Decembro 2019

31-12-2019

estrela rosalia


rosalía vai ter unha estrela
a nosa poeta da nome a un astro
e río sar chaman a un planeta

e mentres tanto o firmamento
non comprende que facemos
entre todos co galego


manolo pipas

 

 

30-12-2019

rafael corazon libre


Te han sitiado corazón y esperan tu renuncia,
los únicos vencidos corazón, son los que no luchan.
No los dejes corazón que maten la alegría,
remienda con un sueño corazón, tus alas malheridas.

No te entregues corazón libre, no te entregues.
No te entregues corazón libre, no te entregues.

Y recuerda corazón, la infancia sin fronteras,
el tacto de la vida corazón, carne de primaveras.
Se equivocan corazón, con frágiles cadenas,
más viento que raíces corazón, destrózalas y vuela.

No los oigas corazón, que sus voces no te aturdan,
serás cómplice y esclavo corazón, si es que los escuchas.

Adelante corazón, sin miedo a la derrota,
durar, no es estar vivo corazón, vivir es otra cosa.

rafael amor pibe trovador

deixou a guitarra estes dias 
1948-2019



26-12-2019

climatico traxico


uns versos climáticos
minerais e vexetais
amargos e ácidos

uns poemas climáticos
animais e comunais
humanos e tráxicos

 



25-12-2019

novo inverno


solsticio outro inverno vai
un novo ciclo pero máis feo
a suciedade de consumo
da cada día máis medo

 

 

23-12-2019

humido solsticio


húmido solsticio
e húmidas músicas
da chuvia e máis chuvia
e das bravas ondas
sobre a costa

 

 

 

19-12-2019

tameiga terra viva

 


comuneir@s de tameiga
aos vosos queridos montes
ameaza unha traxedia
as tribos orixinarias
sofren outra vez aos celtas

tameiga monte auga e ar
queremos que sigan vivos
non ao centro comercial
este monte non se vende
e non se quere alugar

os celtistas co seu circo
que vos deixen respirar
caballero e máis mouriño
que se den eles patadas
no prado de balaídos

tameiga monte auga e ar
queremos que sigan vivos
non ao centro comercial
este monte non se vende
e non se quere alugar

manolo pipas



17-12-2019

as outras pegadas


a pegada de carbono
que deixamos nós na terra
imparable a súa desfeita
arrasa a vida do globo

 

 

 

14-12-2019

clima cinicos e cobardes


que hipócritas e cínicos
chamarlle conferencia e cumio
e so foi unha vulgar xuntanza
de mentirosos e cobardes

os grandes gobernantes o alcalde

e tamén ese actor ese cantante ...

os cumios montañas e polos
que perden neve e xeo
será a perdición deles
e sobre todo nosa

claro que quen ía
agardar algo da onu
e xa van vintecinco
cumios-mentiras

e tiña outros dous borradores
sobre o falso-cumio e tireinos
un ao lixo e outro á composta



12-12-2019

rosalia e tino baz


se cantan es ti que cantas
rosalía e tino baz
dúas voces van da man
pero o pobo non levanta

desde a guarda aos ancares
baixo as nubes sempre imos
comunal será o camiño
coas follas e os cantares  

voz da cinsa namorada
con versos de rosalía
chegaremos algún día 
liberar as nosas prazas

polo disco e concerto
de onte en cartabón

manolo pipas

11-12-2019

da terra e nos


arrecifes e recheos
glaciares e teleféricos
chairas e aeroportos
marismas e zonas francas

bosques e centros comerciais
...
a árbore e a farola que nos cega

 

 

10-12-2019

dos ultimos cazadores


que paradoxo que os últimos
auténticos cazadores
os que cazan so para vivir pois
no  ártico e nos bosques tropicais
son os que menos afectan o seu medio
e son algúns dos que máis sofren
os grandes cambios no planeta
que nós estamos a probocar



09-12-2019

os glaciares e nos


os glaciares poden ser
coma ríos de auga xeada
que se moven mui lentamente
poucos metros por ano
e lentamente chegaron os humanos
e mesmo foron habitar perto deles
pero chegóu a era e suciedade industrial
e co último capitalismo máis rápido

que lento son arrasados os glaciares