Agosto 2019

31-8-2019

jondo republicano lorca


gitano de granada
federico garcía
lorca é poesía
teatro da barraca

vila fuente vaquenos
os xazmíns as adelfas
infancia folla aberta
logo enche de versos

graná húmida noite
divan do tamarit
a casona e o xardín
andalusís as fontes

os debuxos e o piano
residencia de estudantes
cante jondo e romance
lorca o republicano

andalucía e madrí
nova iorque la habana
bos aires río da plata
e volta a albaicín

federico garcía
divan do tamarit
a casona e o xardín
lorca é poesía

para a homenaxe
esta noite no edra

manolo pipas


25-8-2019

moitxs paxaros sen gaiola

 


moit@s paxaros sen gaiola
ou bandada de creadores

por laboa e sarrionandía
van devagar as xornadas
rioxa alavés pies negros
regaláronnos na barra

hoxe influencias do mikel
o negra sombra banda canta
a brel a dylan e a brassens
billie holiday joyce e kafka
bach os beatles e camarón
canta a amalia e atahuapa

negra sombra e pies negros
pido etxeko patxarana
maceradas as endrinas
as cantigas fermentadas
e os poemas destilados
vai camiñando o programa
todas todos paxaros sen gaiola
medrando vai a nosa bandada

manolo pipas

24-8-2019

querida selva e bosque


pequenas lembranzas e reflexións
pensando nos bosques guanches
e nas selvas da amazonía

o indíxena o home da terra
pédelle a árbore permiso
para cortarlle unhas polas
para poder cociñar ou quentarse
e pédelle ao bosque e a selva
unha árbore para facerse unha casa
o home e a muller da terra…

teño convivido cos homes
da montaña do bosque da selva …
teño traballado con eles e elas
e xogado coas súas cativas e chamacos
que tanto gostan subir ás árbores
e teño dormindo nas suas precarias casas
mesmo no leito que che ceden
para deitarse eles no chan

na noite da selva ao indíxena
non se lle ocorre facer unha fogueira
para ter luz e sentarse darredor dela

para platicar e contar historias
abóndalle coa luz das estrelas e da lúa

a amazonía din que é
un dos pulmóns do planeta
e as terras do amazonas
moi mal respiran

lembro o silencio e o fedor
camiñando un bosque despois do lume !
como será o fedor da selva queimada ?

o silencio será inmenso como a selva !

a terra para quen a traballa
é unha consigna que xa non serve !
a terra para quen a respeta
pero a terra non é nosa!!!

un humano


19-8-2019

de gáldar a artenara

 

       a tere e koldobi


redondeada illa volcánica
dos antigos guanches bereberes
illa gran canaria chamada
arden os teus montes e campos
desalóxanse moitas casas
por un lume tras outro lume
gáldar tejeda valleseco artenara...

escoito os instrumentais
e as voces do grupo artenara
que hai anos me acompaña
pero hoxe con moita tristura
escoito bugambilia el riachuelo
mar de arena tierra y cielo zaguán
garoe olor a campo solo de cuna...
pero vós non podedes descansar
e os olores son outros

manolo pipas

 

18-8-2019

emerxencias


planeta terra
18 de agosto do 19
emerxencia climática
e migrante tráxica emerxencia
emerxencia humana e terráquea

 

 

 

16-8-2019

de naves e migrantes



hai cincoenta anos seica
nunha nave espacial os humanos
chegaron e pisaron a lúa
o astro que dín satélite da terra
e o globo terráqueo hai concocentos
anos por primeira vez seica
foi dado volta nun precario veleiro
polos auto-chamados sapiens

que llo conten aos centos de migrantes
que tentan cruzar o mediterráneo
de áfrica a europa de sur a norte
do planeta dos sapiens que xusto
botaron a andar en áfrica



13-8-2019

un pouco de aire



liquen a liquen e árbore a árbore
van limpando a nosa atmósfera
pero a cúpula do bosque autóctono
pouco protexe da emerxencia climática

na imaxe uns carballos
que tomaron o espacio das viñas



10-8-2019

bloqueada venezuela



vermella azul e marela
a terra bolivariana
a querida venezuela
reposta as agresións
con chavista resistencia

bloqueada venezuela
por un pistoleiro ianqui
marela azul e vermella
a nación bolivariana
agredida en resistencia


vermella azul e marela

do orinoco as montañas

e cantaba alí primera

polos pobos sosberanos

vamos gente de mi tierra

manolo pipas




09-8-2019

emerxencia terricolas


paisanas e compañeiros terrícolas
nós que estamos nun momento histórico
xa bastante dramático e camiño do tráxico
rodeados de rápidas ameazas atómicas
e do lento pero seguro cambio climático 
do ártico ao himalaya o ecuador e a antártida
que facemos ademáis de encher o estómago?

e de cortar ou deixar queimar máis árbores
e de consumir e consumir máis plástico ?

e de contaminar a terra a auga e a atmósfera ?

hoxe no día de nagasaki
tres dias logo de hiroshima

 

 

 

06-8-2019

pedras e penas



a pedra pequena
e a grande pedra
á beira de árbores e leiras
vanse contando as súas penas

en matamá

 

04-8-2019

aire verde



no medio do bosque
vai menos calor
e respiramos
aire verde

campo grande 



03-8-2019

verde ramada

 


a verde ramada
coma un laverinto
da vella carballa
e os seus fillos


na lagarella