Xuño 2016

29-6-2016

compañeiro da memoria

 


compañeiro da memoria

vello telmo libro aberto

voz que reescribe a historia

 

a república querida

que os fascistas derrubaron

non morréu que está ferida

 

do trinteseis telmo conta

cunha imaxe na pantalla

da nosa illa da memoria

 

a república camiña

nos pes e na voz de telmo

nos monrois e nas conchiñas

 

a memoria é o fusil

cada dezaoito de xullo

cada catorce de abril

 

compañeiro da memoria

vello telmo libro aberto

voz que reescribe a historia

 

compartido hoxe na charla

de telmo comesaña na cova

mañán o piloto o ultimo

guerrilleiro antifranquista


pipas


 

29-6-2016

a corredoira e as aldeas

 


baixamos da aldea das chozas

atrás as penultimas casas habitadas

a corredoira pasa entre o bosque

e os valados que sosteñen

un extremo das leiras abandonadas

a corredoira baixa até o barbeira

e podes desviarte cara un muiño

ou seguir até a ponte e cruzala

e subir até a outra aldea

máis ou menos abandonada

 

pipas

 

28-6-2016

coitado loureiro

 

 

brutal poda do loureiro

que nen unha folla lle deixaron

a razón destes crueis feitos

é que molestaba a medio metro

da estrema dun campo no noso barrio

seica del colgaban unhas silveiras

pero nesa leira hai moitos anos

non se planta nada

e o veciño nen falóu co dono

da árbore para facer esta desfeita

 

o señor ten plantado árbores frutais

pero desde que ten desbrozadora

calquera vexetal non comestible

corre perigo perto del

 

o autor dos feitos

é o irmán do meu pai

e xa o ano pasado avisóu

e nen caso fixo da miña queixa

e daquela eu fixera a foto

do fermoso loureiro cheo de vida

 

queixeime estes días pero...

seica hoxe ía cortalo polo pe

 

desde o camiño de figueirido

de moitas figueiras e nogueiras

pero de poucos loureiros

 

manolo pipas

 

27-6-2016

a fauna e a asemblea

 

 

                a javi luci e mario

 

 

no medio da horta chozana

os compas deronlle forma

a unha pequena charca

 

é autonomo este espacio

que foi ocupado polas rás

e algún que outro batracio

 

de pedra as vellas casas

arranxadas co seu ritmo

e a nova de táboas...

 

e a comuna vai indo

logo da necesaria fogueira

chozanos chozana e visitas

o gato o can as rans a culebra

a lagarta e os ratos da cociña

e no xardín a araña cesteira

chegan do muiño os morcegos...

a fauna agarda a asemblea

 

manolo pipas


 

26-6-2016

as cinzas e as eleccions

 

 

ollo para as cinzas

dunha pequena fogueira

queimaron algún vello moble

como un necesario ritual

nas fogueiras chamuscámonos nós

pero ningún político do mal goberno

 

a campaña electoral

foi unha campaña violenta

que botaba moitas chispas

foi coma un teatro cruel

unha telenovela de terror

as eleccions mui mala leccion

 

arderán os politicos corruptos

os ladróns e os represore!?

arderían nunha fogueira ou non!?

quedarían cinzas deles !?

 

o cronista


 

 

26-6-2016

de sa pa re ci dos

 

 

mestres e pobos de oaxaca

os compas de sa pa re ci dos

son a vosa bandeira de loita

que está manchada

varias veces de sangue

porque os levaron

e porque non aparecen

ou están mortos

 

 

25-6-2016

a fogueira e os queimados

 

 

pasóu a fogueira e nós

estamos bastante fartos e queimados

pero polos lumes da mala política

e se este tipo de eleccións

e a lei electoral son un insulto!

que é repetilas ?


moitas papeletas

arderon na noite das fogueiras

pero so servíu de desafogo

a ver que pasa logo?

 

a imaxe capteina

na casa dun veciño


 

24-6-2016

a miñoca e a fogueira

 

 

a pequena fogueira

que tamén será breve

agarda as doce da noite

debaixo do animal mítico

 

a pequena fogueira

e a xiganteca miñoca

o breve lume que xunta

a tribo nun estraño rito

 

praza da miñoca


 

23-6-2016

a cacharela a muxica...

 

 

a chispa e a chama

o lume o fogo o facho

a cacharela a fogueira...

lentamente ou a presa

que arda o necesario

e voan as faiscas

as muxicas...

 

prendéu unha planta

e prendéu o lume

o prender nacéu

como verbo de vida

a fogueira agarda

ser prendida

 

imaxe no freixo

 

21-6-2016

a noite mais curta

 

 

a amiga primavera

xa da paso ao verán

solsticio sol e lúa

o día máis longo do ano

e a noite máis curta

cunha lúa grandota

 

na imaxe a acelga

no medio do chayote

agardando a lúa

 

 

 

 

21-6-2016

oaxaca represion e mortos

 

 

nochixtlán na mixteca de oaxaca

nese país que chamán méxico

centos de polícías atacan

un bloqueo do maxisterio

por unha educación digna

 

fálase de trece manifestantes mortos

25 desaparecidos ducias de presos

e máis de cen feridos

entre mestres veciños e policías

e fálase de que houbo civís armados

se cadra polícías infiltrados

como tantas veces

 

os mestres levan unha semana

bloqueando estradas de oaxaca

logo de meses pedindo un diálogo

que o represor goberno rexeita

e na rexión do istmo tamén houbo

enfrentamentos entre policías e mestres

e en juchitán foi asasinado un periodista

 

ese país que chaman méxico

cada día máis estado policial

 

dez anos despois oaxaca

ese méxico ten medo

que regrese a revolta

daqueles pobos enteiros

 

 

20-6-2016

romance concheiro

 

 

entrañable é este barrio do sanpedro e as concheiras

esquivando pilingríns e as terrazas das tabernas

pola rúa nos topamos cos da comisión de festas

logo de cobrar convidan a vindeira cacharela

nós queremos vida sán e van poñendo cerbexas

fuco fala maravillas dos bos picantes de puebla

pero o compa non sabía das nosas mexicas ceas

para un rato a platicar

unha insubmisa parella

eles veñen da manifa

refuxiados contra as guerras

fulares e paliacates

espirais de tantas terras

 

regresando a casa ana hai un bo xantar vexeta

o cuscús con hortalizas guacamole con galletas

macedonia catro froitas e os cafés van con canela

falamos do recital da enerxía das xemelgas

as pinturas e os retratos o xurxo e as súas caretas

as historias dos rapaces e das piratonas festas

as comunas e os compas

as culturas e as fronteiras...

mui cumprido o domingo

pola rúa das concheiras

 

manolo pipas