Outubro 2019

31-10-2019

en tempos escuros

 


   nos tempos escuros 
   cantaráse tamén entón ?

        bertold brech

 


en tempos escuros
vivimos traballamos
escribimos cantamos
cabreámonos loitamos…

en tempos escuros
en tempos de pouca luz
complícase a fotosíntese
cóstanos respirar

en tempos escuros
caderno do negra sombra
palabras en resistencia
que se lean que voen


manolo pipas

 

 

 

30-10-2019

follas de outono


desprendida
folla a folla
e prendida
palabra a palabra
o poema e a trova

 

 

27-10-2019

a voltas coa hora


mandan retrasar a hora
a hora que nos roubaron
seica hoxe foi devolta
tolo xogo dos humanos

este xogo do capital
cada seis meses o cambio
e seica para aforrar
o que estragan a diario
ai o cambio suicidio climático

 

 

26-10-2019

orde publica


restablecer a orde pública
escoito e leo nos medios
na voz de malos gobernantes
presidentes ministros de interior...
desde o post-franquista reino d'espanya
a post-pinochetista republica de chile


e a orde pública debe ser
a submision a explotación
a miseria a falta de dereitos
escoito falar de disturbios
e os disturbios son xustas
e pacificas protestas
e outras tensando a corda
marchas manifestacións
sentadas cadeas humanas
barricadas fogueiras...
pero o inhumano capitalismo
tardará en arder



 

24-10-2019

da momia de franco 2


a retirada da momia de franco
do monumento fascista do valle
algo que hai 2 anos nen sonyabamos
penso ke non é un acto reconciliador
so é un pequeno acto de xustiza
un acto grande de xustiza sería
recuperar os miles de restos
de republicanos que agardan
ser devoltos as suas familias
e os ultimos represores franquistas
aínda deber ser xulgados

 

 

 

 

21-10-2019

netos de siset


catalunya que che pasa
aos teus fillos que lles fan
ai voltou a vella estaca

os muros de lledoners
golpean de sur a norte
a tots els nets de siset

 



16-10-2019

marxes per la llibertat

 
marxes per la llibertat
cinco marchas pola liberdade
dos presos politicos catalans

miles de persoas partiron
de girona vic verga tárrega
e tarragona para chegar
o venres a barcelona
o dia da folga xeral

tamén o mal-goberno    
vai mandar a catalunya 

douscentos mais
violentos de uniforme
ai se os armados os xuices

os que queiman contedores
os politicos dos darriba
foran a clases de etica
educacion democracia ...

 

 

14-10-2019

tsunami democratic


foi o 1 de outubro
de hai dous anos
un exemplo de democracia
comunalidade rebeldia
pacifismo... en catalunya
e por todo iso e mais 
logo de represión e prisión
a vinganza cas inxustas
violentas sentencias
do estado espanyol post-franquista
con ou sen momia 
non poderán co tsunami democratic

 

 

13-10-2019

mais de cinco seculos igual


máis de cinco seculos igual
pero cada vez son moitas mais
as persoas explotadas represaliadas
asasinadas desaparecidas ...
onte foi 12 de outubro no mal-estado
espanyol e en todas as américas

o día do mal encontro
e día do principio do xenocidio
nas illas dos caribes no mato groso
en terras mapuches na selva lacandona 
na longa cordilleira dos andes
e na pequena illa de rapa nui...

onte foi doce de outubro
indixena mestizo e rebelde
nas selvas e nas montañas
e nas costas do ecuador

o güero


12-10-2019

cinco siglos igual


Soledad sobre ruinas, sangre en el trigo
rojo y amarillo, manantial del veneno
escudo heridas, cinco siglos igual
Libertad sin galope, banderas rotas
soberbia y mentiras, medallas de oro y plata
contra esperanza, cinco siglos igual
En esta parte de la tierra la historia se cayó
como se caen las piedras aun las que tocan el cieló
o están cerca del sol, o están cerca del sol
Desamor desencuentro, perdón y olvido
cuerpo con mineral, pueblos trabajadores
infancias pobres, cinco siglos igual
Lealtad sobre tumbas, piedra sagrada
Dios no alcanzó a llorar, sueño largo del mal
hijos de nadie, cinco siglos igual
Muerte contra la vida, gloria de un pueblo
desaparecido es comienzo, es final
leyenda perdida, cinco siglos igual
En esta parte de la tierra la historia se cayó
como se caen las piedras aun las que tocan el cieló
o están cerca del sol o están cerca del sol
Es tinieblas con flores, revoluciones
y aunque muchos no están, nunca nadie pensó
besarte los pies, cinco siglos igual.

leon gieco
trovador argentino


07-10-2019

francamente procesando


franca francamente procesando
non sei que máis decir de franco
a igrexa porriba da xustiza
e de madrid a andalucía
os neofascistas gobernando

o caso da momia
din que cortina de fume
no ocaso da democracia
e falan das igrexas e o lume
ca sua popularfranquista falacia

e cando saquen a momia
será un acto de estado consecuente?  
c@s ministr@o presidente o rei…
ou estes mandarán aos seus asistentes?

moitos quixeramos botalo
nunha desconyecida cuneta
e cuneta rima con escopeta
e tamén con marionetas
pero coas marionetas do poder
ai coitados compas do procés
ai coitadas culumetas

un independentista

 

 

 

06-10-2019

palabra na ria


polos versos
que afinen co universo
por todos os parias
e a vida comunitaria
polas homenaxes
sen letra pequena e peaxe
polos cantores
sen patrocinadores
polas travesias
con verde rebeldia

na poetica ria do sur