Marzo 2020

31-3-2020

da nosa primavera


non escribín nada
sobre o equinocio e a primavera
porque estaba e aínda estóu
algo posuído polo virus
sobre todo na miña escrita
e tamén porque sabía que ela
xa non chega co equinocio
se cadra chega antes
ou chega algo despois
xa non se sabe cando
é que chega a primavera
e até o sesenta de maio
non te saques o saio

sentides o rabioso
frío que temos estes días?
a emerxencia climática
parece que tamén se levóu
o equinocio de primavera

e boa parte da propia estación




30-3-2020

unhas poucas mascarillas



estas mascarillas da foto
teñen uns bos anos
son das que nos sobraran
do tempo do chapapote
e vounas entregando
a necesitados parentes
e farmacéuticas

 

 

29-3-2020

virus humanos e vida


o coroavirus mata
e matará a miles de persoas
pero parece ser que non matóu a ningún
animal a ningunha planta ningunha árbore
non estragóu ningún espacio natural

a crise sanitaria e política
si que está a facer estragos no medio

lembrade que o chapapote do prestige
coa axuda dos nefastos gobernantes
matóu a miles de millóns de seres vivos
desda as algas e os caramuxos até as baleas
e cos seus danos colaterais o prestige
puido matar a cinco persoas
non recoñecidas polos de arriba

nestas semanas de crise global
o planeta está agradecendo
que baixaran os voos dos avións
o movemento dos coches e barcos
e tantas industrias e espacios
contaminantes

emerxencia sanitaria e climática
que non temos outro planeta

27-3-2020

confinamentos e fronteiras


millóns de desprazadas seguen
confinadas recluidos presos...
en campos de refuxiados
á beira das fronteiras !!

e que decimos de nós ?
duro o confinamento

das persoas empobrecidas 
de moitas persoas doentes
con necesidade de movilidade
de moitas cativas e vellos ..
pouco duro é o confinamento
de moitos de nós
e de luxo é o confinamento

en grandes mansións e fincas

desas noxentas persoas

desde empresarios a deportistas

que dan esmola para os materiais sanitarios
das súas millonadas gañadas sen ética

pechóu moita activide e fábricas

e andan a pechar as fronteiras de moitos
estados para os extranxeiros con papeis
e mandan fora aos turistas
algo necesario pero …
o capital manchado de sangue
segue cruzando as fronteiras
agora algún en tarefas humanitarias
pero pararon as fábricas
e o comercio de armas !?

o gran virus é o capital

e as súas socias monarquías !!





 

26-3-2020

o virus e os sen teito


hoxe vin unha esmoleira na rúa
e poucas se verán estas semanas

de alarma co estado en armas
que mesmo nos obrigran en locais
a deixar os cartos na casa
e pagar coa noxenta tarxeta

pola crise do coroa-virus
seica os concellos aloxaron
aos sen teito en locais e pabellóns
demasiado tarde para moitos
que deixaron morrer na rúa

 

 

25-3-2020

mestre carvalho calero


galego e lusófono mestre
carvalho calero ricardo
creador e ensaista rebelde
chegache ás letras con retraso
mais contigo a lingua reverdece

mendinho rosalía castelao
fala e letras lingua e matria
obra a obra e paso a paso
indíxena e galeguista palabra
carvalho calero ricardo

cabobado do homenaxeado
nas letras galegas deste ano
ricado carvalho calero
ferrol 30 de outubro 1910
compostela 25 de marzo 1990



24-3-2020

queridas sanitarias 2


miña amiga sanitaria
pra vos van os meus afectos
vos que estades desbordadas

incompetentes gobernos
non miraron o perigo
e faltanvos moitos medios

o virus non vai parar
faltan luvas mascarillas
faltan camas e hospitais

a consigna insuficiente            
na casa queda na casa
que pare todo o non urxente


ai queridas sanitarias
xa morréu unha de vós
miles fostes contaxiadas


ai queridas celadoras

médicas i enfermeiros

conductores limpadoras ...

