29-5-2017

as feridas e as froitas sesé

 


contábanos sesé nos seus versos
das feridas das balas e da nada
e das rosas da chuvia e das froitas
nas súas palabras sesé ben contaba
tamén nos poemas ela era loita
ela era moita vida desgarrada 

sesé coas mans buscando na terra
o noso pasado as nosas raices
e sesé contra todas todas guerras
e con ela nós en momentos felices

en colectivo a súa perda afrontamos
co grupo mantemos a súa memoria
por sesé a familia e nós un concerto
e sei e sabemos que é pouca cousa

por sesé serán rasgadas as guitarras
con ela retumbarán os tambores
con sesé as nosas voces desgarradas

manolo pipas