02-1-2011

entre comidas e xogos

na rua pido unha ración
de anacos de varias froitas
piña sandia mango e papaya
e cando quero pagar
xa lle salpican unha boa
cantidade de picante
no doñita asi no me vale
me puede poner otra sin chile



nun posto de doces
pregunto polo prezo
dun anaco de mazapán
de pepitas de calabaza
e no mesmo instante
falan as duas chavas
pero unha di dez pesos
e a outra di doce
a los extranjeros si pueden
nos cobrar de mas verdad

o chile
o regateo e o engano
son colectivo patrimonio
da humanidade pois