ai queridas sanitarias
do mostrador até a UCI
polos virus desbordadas


manolo pipas



23-3-2020

hospitais residencias...


moitos hospitais e residencias
son grandes focos do contaxio

nalgúns hospitais
din que están priorizando a quen atender
aos que teñen menos posibilidades de vivir
deixanos polas que teñen máis futuro
por falta de respiradores e outros medios
algo duro pero comprensible nesta traxedia
que non é unha guerra
e nalgus deses lugares de paz que debían
ser as nosas residencias aparecen persoas

mortas que non tiveron a devida atención 

isto parece ser unha eutanasia polas bravas
onde enfermo e familiares non deciden
e os mesmos que desmantelaron a sanidade pública
e tamén favoreceron as residencias privadas
son os que non queren aprobar unha eutanasia
ética humana ...

nas sitiacións de emerxencia e límite tamén

se alcanzan picos de valentía e solidariedade
nos de arriba nas rúas e nalgúns traballos
tamén apreciamos inconsciencia e egoismo

 

 

21-3-2020

do virus da crise refuxiada


hai cinco días un lume
no campo de refuxiadas
de moria en lesvos grecia
matóu a unha nena de seis anos
entre as máis de 20.000 persoas
que sobreviven nese cruel espacio

esta morte non foi
portada dos vosos medios
ningunha ou poucas liñas

ou segundos lle adicastes
e xa houbo máis lumes
intencionados ou pola mala
condición dos campamentos 

a día de hoxe as guerras
e a crise dos desprazados

matan aínda moitísimo máis
que o corona-virus

o cronista



20-3-2020

do virus dos exercitos


ante a excesiva militarización
deste pais polo estado de alarma
tamén con excesiva linguaxe bélica
dos seus uniformados voceiros

e dos presentadores dos informativos 
reflexionemos

os exércitos crearonse e preparanse
para guerrear fecir e matar persoas

militares ou civiles e estragar o medio

ou para facer maniobras
que sempre teñen danos colaterais
e lembrádevos das desfeitas
que fixeron co chapapote

para un pacifista os militares
son asasinos ou asasinos en potencia
os militares non defenden a paz
defenden a clase dirixente o capital
a igrexa … e a monarquía corrupta
os traballadores poderíamos vivir
sen todos eles pero eles
non poderían vivir sen nós

seica algun militares
están a desinfectar estacions edificios...
pero o virus do militar témolo que sacar nós

pedíronme que hoxe fora doar sangue
e de regreso a casa nun kilometro
topeime a tres grupos de militares
un trio non preguntóu nada a ninguén

dos que pasaban pola praza

seica non era o seu cometido dixeron
e as outras dúas parellas so aleatoriamente

militares que estades para sair na foto
quedádevos na casa

 

 

20-3-2020

mortes do corona virus


a día de hoxe
as nosas mortes son máis de 1000
e a maioría son os nosos maiores
e nós desde a casa contamos
e reflexionamos

moitas das nosas queridas maiores
nos hospitais e nas residencias
morren en soedade

os enfermos e os seus parentes
non se están podendo despedir
e cando os doentes morren
non os poden velar

e unha enfermeira morreu

polo virus infectada

nun hospital de euskadi

e outras antes en china e italia 

esta é a herdanza do desmantelamento
da sanidade pública e dos seus recortes
danos que se incrementan
coa mala xestión da crise

 

 

19-3-2020

monarquicas pandemias


e falóu na tele o fillo do home
máis corrupto deste estado
o fillo do herdeiro do fascista
e asasino dictador

e falóu e non dixo nada
o mentiroso e cínico
o hipócrita e decrépito fillo
que repudióu ao seu pai
e hai anos repudióu
a súa corrupta irmán
e ao seu ladrón cuñado

e nós repudiámolo a el
como a todas as monarquías
o virus e as pandemias
son as monarquías os exércitos
a banca o capital ...

o cronista