Abril 2019

30-4-2019

o vello e o tempo



o vello choqueiro
olla un grandote reloxio de area
do artelixo no soportal
do cortello de redondela

o vello está afeito
as artistadas dos seus veciños
e se cadra pensa que xa ven o maio 
e que nun mes han chegar os títeres
ou na farsa electoral do domingo
e nos títeres gobernantes

o cronista

 

30-4-2019

da vox pupuli !?


o partido que seica fundara
o franquista fraga levou un batacazo
pero vintecatro deputados

máis fachas ca eles foron elexidos
eses mesmos que son acusación popular
no franquista xuizo do procés

seica ganyou o psoe
aquel partido que deixóu de ser
socialdemócrata na transacción

e catalunya votóu contra os fascistas
e pola liberdade dos presos políticos
euskadi tamén deu exemplo
e galiza fixo o ridículo

seguimos agardando
que retiren dunha vez a momia

e pouco mais deles 


o cronista



28-4-2019

artelixo parnalixo

 


artelixo parnalixo sonalixo...
a coca os chocos os títeres
a alameda os viaductos
as prazas de redondela...

moito do que creamos
os humanos coas manciñas
debería durar moito moito máis
como tantos obxetos con encanto
pero demasiados acaban no lixo

os poemas no multiusos
na porta do cortello
na ponte da alameda
memoria na praza de abastos
e no espacio republicano
das antigas casas dos mestres
o recital colectivo do parnalixo

o lixo o mar o chapapote
as bágoas das sereas e da coca
e tantos refugallos da pesca
e nós pescando poemas

e recitamos e cantamos poemas a sesé
con máis bágoas e rebeldías das sereas

manolo pipas


27-4-2019

artelixo e reflexion



artelixo e parnalixo
coas bágoas das sereas
das golfiñas e dos chocos
neste día das reflexións
co micro na porta dun concello
antes dunhas votacións con v
que botar con b está complicado
e penso no lixo que foi case toda
a longuísima campaña electoral

lixo son as mentiras e promesas
que moitos deles nunca cumpren
pero que os fachas e derechita
non poidan cumprir nada
arte o deles o de mentir
lixo a violencia das súas palabras
lixo a súa falta de respostas
aos verdadeiros problemas
e pouco houbo aproveitable

artelixo e parnalixo
poesía contra o lixo
do lixo saen os versos
entre o lixo as rimas
en redondela as artes
e as historias do lixo

manolo pipas

26-4-2019

moreno pablo vila

 


poeta cantor pablo vila
hox vintecinco de abril
canta as vilas morenas
cos albores do seu abril
noites longas que el quixera
que algunhas non tiveran fin

cos mestres machado e lorca
van da man de rosalía
o recitado e o canto
poemas con melodías
outra noite en negra sombra
o pablo as artes porfía

manolo pipas


25-4-2019

utopía josé afonso

 


Cidade
Sem muros nem ameias
Gente igual por dentro
Gente igual por fora
Onde a folha da palma
afaga a cantaria
Cidade do homem
Não do lobo, mas irmão
Capital da alegria

Braço que dormes
nos braços do rio
Toma o fruto da terra
É teu a ti o deves
lança o teu desafio

Homem que olhas nos olhos
que não negas
o sorriso, a palavra forte e justa
Homem para quem
o nada disto custa
Será que existe
lá para os lados do oriente
Este rio, este rumo, esta gaivota
Que outro fumo deverei seguir
na minha rota?

José  Afonso

16-4-2019

do corazon de europa


a agulla de notre-dame
cravóuse no corazón de europa!
escoitamos lemos nos medios!
europa ten corazón !?
esa europa que naceu no mediterraneo
tamén cómplice hoxe de enchelo de morte!

e no lume de notre-dame non morréu ninguén!


notre-dame símbolo de que ?
da cruz-espada do imperio da inxustiza...
notre-dame como os outros macrotemplos
erguéronse con moita miseria e fame
e con máis fanatismo que fe
e deixarán morrer a máis franceses
para pagar a súa reconstrucción


o que está cravado no insensible

corazón de europa é a inxustiza

a inmigración o neo-fascismo...

incrédulas baixan as augas do sena!

coitados quasimodos e esmeraldas!

e que novela escribiría

hoxe victor hugo!?

o cronista



14-4-2019

cidadans votantes ...


seica todos somos cidadans
índa que algúns sexades do campo
e como cidadáns somos votantes
pero no fondo e no día a día
somos tristes consumidores
do lixo e mentiras dos medios
e consumidoras de pouquiños
votos ou paleletas e urnas
menuda papeleta a nosa !
pero sendo monarquía somos
uns miserables súbditos
e logo da dictadura fascista
non nos deixaron escoller
entre monarquía e república

un consumidor


06-4-2019

cançó nova lluis llach

 


de verges a barcelona
do ampurdá ao mar exeo
a cançó é sempre nova

a nube branca e as tatas
bandolers lauras sisets
ítaca gasteiz cantatas


papasseit marti i pol

grandes poetas catalás

eses mestres da cançó

o teu amigo o mar
velliño mediterráneo
todo ese mundo a cantar

manolo pipas


05-4-2019

companys, no ès aixó

 


No era això, companys, no ès això
pel que varen morir tantes flors,
pel que vàrem plorar tants anhels.
Potser cal ser valents altre cop
i dir no, amics meus, no és això.

No és això, companys, no és això,
ni paraules de pau amb garrots,
ni el comerç que es fa amb els nostres drets,
drets que són, que no fan ni desfan
nous barrots sota forma de lleis.

No és això, companys, no és això;
ens diran que ara cal esperar.
I esperem, ben segur que esperem.
És l'espera dels que no ens aturarem
fins que no calgui dir: no és això.



Compañeiros, non é esto


Non é esto compañeiros, non é esto

polo que morreron tantas flores,

polo que choramos tantas arelas.

Cicais compre ser valentes outra vez

e decir non, amigos meus, non é esto.


Non é esto, compañeiros non é esto

nin verbas de paz con reixas

nin o estraperlo que fai cos nosos dereitos

que son dereitos que non fan nin desfan

novas reixas vestidas de leis .


Non  é esto, compañeiros non é esto

dirannos que compre agardar

i esperamos abofé que esperamos.

É  a espera dos que non nos pararemos

deica non sexa preciso decir , non é esto.

letra do vinilo

meu amic el mar  1978

en galego na mesma carpeta


luis llach



02-4-2019

1 de abril do 1939

 


oitenta anos e un dia
do 1 de abril de 1939
da derrota das perdas...

outra vez o terror! pimentel
no pasarán! non pasarań!
e pasaron e pasaron pasionaria
e seguiron arrasando o país!
ventos de vida miguel
contra os ventos da destrucción
guerra represión xenocidio...

pero máis que gañar franco
foi que perdéu a república
e aínda hoxe son legais
os espacios e formas franquistas
e os partidos neofascistas
e temos ducias de presos políticos

e non son buscadores de ósos
coas palas e as palabras
somos buscadores
da memoria dxs asasinadxs
da historia e da xustiza

imaxe arturo souto