Febreiro 2013

04-2-2013

as escaleiras e outro andar




onte na rua das portas verdes

da imaxe da cronica anterior
entramos no edificio dunha amiga
pero que perdeu a porta orixinaria
e por estas escaleiras nós subimos

os pes sobre madeira de arbores
de quen sabe que lonxano bosque
que cecais xa non existe
as mans sobre a varanda
e entre as duas madeiras os ferros
de quen sabe que mina ...

subimos a un terceiro andar
ou altura da chamada rua do prazer
e seguimos a falar dos camiños da vida
da poesia da festa e dos sofrimentos
das viaxes dos compas e das resistencias

manolo pipas

a ana lola garcia e eva



03-2-2013

das portas e os andares




uns pequenos apontamentos

de tres libros colectivos

a porta verde do setimo andar
nove voces
setimo andar poesía alén
nove voces
e repeten tres
sétimo andar
nove voces
e repeten os mesmos tres
mais tres da poesía alén

entón botando contas
nove mais nove mais nove
neste caso suman dezaoito
que algunhas voces repetiron
nove creadoras e nove creadores

ah!
a porta verde está ben

definida e repetida
e porque sétimo andar
e non noveno andar?
pregunteillo onte á porta verde
na presentación do sétimo andar
pero non me contestaron

e recitamos nove voces
e coa aberta porta verde
pasaron duas mais a recitar

manolo pipas


02-2-2013

a porta o andar as pegadas




      a miña nai e meu pai
      por tantas portas e cores

a miña porta é branca
e o meu portal é verde
e desde a miña planta baixa
das palabras envolventes
ollo para o setimo andar
das compañeiras voces
que preparan un recital
de poemas para esta noite

con eles as veces camiño e recito
imos deixando pequenas pegadas
nas covas e nos montes altos
nos espinhos nas praias e nas airas

a porta o verso a poesia
somos un pouco de memoria
un pouco de memoria que camiña
abrindo pechando e abrindo portas

manolo pipas

publicado no colectivo libro
setimo andar que presentamos
esta noite as 9 na cova do ratos


02-2-2013

pola terra furancheira




en bembribe por s brais

escapando dun chuvasco
xuntamonos nunha mesa
nun garaxe nun furancho

unha pandilla curiosa
profesoras e familia
pandeireteiras gaiteiros
antropologa e nativas

o traballo por facer
ventilarnos nove platos
calamares e tortillas
e tamen pobre marrano

viño tinto viño branco
e quenta o likor café
e a filosofa probou
o seu tambor portugués

nesta terra  furancheira
catro baixos visitamos
proveitoso recorrido
pero ben pouco cantamos

cando toca retirada
ninguén quere manexar
e outr@s perden o vitrasa
e pra casa a camiñar

o cronista

fotografia cedida
pola compa antropologa