Xuño 2016

19-6-2016

o paliacate e a espiral

 

 

o paliacate é un pano

indíxena e mestizo

e un símbolo de loita

e aos compas juan e leonor

que non puderon traelos de oaxaca

entregámoslle os seus paliacates

e logo con eles foron danzar

e con eles xogaron as suas fillas

a espiral dos paliacates...

 

co dedo tracei unha espiral no aire

e fun contando e recitando

de terras comunidades encontros...

a espiral esa forma milenaria

de tantas culturas

ese caracol que nos códices

mesoamericanos representa

a palabra comunitaria...


a espiral das ondas da palabra

puxo a lonxana voz de cherán

no noso encontro

e a espiral da canción

levóunos ao 2006

ás rúas da llorona 

e aos tempos da revolución


pipas

 

19-6-2016

xornadas camiñando

 

 

as xornadas camiñaron

co seu ritmo os dous días

somos comunalidade

resistencia autonomía

 

garcía espalda mollada

pinchóu baile e trova ardente

acteal ayotzinapa

e tlatelolco presentes

 

o arte forma de loita

a linguaxe audiovisual

como códices andantes

novas formas comunais

 

juan e leonor platican

espantando os seus fantasmas

do que probocóu o exilio

da morriña de oaxaca

 

foron dous días intensos

dúas ceas mexicanas

na gentalha do pichel

entre xogos das chamacas

 

poemas das dúas beiras

desas augas tan mestizas

e a malinche camiñóu

outra vez con rosalía

 

os compas de bacaanda

ese soño zapoteco

chegaron de juchitán

con ricos ventos istmeños

 

compas mesoamericanas

e galaicos boa palabra

 

da gentalha a concheiros

manolo pipas

 

 

 

 

18-6-2016

13 versos comunais

 

 

mesoamericanos galaicas

van chidas as xornadas compas

paliacates con caracolas

e os picheis coas gentalhas

 

asemblea todos somos todas

que son as formas comunais

ese xeito máis natural

e máis xusto para as persoas

 

ai compitas da sierra madre

nós todos somos fillos dela

desde cherán até lousame

dos ríos atoyacs ao sarela

a mesma comunalidade

 

gentalha do pichel

onte á noite no coloquio


manolo pipas


 

16-6-2016

resistencias comunalidade autogoberno



o outro méxico o das resistencias

o indíxena e mestizo

a comunalidade e autogoberno

o méxico rebelde pues

 

xornadas do outro méxico en compostela

venres e sabado na gentalha do pichel

con mesa redonda audiovisuais ceas

palestra poesía canción...

 

 

16-6-2016

o camiño do exilio

 

 

logo de platicar desde a mesa

mentres pasaban unhas imaxes

o compa zapoteco levántase

férvelle o cu na silla e necesita

mover as pernas espacio para as mans

e mentres fala dos indíxenas de oaxaca

a súa esquerda na parede fotografías

dos irmáns indíxenas de áfrica do sur...

 

cando puxemos data a plática

eu non lembraba que ía

o día despois do 14 de junio

aquela grande xornada dos mestres

e do pobos de oaxaca que deu paso

a revolta do 2006...

 

non coñecín a juan sosa

nas miñas viaxes a oaxaca

pero si a varios compas del

e de certo que coincidimos

en marchas e noutros eventos

e logo da plática con edi

que tamén estivo naquelas terras

recorrimos lugares datas compas...

 

mañán e sabado na gentalha

do pichel máis camiños

polo outro méxico

 

manolo pipas

 

 

 

14-6-2016

alepo parís ciudad juarez

 

 

de kabul a londres e sao paulo

de alepo a dakar e parís

de bombai a bruxelas

o machismo mata


de gaza e marrakech a moscú

de orlando a ciudad juarez

de ibiza ao kurdistán

o machismo mata

 

 

 

12-6-2016

zapoteca desde o exilio

 

 

a carón das murallas de lugo
o compa e a súa familia

atoparon un espacio para vivir

lonxe queda o altiplano oaxaqueño

e a serra madre sur á beira do pacífico

e as súas formas comunitarias

e sobre todo a explotación do capital

e o terrorismo do narco-estado

desa república fallida chamada méxico


méxico unha visión desde o exilio
plática de juan sosa maldonado
activista oaxaqueño na defensa

dos dereitos dos pobos indíxenas

refuxiado na galiza na cova

dos ratos mércores 15 as 20.30

 

12-6-2016

intimo comun multiplo

 


"Íntimo Común Múltiplo:

espazo de intervención,

encontro e expresión"

"O que nos fai feliz,

o que nos fai infeliz.

O íntimo que se volve público,

o público que se deixa ver, sentir,

que se ispe e desprega

nese ser Íntimo Común Múltiplo.

Do ti ó eu, dese eu que son

todas multiplicadas en mil pedazos

de cristais rotos que recollo

e reconstrúo pra formar parte

dese todo común e deixar

de sentir a túa ausencia."


a xandriña saiu do marco

dun cadro que se cadra está por facer

e danzóu e brincóu e sacóunos a escena

e fomos infelices e felices un bo rato

neste tempo común tan pouco

libre e comunitario 

 

texto e obra de xandra táboas

e foto de raquel brandián

gravidade 0.0

terceira representación

hoxe as 9 no teatro ensalle

rua chile 15

 

10-6-2016

trovadores en garda

 

 

na nosa pequena mesa

entre columna i escenario

tomamos augas de verín

e un viño de valdeorras

un tinto moi indignado

e ogallá este café fose

de contrabando arraiano

como naqueles tempos …

e como lle gostaría a nosa

pequena redonda mesa

ao poeta de celanova

 

esta flor un caravel

ou cravo coma un canto

que levamos moi cravado

polo seu dificil florecer

cos versos do noso bardo

 

escura e real saiu a imaxe

coma longa noite de pedra


manolo pipas

 

 

08-6-2016

cancion de autor e poesia

 

 

de catro a catro

das catro da tarde

até as catro da madrugada

quixeramos algún día

compartir cancións e poemas

pero non vai ser mañán

 

a canción de autor e a poesía

estarán mañán as oito no catro

e tamén faremos unha homenaxe

ao celso emilio ferreiro

 

estarán o leo anxo blas

vanessa ales servando barreiro

nico doldán manolo pipas ...

 

07-6-2016

flores e castelo

 

 

conquistaron este castelo

as flores na torre máis alta

non podía ser doutro xeito

 

castelo da penela



 

 

 

06-6-2016

a blusa e a musica

 

 

unha blusa abandonada

nas portas do conservatorio

este domingo pola mañán

 

a blusa aínda perfumada

parece que esta noite

houbo algo de música

 

lariño