Xaneiro 2016

15-1-2016

toca e navega carlos

 

 

      a itziar e carmen

 

 

todas e todos nós temos botado

mui bos momentos co carlos

carlos takadum pra min de hai tempo

que agora sei que é carlos veiga

pero máis que nos campos

eu lembroo á beira do mar

monteferro saians barra...muxía...

e lembroo tocando nos lokais

e escoitando música nas prazas

lembroo tocando e tocando máis

e algunhas veces tamén entre ritmos

e boas conversas á beira da ría 

 

 

navega veleiro carlos

ai guitarra de seis velas

voz salgada en colectivo

susurra versos pra ela

 

carlos guitarra e tambor

navega en ritmos na ría

de chapela a monteferro

da illa de ons a muxía

 

carlos guitarra e bongós

timón polo mar aberto

de takadum a menela

vai con ritmos ventureiros

 

 

e tocaron catro gatos

houbo poemas semblanzas

e con el cuarto de tula

cantamos coma na praza

 

 

imaxes juan moreiras

en saians xullo 2013

palabras manolo pipas

recitadas na homenaxe

agás as ultimas


15-1-2016

triskel de arbores

 


trisquel forma circular

as tres árbores pensando

que se nos perde no mar

 

samil hai uns dias

pipas

 

 

 

14-1-2016

goberno de salvacion plurinacional

 


Españolas i Españoles

ante a esperpéntica deriva

do país e dos parlamentos lanzamos

unha proposta dun goberno PsoE-PP

máis persoalidades relevantes e xustas

unhas experimentadas e outras novas

con moitas ganas de traballar

por todo iso que nos une


 

Goberno de Salvación Plurinacional

 

Presidente      Pepe Bono

Vicepresidenta    Anita Botella

Voceira do goberno   Marina Castaño

 

Ministro de Orden Público  José Barrionuevo

Ministro da Guerra    Josemari Aznar

Economía e Industria    Rato & Bárcenas

Facenda e Aforros    Isabel Pantoja

 

Ministra de Xustiza   Cristina de Borbón

Educación e Moral   Jiménez Losantos

Cultura e Pasatempos   Belén Esteban

Touros e Deportes    Iñaki Urdangarín

 

Ministro de Exteriores   Paco Vázquez

Cooperación   Jordi Pujol & Xabier Arzalluz

Relaciones con las Regionalidades  Rosa Díez

Vivenda e Obras Públicas    Florentino Pérez

 

Ministro de Turismo   El Pequeño Nicolás

Sanidade e Psiquiatría   Abel Caballero

Benestar e Muller   Rouco Varela

Familia e Infancia   Nuñez Feijoó

 

Ministro de Austeridad   Miguel Blesa

Traballo    Cándido Méndez e Fernández Toxo

Pesca Agricultura e Gandería   Isabel Tocino

Ecoloxía e Medio Ambiente    Ana Obregón

 

Consejo de Ancianos    López de Letona

Licinio de la Fuente   José Utrera Molina

Monreal Luque   Fernando de Liñán...

E a Momia de Manuel Fraga se é preciso

Ex-ministros del Sagrado Movimiento

 

Atentamente

Xunta Directiva e Comisión de Festejos

da Fundación para salvar Hespaña

Eskarrik asco una abraçada boa tarde

 

13-1-2016

parlamentiños catala i espanyol



o irmán da imputada infanta

o rei e fillo do rei pseudo-xubilado

eses que temos porque os puxo

o fascista dictador franco

o rei que aínda parece príncipe

negóuse a recibir a presidenta

do parlament catalá que foi elexida

polos deputados que democraticamente

seica votaron os habitantes de catalunya

 

agora mesmo no parlamentiño

das cortes do chamado estado español

hai outro simpático teatriño e escoito

na radio falar de democracia

parlamentaria e representativa!

e a quen representan?

ao capital ao machismo

á igrexa ao exército...


escoito falar do parlamento español

máis plural da chamada democracia

e a moitos de nós non nos representa

oprímenos


polos dereitos civís e políticos

vémonos o 24 en compostela

 

o cronista


 

13-1-2016

comida para todas

 

 

 

hai pouca comida

 

para todas

 

e unhas aves rifan

 

coas outras

 

 

 

na bouza


 

12-1-2016

da asiatica avispa

 


na bouza húmida

deste parque de coia

respetablemente elevado

o niño da asiática avispa

que xa foi denunciado

e agarda un duro xuizo

e moito peor sentencia

que xa está tardando

 

lariño


11-1-2016

xuizo urdangarin borbon

 


en mallorca o caso nóos

o xenro exemplar xulgado

por pasarse co roubado

non por ser un gran ladrón


que monarquía podrida

no banquiño está a infanta

pero só é unha trampa

ex-culparán a cristina

 

casados en  barcelona

mira ti que paradoxo

no parlament andan roxos

que eles tiren ben da lona

 

na sala de xuizo nóos

un retrato do felipe

este estado vai a pique

que se cae ese señor


millonada vai custar 

este xuizo máis que farsa

que pensarán @s do barsa?

pague a familia real !

 

nós non cremos nesas leis

mais polo ben da nación

compadezcan máis borbóns!

que declaren os dous reis!

 

o cronista


10-1-2016

dereito a decidir



democracia voto-cracia

o dereito a decidir

choca coa transacción

con españa e con madrid

choca coa monarquía

coa igrexa e co fusil

cos medos do capital

con europa e guol estrit

 

voto-cracia dedo-cracia

filla daquel dictador

nós queremos decidir

o que é bo e o que non

transparente o referendum

sen mentira e coacción

decidir é un dereito

autodeterminación

 

dereitos civís e políticos pra todas

non á ilegalización das orgamizacións

politicas    manifestación domingo 24

as 12 da mañán en compostela


o cronista

 

09-1-2016

interminable fuxida

 

 

shala é un afgano

aparenta moitos máis

pero ten trinteseis anos

tantos como a súa terra

golpeada estragada

por unha longa guerra

 

quen mata da igual

cunha guerra nacéu shala

e ten a sorte de estar vivo

nunha longa camiñada

fuxindo sen poder fuxir

de tantas miserias humanas

 

o cronista


 

 

07-1-2016

chove e venta

 


según a forza da lúa

hai moita chuvia

pouca ou ningunha

di o refrán popular

que non erra nunca

 

chove e venta

tempo de novas tormentas

venta e chove

pero o necesario non se move

 

lariño

 

 

 

06-1-2016

bo xantar e mercar

 

 

entón xa se acaba

a anual invasión do nadal

e mañán xa temos outra

coas rebaixas do capital

coa democrática dictadura

dos centros comerciais


bo xantar probar e mercar



 

05-1-2016

home estatua paxaro

 


nunha praza do centro histórico

da inmensa cidade que se arrastra

un home lé a prensa

a estatua xoga o xadrez

e o zanate interrógame


imaxe 2013

o güero