Xaneiro 2016

30-1-2016

homenaxe a jose marti



o escritor e libertador josé martí

é coma unha grande árbore

 

josé martí o poeta cubano

que paróu a pluma polas armas

buscando a independencia da illa

é homenaxeado na súa escultura

dous días despois do seu nacemento

hoxe día internacional da paz

unha pomba que moito sabe disto

pousase na cabeza do poeta


evento combocado pola asociación

de amistade galego-cubana

francisco villamil



décima guajira pra jośe martí


na cabeza de martí

unha pomba está pousada

o poeta unha trovada

ben quixera compartir,

con ela e con nós aquí

festaxando a súa vida

esa obra combativa

pola cuba independente,

ese home consecuente

no camiño e a despedida


manolo pipas

 

30-1-2016

a celulosa 60 anos mais!?

 


pontevedra boa vila

que da de feder a quen pasa

é a adaptación da tradición

que da de beber a quen pasa

 

o goberno do estado en funcións

ameaza con sesenta anos máis

coa celulosa na ría de pontevedra

esa non é a función dun goberno

 

estamos fartos do capital e dos xuices

a ría está cansa de tanto abuso

uns poucos postos de traballo

non valen máis que a poboación da ría

non compensan tanta contaminación

 

miles de persoas onte na rúa

combocadas dous días antes

están máis que fartas

de ser pisoteadas!!

 

o cronista

 

 

 

 

 

29-1-2016

amistade galego-cubana

 

 

son tres décadas de apoio

á revolución cubana

irmanados o turquino

co galiñeiro e o alba

 

foi francisco villamil

un galego emigrado

na longa guerra de cuba

liberóu moitos escravos

villamil coma martí

non chegóu a independencia

máis seguíu a explotación

que probocóu outra guerra

 

aquel tirano e os yanquis

por fin foron derrotados

polos barbudos da serra

e o pobo soberano

a revolución cubana

desde aquí nós apoiamos

tres décadas solidarias

das galegas cos cubanos

 

hoxe as 20 horas en andel

preséntase o libro tres décadas

de galiza coa revolución cubana

da asociacion de amistade

galego-cubana francisco villamil


rimas rematas e recitadas

ao final da presentación


manolo pipas


 

 

 

28-1-2016

nogueiras

 

 

son unhas poucas estas nogueiras

á beira da memoria da vía do tranvía

en coia nos lugares da cova e da canteira

 

manolo pipas



 

27-1-2016

moitas cousas que contar

 


por vilariño de cangas

baixo o frío da mañán

coa súa filla pequena

o pai camiña da man


do tolo mundo dos homes

moitas cousas que contar

 

foto e título carlosdeteis

o resto manolo pipas

 

 

 

25-1-2016

faltannos as presas

 


non estamos todas

moitos non están por medo

e faltannos sobre todo as presas


nós e a praza

e esa precaria tarima

e o micro agardamos por elas

 

pipas


 

25-1-2016

compostela independentista

 


saimos da nosa alameda

encontro e punto de partida

de tantas manifestacións

na defensa da vida

da alameda da liverdade

chegamos á praza do toral

polos nosos dereitos

foi un pequeno camiñar

 

de compostela

á audiencia nacional

o camiño é demasiado longo

demasiada a represión

o camiño hai que mudalo

pola nosa liberación

 

recitado na praza do toral

con outros versos publicados

xa neste espacio

 

manolo pipas

 

24-1-2016

movilizacion obreira 1962-1972

 


-que pedíades no 72 papá?

-que cambiara todo

 

vigo no setentedous

desde maio até setembro

unha folga chama a outra

pararon miles de obreiros

 

de barreras a vulcano

na rúa todo o naval

de álvarez a citroên

e tamén todo o metal

 

por uns poucos depedidos

a cidade paróu toda

miles de represaliados

sementadas as propostas

 

no final da dictadura

ás peticións sindicais

sumaronse moitos soños

que se foron estragar

 

na presentacion do libro

de isidro román lago

todos con vigo!!!

movilizacion obreira

e folga xeral (1962-1972)

 

pipas

 

22-1-2016

sombras en compostela

 


a sombra do gran templo

está baixando ou subindo

as escaleiras ?

 

nelas sentada

a muller reflexiona

sobre as sombras

da súa vida

 

imaxe carlosdeteis

praza da quintana

versos pipasdecoia


 

 

21-1-2016

pola nosa defensa

 


pola nosa defensa

pola defensa dos nosos dereitos

pola defensa da lingua e da cultura

pola defensa da terra e do mar

pola defensa da matria

pola defensa duns precarios

dereitos sociais e políticos

dunha pseudo-democracia

na que moitos non cremos

estamos cansos a cansas estamos fartos

de sair a rúa pola defensa do noso

 

dereitos civís e políticos para todas

non á ilegalización das organizacións

políticas manifestación domingo 24

ás 12 da mañán en compostela

 

 

20-1-2016

gamela esmeralda

 


chámase esmeralda

esta gamela da ría

motorizada

 

este nome das montañas

esmeralda a filla a nai

a amada

 

foto carlosdeteis.blogspot

triadas manolo pipas

 

 

 

 

 

18-1-2016

irmandade ultramariña

 


camiños e travesías

df oaxaca la paz

e agora tepoztlán

a kátsica vai con lía,

eu parado nesta ría

mando versos de saudade

por aquelas irmandades

entre o anahuac e oaxaca,

artesanías chamacas...

vida pras comunidades

 

pláticas ultramariñas

entre poemas e rolas

jarochos e barcarolas

e un berce pra meniña

 

debuxo de muller ayuuk

de kátsica sobre unha foto

de juan rulfo en oaxaca

 

manolo pipas