Septembro 2019

29-9-2019

da lua e da terra


...a lúa mira pra terra
- tolos andan os humanos
estragando o seu planeta

terras augas firmamento
teñen moi ferido o clima
xa perdimos moito tempo

 

27-9-2019

da creativa chama


ausente a miña voz unhas semanas
a miña pluma escribiu nen pouco
peor que o veran vai o outono
neste planeta terra a nosa casa

agardo que fora ben a vosa trova
a vendima de acordes e palabras
o fermentado da creativa chama
dos simpatizantes de sarri e laboa


onte no negra sombra

 

 

25-9-2019

por terras do avia


en ribadavia uns días
vila de longas historias
ribeiros e sefarditas

esas olladas dos gatos
e os despistados toristas
ke algúns tamén teñen rabo

as bodegas e a muralla
se falaran tamén os arcos
que nunca cale o río avia

...



 

 

21-9-2019

vran outono


vran outono
folla a folla
froito a froito
lúa  a  lúa
equinocio




17-9-2019

tres mulleres dous nenos


tres mulleres
tres mulleres e dous nenos
cinco persoas do mesmo sangue
a nai e as fillas e os netos 
a nai a avoa a tía os cativos …
e un home ?!?  un asasino !!
tres asasinadas
dous orfos ...




12-9-2019

folla arbore

 


a folla parece
que ten debuxada
unha árbore

 

 

09-9-2019

sobreira de paramos



a sobreira de paramos
ten a copa ben aberta
vella arbore da cortiza
suspira polas colmeas
as abellas e o mel
miña querida sobreira

 

 

08-9-2019

senlleira sobreira



solitaria sobreira de guillarei

con arrecendos minhotos

nas primeiras luces do dia
sobre a estrada baixo as casas
testemuña doutros tempos

dos humanos coa terra...


solitaria senlleira sobreira
silenciosa memoria e rumor
e incomprendido faro  

 

 

 

 

07-9-2019

sobreira arcolitos

 

 

no vello lugar do sobreiro
da moo para a lagarella
rodeadas dos novos arcolitos
anonimas desconhecidas
resisten unhas pouquiñas
sobreiras

é a irmán dos carballos
a sobreira do cortizo
a coitada rodeada
dos nocivos arcolitos

 

 


 

 

05-9-2019

terraza vexetais e aves


as ervas os arbustos as árbores
medran coa protección da terraza
no patio fáltalles algo de aire e luz
pero elas están ben protexidas
coma nunha gaiola aberta
e os paxariños ...
as aves ás veces visitan
o patio e as súas ervas
os arbustos as árbores…

 



01-9-2019

homenaxe a federico


na prazoleta do edra
federico en homenaxe
voces do verso e da trova
últimas notas da tarde
rima o solpor coa lúa
o cante jondo co valse
entre rúas mariñeiras
a oliveira limpa o aire

garcía lorca camiña

federico en homenaxe

casco vello albaicín

verdes vermellos romances 
na prazoleta do edra
agosto lembra o seu sangue

 

pipas