Marzo 2010

14-3-2010

haikus triadas

a tua triste xanela

coa sua cortina

xa está contenta



a terraza arriba

abaixo casa e terra

e a lua desprendida



a estrela ten cinco puntas

a lua é unha punta soa

as veces clara outras escura



oaxaca chiapas 3-10

14-3-2010

por los tuyos por los mios...

por los tuyos por los mios
por los nuestros





Vamos a convocar a nuestros muertos
A llamarlos, a nombrarlos, a convidarlos
Para que canten con nosotros,
A pintarnos las caras de arco iris y ternura
Para que se sienten a la mesa
Para que brindemos
Para que riamos sin vergüenza
Para que lloremos borrachos

Vamos a decirles todo aquello que se quede
Entre la garganta y el corazón
Les llamaremos hermanos, amigos, compañeros
Les diremos, te quiero, te extraño
y complices de sueños

Que no se nos olvide nada … nada
Porque mañana tendrán que irse
Y verás que nuestras flores tan alegres
También recibirán el mensaje de los relojes
Se irán de a pocos
Poquito a poco, se marcharán al olvido

Por tus muertos
Por los míos
Por los nuestros
Vamos a sentir el viento huracanado de la vida

Estuardo Álvarez

sobrevivinte guatemalteco
poeta e pintor da agualuna
e do taller alkimia de chiapas



13-3-2010

entre o istmo e chiapas

.

poucos foron os longos dias
entre o istmo e chiapas
con reencontros e versos

poucos foron os longos dias
de radio totopo a fenosa
e xadani co seu rompevento

s cristobal e o novo andador
guatemala tan perto tan lonxe
agua luna i tierradentro

poucos foron os longos dias
de non sei cantas horas
cantas as idas e os regresos

altos-xadani 13-3-10

13-3-2010

xadani e o vento

a comunidade de xadani

debaixo do cerro en zapoteca

na chaira perto do mar

por onde entra tremendo vento

no estreito de mesoamerica



hoxe como nos ultimos anos

ante o acosos das electricas

vellas e vellos labregos

defenden a cultura e a terra



xadani istmo 13-3-10

12-3-2010

mercado chiapaneco

o mercado chiapaneco
unha muller tzotzil vende
pulseiras colgantes morralitos
e a esquerda da sua mesa
nunha caixa de carton
a sua filla xoga con monecos
de plastico da china

outra muller vende blusas
co seu fillo no reboso
que mama cos ollos pechados
un leite de millo e frijoles

noutra esquina do mercado
un home e un neno predican
e parece que poñen a venta
anacos do ceo ou do inferno

s cris de chiapas

12-3-2010

polo val da jovel

camiñamos cara o este
o sol sae un pouco antes
en chiapas outros cerros
outro val ainda mais elevado
movese esta outra cidade
outros pobos a mesma loita

terra adentro as montañas
mais adentro bosques e selvas
terras de mais palabras

a mediterranea colocha
palabras silencios olladas
ai vai coa sua lua nova

outra chaparrita
cortou a sua trenza
pero firme camiña

mestiza agua lun
a lua reflexada na auga
a auga reflexada na lua

val de jovel 12-3-10

11-3-2010

o caracol zapatista

lento avanza o caracol por esas frias montañas

e por esas quentes selvas el avanza



lento avanza o noso amigo declarando a sua palabra

con pingüinos e duritos de chiapas



polos altos entre neboas o caracol sube e baixa

de oventic a huitepec non se raja



como unha espiral sen fin

caracol de digna rabia

lenta pero avanza pues

a palabra



entre piñeiros por morelia pasa mais comunidades

chega ao rio de auga azul este cuate



pola selva lacandona entre ceibas e amates

lento avanza o caracol paliacate



pobos mayas zapatistas choles e tojolabales

os tzotziles e mestizos e tzeltales



vai deixando a garrucha pola zona norte avanza

o caracol chiapaneco non se raja



como unha espiral sen fin

caracol de digna rabia

lenta pero avanza pois

a palabra



oaxaca-chiapas 3-2010

11-3-2010

emiliano y ricardo

emiliano

el bigote y el sombrero
esos ojos de zapata
esa rabia que desata
el jinete compañero
que ponemos pues primero
la tierra o la libertad
las dos van en hermandad
y las fabricas queremos
outro mundo merecemos
que tenemos dignidad
.

ricardo

ese bigote esos lentes
ese pelo un poco chino
es magón en buen camino
con los pueblos con la gente
es bien lucida su mente
su palabra y sus escritos
cuantos compas hai proscritos
los huidos y exiliadas
con ricardo golpeadas
tierra y libertad su grito

poncho robles
oaxaca 3-10



































10-3-2010

o vento de juchitán

o zocalo de juchitán
ainda está todo levantado
e por debaixo dos arcos
uns sen casa que se erguen
e o vento tamen se levanta

a bicicarretilla do mercado
ten tres rodas e dous pedais
pero so unha perna que a move
caen unhas calidas pingueiras
e o vento segue camiñando

os xigantes muiños de vento
de fenosa e as suas colegas
seguen a ser unha ameaza
para a terra animais e persoas
e o vento do istmo que non para

unha necesaria visita
na radio comunitaria totopo
milpas guaraches e paliacates
as comunidades e as resistencias
os poemas do vento do istmo

juchitán 10-3-10

10-3-2010

café taza a taza

o voso suave café
con panela ou amargo
na noite e no mencer

vamos por cafeína
xa nos di a istmeña
tamen no mediodia

café ben amargo
prefire a paceña
pro seu doctorado

eu son de café de olla
con panela e canela
desta terra arcillosa

no estudo e platicando
e despois das comidas
un café ben tostado

capuchino e expreso
sen presas o café
ai tomando alento

unha taza e outra taza
de café oaxaqueño
que non falte rapazas

panoramica 9-3-10

rosalía a istmeña
e kátsica a paceña
pues outra taza veña

09-3-2010

rosalía

Rosalía...
reverdeces cada día tras a porta
a túa saudade é a noite dos tempos
e as verbas son
os illotes nun mar denso
limpa as bágoas do carraxe
e deixa que alumee a estrela na fronte
e nos beizos un cantar
Matria da Galiza e filla da esperanza
es a flor da soidade
dunha longa e escura, Noite de Pedra
que xamais acaba...
a túa é a nosa, Negra Sombra
que volve facéndonos mofa
e toda a señardade de séculos pasados
rómpenos os ósos
Ti, es o luceiro da alba
o referente histórico
que nos guía cara á loita
Rosalía...
flor da noite e filla da palabra
Érguete, miña amiga,
que xa cantan os galos do día!

rosanegra

os dous ultimos versos
son de federico garcia lorca
dos seis poemas galegos

09-3-2010

las caricias y los golpes

cada historia tiene dos nombres
y la mujer ahora camina
con sus golpes que no son suyos
avanza con sus heridas
con sus heridas

cada golpe marcado en la piel
durante unos dias
es un cicatriz en la memoria
que ya nunca se olvida
nunca se olvida

esa misma mano que antes
daba sus caricias
ahora ya no puede dar nada
ahora solo quita
solo quita

diego minas
oaxaca 3-10