izta e popo
é unha parella de avós
que esta medio dormida
na serra nevada
duas montañas dous volcans
unha parella de xigante
iztaccihuatl a muller dormida
quen sabe se algun dia espertará
o popocatepetl que ben dormia
medio espertou hai poucos anos
pero agora é so un rumor un suspiro
que non quere espertar a iztaccihuatl
izta e popo dous volcans
dous vellos xigantes
que este inverno pintou de branco
dous corpos quentes que pasan frio
pero que de lonxe coidan do altiplano
das cidades e dos restos do texcoco
entre texcoco
e o reclusorio sur 11-2-10