Maio 2019

31-5-2019

compas ninguens

 

 
fillas dos ninguéns
as donas da nada
xornada a xornada
cumprindo un deber

os ninguéns o foro
socio educativo
colectivo amigo
ninguéns somos todos

ninguens somos todas
neste inxusto vigo
compas excluídos
compartimos loita

todas somos as ninguéns
somos as imprescindibles
loitando contra a pobreza
que outro mundo é posible

catro anos ninguéns
as donas da nada
xornada a xornada
cumprindo un deber


catro anos dos ninguéns

xornada de reafirmación
mañan as 6 no casco vello

antiga praza da pescadería
con canción poesía
ilustración...



27-5-2019

electos presos politicos


por querer votar
e facilitar unhas elecciós
os políticos independentistas
acabaron en prisió ou no exilio
e os primeiros están a ser xulgados

os presos políticos catalás
presentáronse as elecciós
e sairon elexidos deputados
e foron ao parlamento
para recoller as súas actas
e logo se lles denegaron
con formas outra vez
pouco democráticas

os presos e exiliados políticos
catalás presentáronse
novamente pero as elecciós
europeas e municipais
e sairon elexidos


unha abraçada e bona nit




24-5-2019

pola terra a rapazada


polo clima a rapazada
as vosas fillas e netas
mudan aulas polas prazas
so pra salvar o planeta

un venres prendéu a chama

baixo o frío a nena greta 

o capital e os gobernos
van seguir coa súa desfeita
a xuventude so quere
longa vida para a terra

cada venres saena  rúa

e as prazas miles de gretas



 

 

22-5-2019

titeres dos de arriba



titiriteiros e títeres
pouco máis que títeres somos
dos de arriba polos que votamos
eles son os que mui mal moven os fíos
eles ben que cobran e non pasan a gorra
pasan o grande cazo a escondidas os cobardes

imaxe titeres en redondela

20-5-2019

20 anos titiriteiros



titeres por vinte anos

en terras de redondela
polo mes de maio temos

brinquedos e marionetas
polas  prazas  rúas  salas

cando anuncian as trompetas

perdinme desta volta
de redondela os titéres
e perderme prefería
polas rúas eu con eles
vinte anos titiriteiros
nun festival envolvente

eu sentin moito non ir
gozar coas titiritadas
e as veciñas e amistades
sentin tamén non contala
e repartir as copliñas
da linda edición pasada

manolo pipas


19-5-2019

cantoras a contratempo



cantoras beatriz e sheila
pensaban cantar onte
polo de catro a catro
nunha mestiza noite

os astros non se aclararon
e fomos ben pouquiños
a disfrutar das rapazas
abaixo nun rinconciño

entre a galiza ao brasil
da ría a das minas gerais
as músicas misturadas
van dar un novo cantar

e sinto non ter imaxes
do convivio musical
das voces das percusións
das cordas e o platicar

no cartaz beatriz rodarte

e sheila patricia

manolo pipas 


17-5-2019

17 de maio raiz e semente



semente o galego si
semente dun froito a lingua
o galego gomos follas e flores
a lingua é a nosa ramada e raiz

faixas crianças e nais
da escola semente



15-5-2019

indianas escolas miñoranas

 


indianas as palmeiras
as vellas e as novas
das escolas levantadas
con indianos cartos
da emigración miñorana
e o agrarismo dos que ficaron

i. e. s.  escolas pro-val
para o traballo e o estudo
e para os de fora platicar
do que non sae nos libros
fermoso e axeitado lugar

indianas escolas miñoranas
e que lúcido foi aquel tempo
de mestres e aulas republicanas

pipas


13-5-2019

asasinados viuvas e orfos

 


seis asasinados 
cinco viuvas vinte orfos

en seis palabras telmo comesaña
visualiza a brutal represión dos fascistas
co asasinato do seu pai e outros cinco
paseados na pasaxe e vincios no ano 36

a represión franquista
no val miñor é a palestra
a que nos convidan tereixa
e maruxa do departamento
de xeografía e historia do i.e.s.
centanarias indianas escolas pro-val

na súa biblioteca do edificio novo
e rodeado de libros e alunnado
penso na neutralidade da xeografía
e das moitas visións e tentencias
e mesmo manipulacións e mentiras
de historiadores e oportunistas

celso conta da represión e dos mortos
dos últimos anos do franquismo
e do post-franquismo chamado
transición ou transacción

eu boto uns poemas dos presentes
dos fascistas nos muros das igrexas
e da memoria oral doutros fusilados
en vincios que agardan a súa placa
e uns versos para o telmo
os monrois e as conchiñas

daquela telmo tiña dous anos e cóntanos
dos derradeiros días de vida do seu pai
alcabre a pasaxe vincios mañufe….
e cóntanos da súa truncada familia

e do sangue da illa de s simón
e de recuperar a memoria dos miles
de asasinados das viuvas dos orfos
e de todas as persoas represaliadas

e da falta de xustiza 

manolo pipas



06-5-2019

comuns e (des)aquelados

 

 

lugares comuns e (des)aquelados


lugar do común e lugar aquelado
chamas a nosa cidade monstruo
esa que fagocitóu aos queridos
concellos de bouzas e lavadores
o meu e o teu cos seus espacios
tan importantes na trama
na partida e desenlace
desta segunda novela

entre a ría e a serra do suído
con miles davis e coltrane
entre conserveiras e asteleiros
camiñan as xentes do común 
nesta cidade monstruo
tan pouco aquelada

libro e trama da conserva
pero faltaron as xouvas en escabeche
de pinchos pra nosa aquelada conversa

vicvs un lugar aquelado
de beto luaces con bolanda
presentado hox en cartabón

manolo pipas

05-5-2019

o cano e a auga



o cano da ghaspara

debaixo da abandonada

barrica do sulfato
entre viñas e salgueiros
non para de manar
entre carballos e colmeas

o rego da ghaspara
entre poulos abandonados
leva a súa auga
entre canas e vimbios
e de manar non para

ghaspara freixo

 

04-5-2019

auga e rega

 

 

entre ervas 

o rego vai seco
a auga foi desviada
para regar outro campo       

en freixo