18-7-2026

emilio barrio e rotonda

 


vello emilio que elemento
este asturiano de coia
cristiano comunitario 
dunha rebelde parroquia

profesor mui vacilón
fumador e camiñante
gran pagador de cafés 
rotondiano dialogante

vello emilio compañeiro
aquel defensor da bouza
que meditaba o retiro
nun barco nunha rotonda
. . .
marzo 2015


fillo e neto de mineiros
. . .
na vosa grandota casa
tres dias de despedida
moitos fomos en silencio
e hoxe ergueron cantigas
os de arriba sobraban 
e so faltóu a sidrina

fillo e neto de mineiros
roca dura dixo a mar
fica a parro e o barrio

sen o seu maior irmán