contra o lume


06-10-2018

anacos de granito



estes anacos de granito
chegaron dunha canteira
aquí perto

postes de abandonadas viñas
como esculturas fantasmas...
arrecendos


na ghaspara


04-10-2018

o rego e os campos

 


por baixo do campo
de millo pasaba o rego
e agora entre pedras
vai pasando por baixo
de carballos e fentos

anos antes perdimos as viñas
pero a auga do rego segue
igual de rica


na ghaspara freixo